Noticias

  • Publicada a versión RC do PicarOS Diego

    Ás 13:44:53 do sábado 7 pechamos todas as incidencias de probas tras engadir as suxestións que foron feitas, co que procedemos á construción da imaxe ISO.

    Descargas: https://minino.galpon.org/gl/descargas

    (Esta é unha ISO híbrida que pode gravarse nun DVD ou transferir a un dispositivo USB de polo menos 4GB)

    Nota: para transferila a un USB ver o como no wiki de GALPon.

    Novidades na RC do PicarOS Diego

    • Actualización do núcleo (kernel) á versión 3.10.1

    • Parcheado do núcleo con «gobohide» polo que denominámola como «3.10.1-picaros».

    • Elimínase a opción de 2 usuarios (minino/picaros) e substitúese pola configuración de 4 escritorios predefinidos, conmutables con só un reinicio de sesión:

      • Escritorio «infantil» para pantallas de alta resolución, <1200, (PicarOS).

      • Escritorio «infantil» adaptado a ultra portátiles e pantallas de baixa resolución 1024x768 (PicarOS netbook).

      • Escritorio «serio» igual que o LXDE de MiniNo (MiniNo).

      • Escritorio «serio» igual que o «estilo Gnome» de MiniNo (Gnome2).

    • O nome de usuario e o contrasinal predeterminados son, en ambos os casos «minino».

    • Engádese unha opción de cambio automático de fondos de pantalla.

    • Engádese «gobohide» (activado de forma predeterminada na instalación, non así en vivo) para agochar todos os directorios e ficheiros sensibles da vista dos pequenos «aprendices», para evitar calquera manipulación indebida.

      • Esta funcionalidade pódese activar/desactivar desde a «Configuración da sesión de escritorio», necesitando reiniciar o equipo.

    • Engadida unha opción (desactivada de forma predeterminada para que sexa o pai/profesor/administrador quen a active) que impide «fixar» os cambios feitos no escritorio, restablecendo no seguinte inicio a configuración inicial (ou a que se realizou con esta opción desactivada).

    • Agora o sistema detecta a presenza de baterías e activa a súa supervisión cando esta existe. Engadíuselle unha mensaxe de voz para a alarma de «baixa carga». (Grazas á nosa little-betatester Marta Carpintero).

    • Engádese un sistema de «nube» persoal con BitTorrent Sync para sincronizar «cartafois» con calquera outro equipo ou teléfono intelixente (dispón de clientes para Mac OSX, Windows, iOS e Android, en GNU/Linux, FreeBSD e dispositivos NAS utilízase un cliente web, dispoñible para a práctica totalidade de arquitecturas, aloxado no noso sistema, a través de calquera navegador coa ruta http://localhost:8888.

      • Para este aplicativo (btsync) creamos un mini aplicativo, con icona na área de notificación, para activar/desactivar, acceder á páxina de compartición/configuración (no navegador) e supervisar os últimos elementos engadidos á sincronización.

      • Nota: esta «nube» non depende de ningún servidor externo, os ficheiros alóxanse nos equipos sincronizados, polo que «só» as persoas autorizadas acceden a eles (dependendo do nivel de autorización que se lles outorgou) e nunca perdemos o seu control.

    • Engadido un sistema de asistencia remota, por compartición de escritorio, que simplifica os pasos a dar especialmente polo «neófito» que necesite axuda.

      • Destacar que o que demanda axuda «só» ten que escribir o número IP que lle facilite o seu «axudante» e que este só necesitará facer (unha vez) o encamiñado (NAT) da súa computadora.

    • Engadida unha opción en menús para desmontar dispositivos USB sen necesidade de abrir o xestor de ficheiros.

    • Modificados os instaladores.

    • Reducido o tamaño final (3,3 GB) para que caiba sen dificultade nun dispositivo de memoria USB de 4GB, sen sacrificar a instalación de ningún programa ou utilidade (lembrar que hai dispositivos con 4GB nominais que só teñen unha capacidade real de 3,7 GB).

    • Modificado o tema de carga do SO

    • Substitúese «Dia» por «VUE» por estar mellor adaptado para un entorno educativo.

    • Integrada a versión 0.5.1 de Virtual Midi Piano Keyboard.

    • Engadidas as traducións de Laby, Anki, Hidrogen, wmpk, Mixxx, Marble, Scratch, GTans, Jokosher, Tanglet, Stopmotion, gobohide, BTSync, Xerador de carnés, Creador de diplomas e Creador de orlas.

    • Todos os elementos específicos de PicarOS en catalán, grazas a Jose Angel Galegos.

    • Agora todos os cartafois de miniaplicativos e escritorio aparecen co seu nome no idioma de entorno ($LANG).

