Que é

Como xorde?

O proxecto nace en abril de 2008 da confluencia de dous proxectos coincidentes no seu propósito: Galpon Mini + Minino.

  • O proxecto GALPon Mini xorde da necesidade de dispor dunha distribución actualizada, en galego e castelán, para ordenadores reciclados provintes da Universidade de Vigo (Grupo de Reciclaxe informático da Universidade de Vigo GRUVI). A área de software do GRUVI está coordinado por membros de GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra).
  • O proxecto Minino comezou como un intento de construír una distro medianamente actualizada para ordenadores ben feitos, é dicir, máquinas que aturan como ningunha o paso dos anos, o po, as temperaturas extremas, os golpes, as subas de tensión e aos numerosos fozóns que mazaron nos teclados e remexeron nas tripas.

Cabe tamén salientar que no ánimo de todos está presente una «nena dos nosos ollos»: Guadalinex Mini 2004 que foi durante case tres anos a «distro oficial» do GRUVI e un magnífico punto de aprendizaxe para moitos.

Outra distribución máis?

Si, cada distribución de GNU/Linux ten as súas características propias e nós precisamos configurar unha distro para os nosos obxectivos de executar GNU/Linux coa máxima ergonomía e mínimos recursos hardware.
Ademais MiniNo aporta ao resto de distribucións, que queiran aproveitalo, desenvolvemento e coñecemento en base aos seus obxectivos. Dispor de moitas distribucións GNU/Linux considérase unha vantaxe xa que todas conviven compartindo. É o usuario quen escolle que distribución usar en cada momento.

Características

O noso obxectivo é dispor dunha distribución con base Debian que funcione correctamente en equipos con ata 12 años de antigüidade, sen renunciar a ningún servizo.
 
Neste momento está dispoñíbel a versión 3.O «Queiles», baseada en Debian Jessie e mantemos en servidores a anterior versión (antiga) 2.1 «Ártabros», baseada en Debian Wheezy.
 
A versión actual v3 Queiles, está dispoñíbel con 2 núcleos, un nucleo 686-pae e outro de 64 bits, de orixe Licorix. (Ollo, a distribución é de 32 bits, só o núcleo (kernel) é de 64 bits. para usos específicos). Nesta versión, dispoñemos de 4 instaladores (en realidade 5) que operan do seguinte xeito:
  • O modo desasistido é o recomendado para  os máis inexpertos.
    • Este modo ten dúas variantes:
      • Automática: É a máis sinxela, ocupa todo o disco.
      • Manual: Permítenos escoller a partición na que queremos facer a instalación. Non permite configurar ningún parámetro.
  • O modo básico permítenos axustar algún parámetros, lémbranos o instalador de Debian. Permite escoller o disco de destino e instalar a partición /home separada, mais non permite configurar usuarios.
  • O modo avanzado é moi sinxelo, permítenos configurar o usuario e o seu contrasinal. O arrinque pono sempre no MBR do primeiro disco (sda).
  • O modo experto está indicado só para usuarios con experiencia na configuración de múltiples particións.
A versión antiga v2 Ártabros, está dispoñíbel con 2 núcleos (integrados na mesma ISO e que se seleccionan durante a instalación.
  • linux-image-3.2.0-3-686-pae para ordenadores relativamente máis modernos (aprox. menos de 18 anos)
  • linux-image-3.2.0-3-486 para ordenadores antigos (aprox. máis de 18 anos)

Conta con dous instaladores:

  • Instalador sinxelo, con dúas opcións:
    • Normal: Só pide datos moi sinxelos de entender por calquera novato
    • Non preguntes, faino!: só nos preguntará qué idioma queremos utilizar como predeterminado e pediranos que confirmemos a instalación tras avisarnos de que vai formatar toda a unidade, así de sinxelo.
  • Instalador avanzado:
    • Lembraranos ol instalador experto de Debian, para quen necesite un control total da instalación.

Os requisitos mínimos de hardware que deberá ter unha máquina dependerá en gran medida das expectativas de uso que teñamos sobre ela.

Requisitos mínimos

GALPon MiniNo v3 Queiles

Requisitos mínimos para uso cotiá.
  • Procesador de 1.4 GHz
  • 512 MB de RAM
  • Disco ríxido/dispositivo de memoria de 8 GB

GALPon MiniNo v2 Ártabros

Requisitos mínimos para uso cotiá, incluída a navegación web:
  • Procesador de 1.0 GHz
  • 256 MB de RAM
  • Disco ríxido de 3,6 GB

A limitación de procesador e RAM ven determinada fundamentalmente polos actuais requisitos das páxinas web, xa que por baixo deses parámetros é moi difícil que un vídeo en flash de Youtube ou Vimeo poida ser visto de xeito fluído. Aínda que non se desbota que se poida traballar con procesadores de 800 MHz e/ou con memorias RAM de 192 MB.

Requisitos mínimos para uso de escritorio, cunha mínima experiencia web:
  • Procesador de 500Mhz
  • 128Mb RAM
  • Disco ríxido de 2,5 GB
Con esta configuración o escritorio e a administración de ficheiros son bastante fluídos, mais neste caso hai que coñecer os límites do noso computador, é dicir, poderse escribir documentos, escoitar música, ver vídeos, incluso navegar por blogs, a wikipedia ou periódicos dixitais... mais non será posíbel facer uso de flash ou javascript sen perder os nervios. Neste tipo de máquinas é moi recomendábel, incluso, desactivar javascript nas preferencias ou entrar nos servizos de correo web na súa versión html.
 

Para máquinas con equipamento inferior pódese seguir usando a versión 1.2.2, dispoñíbel (só a versión i486) nos nosos repositorios, sección «Outras versións (obsoletas, betas, etc...)»