Noticias

  • Aniversario de GALPon, nova versión de MiniNo

       Logotipo MiniNo

    O día 16 de novembro de 2002 constitúese en Vigo o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra «GALPon», tendo como obxectivo:


    Promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.


    Hoxe, 10 anos despois, para conmemorar ese día, liberamos a nova versión da nosa «distro» GALPon MiniNo v_2.0 aka Ártabros e estreamos esta nova web que agardamos sexa máis funcional que a anterior baseada en «dokuwiki», que manteremos ligada para seguir tendo acceso a algúns consellos que recollemos nela.
    É o noso desexo que esta nova versión de GALPon MiniNo sexavos de utilidade e agardamos, como temos tido ata agora, o voso apoio e os vosos consellos para seguir mellorándoa.

    A difusión do Proxecto GALPon Minino forma parte das actividades que a Asoc. GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

    Miguel Anxo Bouzada

    Presidente de GALPon

Páxinas