    • Engadidos novos mini aplicativos á barra de tarefas.

    • Engadido un «programiña» que permítenos debuxar sobre a pantalla. Perfecto para exposicións nun aula ou para facer vídeo titoriais.

    • Corrixido un bug no «noso» inicio de lxde (startlxde) na configuración de temas con «obconf».

    Pra rematar, informar de que incluímos no noso web unha nova opción do menú «Vídeotitoriais» onde iremos incluíndo tanto vídeos de axuda elaborados pola factoría GALPon MiniNo como calquera outros que poidan facer os nosos usuarios.

    É a nosa intención facilitar ao máximo o uso desta derivada a aquelas persoas que chegan de novas ao mundo da liberdade tecnolóxica.

     

  • MiniNo PicarOS 2013 Diego en fase beta

    Temos xa a punto de caramelo, a falta dalgúns axustes e traducións, unha das distribucións máis grandes do planeta adicada aos máis pequenos: a nova versión da MiniNo PicarOS 2013 Diego.

     

    Agora mesmo está en fase beta e pódese descargar para probar desde aquí:

    Suma md5: 154ada299534b474ff5d9bd596151df4

     

    (Esta é unha ISO híbrida que pódese gravar nun DVD ou pasar a unha memoria USB de polo menos 4Gb)

    Nota: para pasala a un USB ver un como no noso wiki.

    Características:

    • Baseada en Debian Wheezy/Sid con kernel 3.9-1-686-pae

    • Usuarios / contrasinais predeterminados:

      • minino / minino → entorno para os miúdos

      • picaros / picaros → entorno máis «serio» para os non tan miúdos

    • Todo o entorno enfocado para cativos desde 3 a 12 anos.

    • Configurada para traballar cun simple clic (máis doado que o dobre clic).

    • O panel de iniciadores moi visual e intuitivo que inclúe programas que funcionan ao facer clic ou ao arrastrar e soltar ficheiros que hai que procesar.

    • Antes empregabamos iniciadores tipo «.desktop», mais eran pouco personalizábeis e os carteis de axuda son dunha  única liña. Agora empregamos iniciadores baseados en scripts intermedios (AppRun) que nos permiten iniciar os aplicativos unha, e só unha, vez, engadir carteis máis útiles e vistosos en varias liñas, presentar unha mensaxe se o programa vai tardar en iniciarse máis do desexado, comprobar se o programa require ou non da Internet ou de aceleración gráfica, se o equipo é potente abondo ou calquera outra cousa que poida xurdir. Así mesmo temos creado un iniciador que axudanos a transformar un ficheiro «.desktop» nun iniciador do PicarOS.

    • Caja (de Mate-desktop) como administrador de ficheiros predeterminado con compatibilidade para miniaturas de imaxes, vídeos, ficheiros de tipos de letra, etc... e  tamén escoita previa nos ficheiros de son.

    • Chrome e Firefox, son os navegadores predeterminados, mais temos tamén Midori con Tor configurado para unha navegación segura e anónima.

    • Na despensa temos moitos servizos que de forma predeterminada están desactivados para aforrar memoria e para que os usen únicamente aqueles que os necesiten, como por exemplo, bluethooth, cups (para as impresoras), epoptes (para controlar os equipos dunha aula de informática), samba (compartición de cartafoles), cronopete (copias de seguranza ao estilo de TimeMachine), tracker (como ter un google no teu computador), pequerrechos (para administrar o tempo de uso do compuatador polos miúdos)...etc.

    • No apartado de edición gráfica contamos entre outros con: Inkscape, Gimp,  Tupí, TBO, Memaker, Fotowall, Gpaint, Plop3D, Mypaint, Hugin, Pixelize, Posterazor, Tuxpaint, etc...

    • Xogos: Tangram, Blinken, Bombermaaan, Ceferino, Childsplay, Frozen-bubble, Funny-boat, Galaga, Gtkboard, Gcompris, Numptyphisics, Pingus, Raincat, Opensonic, Omnitux, Secretmario, Supertux, Tuxmath, Tuxtype, Pychess, etc... ligazóns a contos e xogos educativos como «El caracol Serafín», «Math Invaders», «Poison Rouge»...

    • Na sección multimedia hai de todo tamén para ver, crear e editar son e vídeo, entre outros: Openshot, Avidemux, Photofilmstrip, Imagination, GnomeSubtitle, AristaTranscoder, Luciole, Stopmotion, SlowmoUI, Minitube, FreetuxTv, VLC, xt7Player, Cheese, Performous, Pykaraoke, Audacious, Lingot, Milkytracker, Improvisor, LMMS, Songwrite2, PianoBooster, TuxGuitar, Hydrogen, PianoVirtual, Audacity, Jockosher, easyMP3gain, Brasero, Bombono, Devede, etc...

