Noticias
-
Ian Murdok, In Memoriam
O equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo e PicarOS, manifestamos o noso dó polo pasamento de Ian, pioneiro e fundador de Debian, proxecto no que se basean os nosos desenvolvementos, sen dúbida a máis importante e influente distribución de código libre ao longo do tempo. Non só o software senón sobre todo os principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando certos de que seguirán a dar os mellores froitos nas mans dos milleiros de usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade
DEP Ian Murdok
-
LekitOS - Unha personalización extrema de MiniNo Ártabros para ensino secundario.
Son Santiago Camblor, profesor de tecnoloxía do IES Pedro de Tolosa de San Martín de Valdeiglesias (Madrid). Gustaríame compartir a personalización que fixen de minino artabros 2.0. que esta pensada para trabllar co alumnado de secundaria.
Na ESO e bacharelato temos que usar unha cantidade moi grande de programas. Cada vez que tiña que instalar un equipo novo ou restaurar un vello, investía moito tempo. Agora, con este DVDlive teño un equipo perfectamente operativo en media hora da que só me teño que ocupar os 5 primeros minutos.
Algunhas das características deste «sabor» de minino:
Usuarios:
Ten dous usuarios:
O administrador chamado minino e con contrasinal minino (isto hai que cambialo, por suposto)
Un usuario chamado alumno con contrasinal alumno que é un usuario conxelado. Isto é, cando se pecha a sesión borranse todos os cambios que se fixeron, incluidos os ficheiros gardados. Se se desexa que os alumnado poida guardar documentos hai que crear algún usuario novo ou ben gardalo nun servidor vía ftp. Esta é a solución que escollin.
Se se quere modificar permanentemente o usuario alumno abonda con executar «sudo fijausuario alumno» desde o terminal
Se se crea un novo usuario, aparecerá coa configuración inicial do usuario alumno, mais non estará conxelado. Se se quixera conxelalo hai instruccións para facelo dentro do cartafol de software que ten o usuario minino.
Software destacado:
Gráfcos: Gimp (tratamento fotográfico), draw (debuxo vectorial), inkscape (debujo vectorial), librecad (debuxo técnico)
3D: Freecad (deseño 3D), openscad (deseño 3D), RepetierHost (impresión 3D con slic3 integrado-laminador-), Blender (edición de vídeo 3D)
Oficina: libreoffice, evince (visor pdf), klavaro (mecanografía)
Electrónica: kicad (editor de circuitos impresos), logisim (simulador de circuitos lóxicos)
Robótica: LinAXEpad (programador do entorno picaxe), IDE arduino (programador do entrono arduino), S4A (scrtach para arduino), blokly (programación por bloques para picaxe con simulador integrado)
Programación: Processing, ipython
Edición html: bluefish, kompozer
Navegadores: Icewasel, chromium, arora, konkeros, midori
ftp: filezilla, gftp
Sonido: audacity (edición de son multipista)
Música: musescore (editor de partituras), LMMS (programa de composición con sintetizadores de son, Hydrogen (máquina de batería), rosegarden (secuenciador midi)
Video: openshot (editor de vídeo), VL (visor de vídeo)
Wine (emulador de windows) con fluidsim -demo- (simulador de circuitos pneumáticos) e editor picaxe (o mesmo que linAXEpad pero para windows, coa vantaxe de que tien un simulador integrado moi bo).
Otros: baobab (analizador de disco), Virtualbox, lxmed (editor de menú lxde)
E o mellor:
Personaliza un equipo ao teu gusto, executa «sudo makelive» e terás a túa ISO lista para ser levada a un DVD ou a un pendrive USB
Descargas:
Ligazón de descarga da ISO: minino-lekitos.iso
Ligazón de descarga do ficheiro de suma de comprobación: minino-lekitos.md5
-
PícarOS en tabletas x86
Demo dunha versión de PícarOS preparada para tablet. Neste caso concreto tratase dunha ACER P3 cun i3.
