Ian Murdok, In Memoriam

Xov, 31/12/2015 - 11:43 -- mbouzada

O equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo e PicarOS, manifestamos o noso dó polo pasamento de Ian, pioneiro e fundador de Debian,  proxecto no que se basean os nosos desenvolvementos, sen dúbida a máis importante e influente distribución de código libre ao longo do tempo. Non só o software senón sobre todo os principios e as ideas de cooperación, a de compartir recursos e coñecemento na procura dun mundo máis libre, seguro e democrático seguirán entre nós como apreciada herdanza. Por iso, queremos agradecer o seu traballo en tantas iniciativas innovadoras estando certos de que seguirán a dar os mellores froitos nas mans dos milleiros de usuarios e desenvolvedores que desde hoxe lle darán continuidade

DEP Ian Murdok