    • En ofimática, tamén tenemos todo o que nos poida facer falta nun momento dado: axenda (Osmo) xeradores de carnets, de diplomas, de orlas, de crucigramas (genxword3-gtk), de sopas de letras (WordSearchCreator), diagramas de fluxo (Dia), dicionarios (Babiloo), programas para manexar o escáner (Simple Scan) e para facer OCR (OCRFeeder), para aprender mecanografía (Ktouch), para organizar os libros electrónicos (Calibre), para modificar PDF (PDF-chain, PDF-Shuffer, gscan2pdf, pdfmod), crear tipos de letra (FontForge) e, por suposto, LibreOffice4.

    • Outros programas incluidos son: para traballar as matemáticas (Geogebra, Kig, Kalgebra, Kbruch), xeografía (Marble, GoogleEarth), para o vocabulario e os idiomas (Perroquet, Anki), para o encerado dixital (Open Sancoré, Xournal), simulacións físicas (Step), adestrar o teu cerebro (Gbrainy), para realizar exámenes tipo test (iTest), iniciación á programación para cativos (Scratch, Laby, Kojo, Gambas3, Etoys5), etc, etc, etc...

     

    Ademáis temos varios scripts que lles facilitan tarefas aos miúdos cando están creando contidos, por exemplo, conversores de imaxes, enmarcadores de páxinas, conversores de vídeos a distintos formatos, ídem co son, impresión de varios documentos ao mismo tempo, etc...  Todos eles baseados nun sinxelo arrastrar e soltar ficheiros na icona correspondente.

     

    Hai que dicir que os programas foron probados e usados (en situación real en varias aulas) e, consecuentemente, moitos foron «mellorados» con engadidos, utilidades, dependencias extras, etc... Por exemplo:

    • Firefox ten instalado o complemento DownloadHelper para poder descargar calquera recurso multimedia da Internet, ten tamén o Adblocks xa que tantísima publicidade satura aos cativos e dificultalles centrar a atención cando navegan e por último tamén ten Xmarks (aínda que o Firefox xa conta cun sincronizador que funciona bastante ben nun aula de computadores).
    • Libreoffice ten engadidas xa algunhas extensións, por exemplo, diccionarios de palabras, de sinónimos e antónimos, de efectos 3D en Impress, de importación de PDF, etc...
    • Inkscape ten incorporadas bibliotecas python requiridas por alguns engadidos. Instalouse tamén o Sozi para facer presentacións visualmente semellantes a Prezi.
    • Gimp tamén ten varios engadidos e efectos especiais para o tratamento de imaxes e así con moitísimos outros programas.

    En definitiva, está todo pensado para que os miúdos (e os non tan miúdos) non teñan por qué saber nada do sistema nin de instalacións para tirarlle partido a esta distribución.

     

    Algúns vídeos nos que veredes a PicarOS en acción, especialmente os seus aplicativos «particulares»:

     

    Agradecemos que a probedes e que nos enviedes os vosos informes de fallo ao noso correo

  • «minino4rasp» ou MiniNo para RaspberryPi

    Imos facer unha que vala por dúas e comezar coa elaboración dunha nova versión do GALPon MiniNo, a «minino4rasp» ou MiniNo para RaspberryPi

    Os que esteades interesados e queirades botar unha man contactade connosco a través do grupo de google.
    Areas de traballo:

    Desenvolvemento
    Empaquetado
    Arte gráfica

  • Video Demo de PicarOS 2012

    Versión de GALPon MiniNo para nenos de Primaria. Aínda que pola paquetería que conten, en realidade, podería ser perfectamente o entorno de escritorio de calquera usuario doméstico.

    Nota: recomendamosvos que axustedes o visor de Youtube a HD (720p) para velo ben.

     

    O escritorio ten un consumo duns 150Mb RAM xa que ten activados algúns servizos como cups, samba, etc... mais xa sabemos que os navegadores de hoxe en día son uns tragadores, sobre todo cando se activa o engadido de flash. Nun equipo con 256Mb irá ben, mais se ten 512Mb RAM irá perfectamente fluído.
    Ten un entorno infantil, con iconas grandes, temas modificados para dar coherencia a aplicativos gtk2, gtk3 e qt4, e para evitar algúns problemas (por exemplo, o X de pechar unha xanela na dereita, provocaba que os cativos premeran por erro no botón de pechar o sistema).O  tema Gtk e as iconas tomámolos prestados de LinEx Colegios.
    O iniciador é moi visual (é un rox-filer modificado) e funciona cun só clic. E embaixo temos Plank.
    Aínda hai pequenos detalles que temos que pulir, algúns iniciadores «.desktop», algún programa para evitar a apertura simultánea dun mesmo programa varias veces, instalación de italc, activar ssh para poder usar rsync para sincronizar todos os computadores dunha sala de vez, compatibilidade de controladores para encerados dixitais, etc.... Dentro duns meses, cando teñamos probado no centro o funcionamento da distro a fondo, iremos pulindo estes detalles e os novos que vaian xurdindo.
    Ven con remastersys instalado, polo que facer versións personalizadas é moi doado.