En breve publicaremos unha imaxe para que poidades probalaXa está dispoñíbel a imaxe en http://minino.galpon.org/public/PicarOS/TEST/picaros-4t.iso.Agradecemosvos que deixedes os vosos comentarios en: http://minino.galpon.org/es/forums/picaros-para-tabletas-x86 e se o probades con outra tablet que indiquedes cal.
-
PicarOS Linux na canle de Youtube
Xa son 16 os vídeotitoriais de PicarOS Linux na canle de Youtube
-
Minino 3.0 base jessie
-
Curso de PicarOS para mestres en Ribaforada, Navarra
Hoxe deu comezo un curso sobre «Creación de blogs educativos y aplicación del Software Libre a pie de aula» que se celebrará no CPEIP «San Bartolomé» de Ribaforada en Navarra.
Este curso terá continuidade os días 9 e 23 de novembro, 11 e 18 de xaneiro, 15, 22 e 29 de febreiro, e os días 4, 11, 25 e 27 de abril.
A distribución de traballo será a versión 2015 de Picaros Diego, que está instalada na Aula de informática deste centro
-
Publicación da PicarOS Diego 2015
Novidades:
Tras varios cursos consecutivos utilizando PicarOS a pé de aula, axustando detalles, engadindo suxestións dos nosos compañeiros nos cursos sobre PicarOS, corrixindo bugs, incorporando novos programas para necesidades concretas, modificando os xa existentes para que se adapten un chisco mellor aos nosos alumnos … sentímonos orgullosos de presentar un ano máis unha nova versión de PicarOS, con novidades para os nenos, para as familias e tamén para os nosos colegas mestres e mestras. Antes de nada comentar que a maior parte deste documento e, deste outro, seguen estando ao día agás as novidades que imos comentar a continuación:
Sistema
-
Engadimos novos drivers de impresoras/fotocopiadoras (Ricoh, Konika-Minolta, Gestetner...e moitísimas máis, tomadas directamente de openprinting.org)
-
Aínda mantemos o mesmo kernel, pero engadimos novos drivers de tarxetas WIFI para poder utilizar os novos dispositivos que están a saír hoxe día ao mercado.
-
Engadimos compatibilidade para máis encerados dixitais, en concreto, hai compatibilidade con StarBoard (Hitachi), SmartBoard, Multiclass e Promethean, ademais de ter o sistema preparado para configurar rapidamente unha PDI de baixo custo utilizando o mando da Wii. Todos cos seus correspondentes programas para calibrar o encerado.
-
Existe unha categoría «System» nos iniciadores agochada de forma predeterminada, para acceder a ela hai que abrir calquera categoría do panel superior e premer a tecla de retroceder (borrar).
-
Incluído un sinxelo script que nos informará da velocidade das nosas memorias USB ou discos duros.
-
PicarOS ten un escritorio moi livián (120Mb RAM apróx), pero preparamos un script que modifica efectos visuais, desactiva servizos e programas no inicio, cambia un pouco o aspecto, pero mantendo as súas funcionalidades e engade máis memoria SWAP...todo para reducir aínda máis o uso de RAM e mellorar a velocidade en equipos MOI vellos. O script chámase Caracol e pódese atopar tamén no menú «Utilidades de Minino».
-
Actualizado un lanzador para crear o noso propio liveDVD personalizado de PicarOS con só un clic de rato.
-
Programa para recuperar arquivos borrados de tarxetas de memoria, pendrives ou discos duros estragados ou formatados accidentalmente. Moi doado de utilizar e moi potente, pois pode utilizar até tres motores de procura diferentes.
-
Engadidos algúns sinxelos scripts para cambiar o tamaño da memoria SWAP, para cambiar o nome do equipo, e para engadir os menús superiores ao administrador de arquivos «Caixa».
-
A petición de varios compañeiros, modificamos o estilo de escritorio «Netbook» para que teña o panel principal abaixo e póidase utilizar o escritorio como un cartafol máis.
-
Actualizado o panel superior (lxpanel) para que amose correctamente a batería nun portátil.
-
Incluímos tamén un programa para actualizar os iniciadores, deste xeito, poderase dispor de novos programas, correccións ou traducións sen ter que instalalo todo de novo.