  • GALPon publica unha «Debian Cheat» en formato Cubo

    Pensando fundamentalmente nos novos usuarios da GALPon MiniNo, vimos de publicar un «Debian Cheat Cube» , ou o que é o mesmo, unha «chuleta» para imprimir en cartulina, recortar e encolar, cunha escolma de ordes e a súa explicación en galego, para sistemas Debian.

    Pódese descargar de aquí.

    Os fontes (e outros idiomas [es] e [en]) están accesíbeis aquí.

    Grazas a Andrés (aka odo) polo traballo de adaptación do deseño :-)

  • OSLUGR e MiniNo

    Informan (via Twitter) desde a Oficina de Software Libre da Universidade de Granada que xa comezan a utilizar MiniNo 2.0 nos equipos reciclados que entregan a Entidades sen ánimo de lucro.

    http://osl.ugr.es/2012/12/12/v-campana-ordenadores-libres-con-software-libre/

  • Pequenas utilidades que se engaden a PicarOS

    Pequenas utilidades que se engaden a PicarOS para crear de forma sinxela e rápida uns marcapáxinas ou un álbum de fotos comentable polos alumnos (por exemplo, de fotos dunha excursión ou algún experimento levado a cabo na clase) e enmarcar rapidamente unha folla cos debuxos que queiramos.

    Pódense arrastrar imaxes que teñamos en local ou directamente desde Google Images.


    Cando teña tempo limpareinos (pois foron feitos á lixeira) e adaptareinos para que sexan máis doados de manter e adaptar por calquera e engado outras máis que están a pedirme xa que parece que interesan tamén, como son a xeración de carnés e diplomas.

    Só hay que descargar o arquivo tar.gz e descomprimilo en /usr/local/share/miniapps/Graficos

    En GDrive

    https://docs.google.com/open?id=0B6hCoiq1TeUxV3M5bE9BZlF6dnM

    En DropBox

    https://dl.dropbox.com/u/95419925/fotoalbum-marcapaginas-enmarcado.tar.gz 

  • Nova versión de MiniNo Alguadaira

    Liberamos unha nova versión de GALPon MiniNo Alguadaira, co número 1.2.2.
     
    Esta nova versión corrixe un fallo de particionado detectado no instalador, actualiza o controlador, bibliotecas e utilidades de ALSA para o novo núcleo, engade compatibilidade coas tarxetas gráficas S3 dalgúns portátiles de Toshiba e coas tarxetas gráficas SIS-630-730.
  • Presentación de MiniNo

    Presentación de GALPon MiniNo, con enfase na variante PicarOS aos mestres e mestras de escolas Públicas de Navarra (o 24/11) e de Zaragoza (o 23/11).

    O convite fixose a través de correos-e directos co profesorado TIC das escolas, xa que un dos desenvolvedores de MiniNo é profesor TIC en Tudela (Navarra) e compañeiros e coñecidos fixeronse cargo da convocatoria en Zaragoza.

    Na convocatoria de Tudela (Navarra) xuntaronse 24 ensinantes e na de Zaragoza 21, todos eles da área TIC ou interesados nas tecnoloxías.

    Estas presentacións foron realizadas como obradoiros prácticos nos que se traballou sobre a instalación e manexo do SO, así como o mantemento xeral do mesmo.

    Na foto: Aula do CEIP Juan de Palafox de Fitero, que deixamos instalada.

    O día 25 os dous responsables do desenvolvemento mantiveron unha xornada de traballo para coordinar as accións futuras, entre elas discutir as bases dunha versión para dispositivos ARM, como é o caso do mini computador RaspberryPi.

    A difusión do Proxecto GALPon MiniNo forma parte das actividades que a Asoc. GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

  • Presencia en Distrowatch

    Despois dunha semana desde a liberación da GALPon MiniNo 2.0 Ártabros, comprobamos a magnífica acollida que está a ter en Distrowatch. Para nosa sorpresa, cumpridos os 7 primeiros días, vemos que ocupa a posición 6 de distros máis visitadas.

    Agardamos que estea á altura da curiosidade espertada e que sexa de utilidade para dar unha nova vida en liberdade aos equipos velletes :-)

Páxinas