-
Agora Timidity non se carga no inicio do sistema, senón que se activa só se algún programa con MIDI necesítao.
-
Por último, se un iniciador é arrastrado sobre a miniaplicación «Chanclas», amosará a axuda que vaiamos subindo a Youtube sobre ese programa concreto.
Accesorios
-
Lector, un programa que le calquera texto seleccionado en calquera aplicación: LibreOffice, navegadores de Internet, PDF, etc…; pero que ademais, está preparado para ler os libros dixitais das editoriais (que non permiten selección, moi considerados eles >:-/) ou os PDF escaneados como imaxes, xa que realiza un recoñecemento de caracteres ao voo.
-
Engadidos novos reloxos dixitais, temporizadores de conta atrás, reloxos analóxicos e reloxos didácticos.
-
Alea, un programa que aleatoriza unha serie de palabras separadas por comas para utilizar en concursos.
Gráficos
-
Camiseta, un sinxelo programa para ver como quedaría pasado o ferro o teu logo nunha camiseta.
-
Engadido programa para ver fractais.
-
Incluímos nesta versión un programa para crear Stereogramas.
-
Novo programa de recorte de imaxes que agora permite recortar múltiples imaxes dunha soa, ideal cando temos que recortar as caras dos nosos alumnos nunha foto de grupo.
-
Actualizado GIMP á versión 2.8.14. e engadido Gmic que nos achega un centenar de efectos novos.
Xogos
-
Para os recentemente chegados, programas para practicar o arrastrar e soltar, o clic e o dobre clic, o control fino dos movementos do rato (labirintos).
-
Gatino, xogo de lóxica.
-
Kidsudoku, un sudoku para os máis pequenos.
-
Sudokuki, xogar, crear ou imprimir sudokus.
-
Mr.Rescue, rescata ás persoas dun edificio en chamas.
-
Clásicos que agora son libres: Prince of Persia, Maze of Galious, Xquest2
-
Regame, o xogo da reciclaxe.
-
Tic tac toe, o tres en raia.
-
Corrixido bug en jclic, agora apunta a Firefox, xa que Chrome non abre programas en Java.
-
Corrixido bug no lanzador de Plop3D.
-
Clásico xogo Conecta4
Internet
-
Actualizados Firefox e Google Chrome. Firefox configurado con Anti-tracking.
-
Programas para descargar calquera cousa de Youtube, vídeos, canles enteiras, listas de reprodución, subtítulos…
-
Sinxelo script para descargar cancións ou listas de reprodución de Goear.
Multimedia
-
Engadido Mixxx para a mestura de música en eventos e festas.
-
Incluímos un programa para aprender cancións a piano visual e sinxelo chamado Linthesia.
-
Monkey Drum agora non necesita conexión a Internet para funcionar.
-
MFC, un comparador de notas entre a guitarra e o piano.
-
Play it slowly, un programa que axuda a enlentecer cancións, útil para os mestres de inglés.
-
Engadidas unhas liñas ao lanzador de «DescargaTube» para que actualice youtubedl si for necesario, así non deixará de funcionar cando en Youtube cambien as etiquetas.
Oficina
-
MatPuzzle, un xerador de fichas matemáticas tipo quebracabezas.
-
Incluímos unha ligazón directa á web de Tagxedo, o famoso programa para xerar nubes de palabras, e aínda que os seus autores din que é imposible inicialo en Linux, preparamos Firefox para que execute o patético Silverlight e poder utilizalo.
-
Sinxelo script que converte un PDF nun panfleto de dúas caras.
-
Actualizados o guillotinador de PDF, o Xerador de diplomas, o Creador de carnés e Genxword para facer encrucillados.
-
En LibreOffice engadimos un separador de sílabas en cores e arcos baixo cada sílaba.
-
Creamos desde cero un curso completo de mecanografía para Ktouch con 500 leccións + 50 pequenos textos no que sempre que foi posible utilizamos palabras e frases reais en lugar de repetir duascentas mil veces combinacións de letras sen sentido como ocorre na maioría dos cursos deste tipo.
Outros
-
Ao premer F12 podemos definir atallos de teclado. Engadimos un tradutor de palabras e un dicionario. Tamén un script que nos permitirá comezar unha videocaptura (accesible tamén desde o menú «Utilidades de Minino». E por último un programa que le a pantalla.
-
Incluímos unha sección especial para o tratamento didáctico das matemáticas cunha colección de programas que axudarán en gran medida a visualizar, repasar e a manipular virtualmente os diversos conceptos matemáticos (comparación de números, comparación de fraccións, estatística, figuras xeométricas, igualdades, xeoplanos, fractais, franelogramas virtuais, liñas numéricas, números primos, ábacos, polígonos, reloxos interactivos, calculadoras clásicas, moedas e billetes, táboas de multiplicar, termómetros, transportadores de ángulos, temporizadores, etc…
-
Tamén incluímos un programa para introducir aos cativos na criptografía, Krypto, con todos os cifrados clásicos, poderán cifrar as súas mensaxes e mesmo inventar novos patróns propios.
-
Un sinxelo programa para ir destapando aos poucos unha imaxe que teñen que adiviñar, serve para animar a comunicación oral nos nenos.
-
Un programa para ordenar secuencias temporais de viñetas.
-
Un silabeador de palabras.
-
Engadido ao menú «Utilidades de Minino» a aplicación Pequerrechos para o control parental do tempo de uso do computador.
-
Incluímos tamén un pequeno script para activar ou desactivar a melodía do inicio.
Preme aquí para ir á páxina de descargas
Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
-
-
Publicación da PicarOS Diego 2014
Un ano máis temos preparado para vós unha nova versión de PicarOS con novidades que seguro van gustar a máis dun. Este ano centrámonos en facer a vida un chisco máis cómoda aos nosos colegas mestres e mestras de Primaria ademais de axustar os programas a este nivel educativo e preparalos para o uso na aula ou na casa. A maior parte deste documento segue a estar ao día agás as cousas que imos comentar a seguir:
- Temos preparado uns scripts (Menú -> Utilidades de Minino -> Aula de informática) moi sinxelos de empregar para que a tarefa de instalar PicarOS nunha aula de informática estea ao alcance de todos. Configuran a rede (nome do equipo, da un IP estático, conexión a internet), Epoptes (para o control da aula), un cartafol compartido (por samba) e a configuración dun programa que sincroniza toda a aula cun par de clics, todo isto sen necesidade de que a persoa que instala saiba nada de administración do sistema.
- Novo entorno de escritorio (Menú -> Utilidades de Minino -> Estilo de escritorio) deseñado especialmente para os encerados dixitais interactivos.
- PintaScreen, un programa que nos axudará no uso do EDI.
- Vigilia, un programa que mide o volume de son da nosa aula a través dun simpático semáforo.
- WiimoteWhiteBoard, un script que axuda a configurar o mando da Wii para crear rapidamente un encerado dixital de baixo custo.
- Engadido un teclado virtual para usalo desde o EDI.
- Un mini-iniciador moi práctico para buscar rapidamente ficheiros no sistema, vídeos no youtube, palabras no dicionario ou traducións a distintos idiomas.
- Engadido tamén o easystroke, co que se pode iniciar outros programas simplemente facendo xestos sobre o EDI.
- Engadido MiniScreen da man dos nosos compañeiros de Lliurex, que temos axustado para que funcione en PicarOS.
- Na sección de gráficos engadimos un convertedor de imaxes para converter por lotes ficheiros png, jpeg, gif, svg ou pdf. Tamén cambiamos o gpaint que era excesivamente básico, por Pinta, máis completo e útil sen chegar á complexidade do Gimp.
- Un programa para que os pícaros poidan facer transparente o fondo de ficheiros gráficos e poder usalos noutros programas como Scratch.
- No eido da programación para cativos, actualizamos o Scratch á versión 2.0 e engadimos varios programas como a saga de xogos Lightbot e un iniciador que apunta cara CodeStudio, onde os máis cativos poden introducirse no mundo da programación sen necesidade de saber ler.
- Respecto dos xogos, engadimos algúns novos, como Mango Paola, para aprender a xogar ao xadrez, ou algúns de pericia, como Mobius (unha balea que se defende dos pescadores), Pillows ou Pysiogame (para os mais miúdos). Temos engadido tamén todas as fases extra que había na web de NumpthyPhisics, creamos tamén un curso completo desde cero de mecanografía para pícaros personalizando Tuxtype.
- Na categoría Internet, incluimos un par de iniciadores que apuntan a Filetea.me para compartir rapidamente calquera cousa con calquera persoa no momento e a Appear.in co que poderemos facer una videoconferencia sen complicacións.
- No apartado de son, a petición de mestras de inglés, temos engadido o reprodutor Clementine, moi práctico para conseguir as letras das cancións. Engadimos tamén novos programas como Protrekkr (para crear música electrónica) e Scoredate (para adestrar o oído e a lectura de partituras).
- Na categoría de vídeos engadimos un script que descarga calquera vídeo, lista de reprodución ou canlel enteiro de Youtube e outro para conseguir os subtítulos dos vídeos de Youtube.
- Actualizado LibreOffice á versión 4.3.1 e tras comprobar que incluso los os nenos dos cursos iniciais non teñen ningún problema en utilizalo, temos eliminado o Abiword.
- Tamén na sección de oficina, engadimos un script que une documentos independentes, sexan ODP, ODT ou PDF.
- Outros programas novos entran na escena como «Escaleta», un programa que axuda a controlar os efectos de son dunha obra de teatro. Palabrotas, un sinxelo programa para crear unha presentación de palabras nas que resaltar as letras que queiramos (para traballar a ortografía).
- Katamotz, con exercicios para traballar a lectoescritura e a dislexia.
- Engadimos un novo programa de simulación física máis sinxelo de usar chamado Physion.
- Instalados novos tipos de letra, entre os que destacamos OpenDislexic, pensada para facilitar a lectura a persoas con dislexia.
- Un programa para «conxelar» o escritorio e evitar modificacións por parte do usuario.
- Actualizados Firefox e Chrome ás súas últimas versións a data de 1 de outubro. Pola súa utilidade na aula, mantemos os complementos Adblock, Screegrab e Downloadhelper. Pero ademais engadimos Pipelight para poder utilizar a famosa aplicación Tagxedo, programada por desgracia en Silverlight.
- Instalado tamén Calendar Indicator, un frontend de Google Calendar.
- Corriximos moitos bugs, actualizamos moitos paquetes, e fixemos moitas traducións novas.
-
Publicación da final da minino ártabros 2.1
Tralas probas da RC feitas por vós, congratulámonos de poder publicar as 2 versións da nova minino ártabros 2.1. Podedes ver as diferenzas entre as 2 nesta páxina.
Aproveitando o tempo, mentres probabades a RC, fixemos algún que outro axuste e agora podemos presumir de que xa só necesita 53 MB de RAM se só accedemos ao escritorio (X cargadas). Como este é un dato pouco significativo, cargamos Midori e puxémolo a reproducir un vídeo de 48 minutos de Youtube (ver a imaxe anexa) e o seu consumo elevouse ata os 164 MB, dos que 135,5 eran do propio Midori e 12,5 MB do xestor de tarefas (lxtask).
Adiantámosvos que xa estamos a facer probas para a futura minino 3.0 baseada en Debian Jessie e que estamos moi satisfeitos do obtido ata o de agora. Agardamos poder publicar a primeira beta durante o mes de novembro.
Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
-
Orla de asistentes á IV minino-devconf
Utilizando o Creador de Orlas que desenvolveu Julio Sanchez para o PicarOS, fixemos unha Orla cos asistentes :-)
Xa estamos coa fase alfa da futura MiniNo 3.0, se queredes axudarnos a corrixir fallos, podedes descargala e informarnos no foro específico https://minino.galpon.org/es/forums/queiles
Podedes descargala de aquí: http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.iso
E o ficheiro de comprobación md5: http://minino.galpon.org/public/MiniNo/Queiles/minino_queiles-3.0-alfa2.md5