FAQ

Non son quen de conectar a WiFi

A fin de evitar consumos innecesarios, fixemos que a aplicación network-manager no estea activada permanentemente, polo que é preciso activala se queremos conectarnos a unha rede wiFi.

A fin de non ter que usar a terminal con ordes «rariñas» fixemos unha miniaplicación que está no menú Utilidades de MiniNo → Alterna a miniaplicación «network manager» ou na el doca lateral esquerda (abaixo de todo). Só é preciso premer na icona ou na entrada do menú para que active/desactive o network-manager.

Unha vez teñamos conectada a rede WiFi podemos volver a desactivar network-manager.

Se o problema é outro, pásate polo foro e contanos o teu problema.

Usuario e contrasinal

Cal é o usuario e cal o contrasinal?

Tanto en MiniNo como en PicarOS o usuario e o contrasinal son iguais e «sempre» minino

Configurar Conky

Configurar clima (temperatura) en Conky (PicarOS)

Para estabelecer o clima da nosa cidade (isto é a elección) iremos a http://weather.noaa.gov/ e buscamos a nosa localización, no caso de non atopala escolleremos a máis próxima (buscar Australia / Melbourne) http://weather.noaa.gov/weather/current/YMML.html

Editamos o fichero de configuración:
Menu -> Accesorios -> Lxterminal

pluma .conkyrc

ou

nano .conkyrc

na liña

${font Caviar Dreams:size=12}${color FFFFFF}${alignr}${weather http://weather.noaa.gov/pub/data/observations/metar/stations/ LEPP temperature temperature 30} °C${font}

poñemos

${font Caviar Dreams:size=12}${color FFFFFF}${alignr}${weather http://weather.noaa.gov/pub/data/observations/metar/stations/ YMML temperature temperature 30} °C${font}

Se queremos cambiar a unidade de temperatura de °C a °F no inicio do ficheiro cambiamos

temperature_unit celsius

por

temperature_unit fahrenheit

e na liña (a mesma anterior)

${font Caviar Dreams:size=12}${color FFFFFF}${alignr}${weather http://weather.noaa.gov/pub/data/observations/metar/stations/ YMML temperature temperature 30} °C${font}

na fin, cambiamos °C$ {font} por °F${font}

Podedes ver un pequeno vídeo en: http://youtu.be/Uldw1SNFfag

 

Facer a miña propia ISO

Como facer a miña propia ISO personalizada

PicarOS

Unha vez teñas Instalado e configurado o MiniNo como a ti che guste, cores, aparencia e paquetes/programas que queres ter instalados...

Executa nun terminal:

sudo makelive

Este proceso é moi lento, así que tómao con calma.

Cando remate dirixete a /home/remastersys/remastersys e aí terás o teu «minino.iso» e a súa suma «md5»

MiniNo Ártabros 2.X

Unha vez teñas Instalado e configurado o MiniNo como a ti che guste, cores, aparencia e paquetes/programas que queres ter instalados...

Executa nun terminal:

prev-mklive

Nota: Esta orde debes executala como usuario sen permisos (sen su nin sudo) para que recargue a configuración do monitor da batería desde skel. Especialmente indicada para os trabajos desde un equipo de escritorio xa que serve para «recuperar» a icona da batería na barra de tarefas.

sudo makelive

Este proceso é moi lento, así que tómao con calma.

Cando remate dirixete a /home/remastersys/remastersys e aí terás o teu «minino.iso» e a súa suma «md5»

Queiles 3.x

Moi importante! Lembra que tes que ser xeneroso ao crear a partición, refracta necesita, para ter espazo para xerar os seus ficheiros temporais e finais, que o tamaño total da partición sexa, como mínimo, de 2,5 veces o tamaño do S.O. ao que xerarlle a «live».

Unha vez teñas Instalado e configurado o MiniNo como a ti che guste, cores, aparencia e paquetes/programas que queres ter instalados...

Executa nun terminal:

prev-mklive

Nota: Esta orde debes executala como usuario sen permisos (sen su nin sudo) para que recargue a configuración do monitor da batería desde skel. Especialmente indicada para os traballos desde un equipo de escritorio xa que serve para «recuperar» a icona da batería na barra de tarefas

sudo makelive

Este proceso é moi lento, así que tómao con calma.

Cando remate dirixete a /home/snapshot e aí terás o teu «minino.iso» e a súa suma «md5»

Optimizacións

WebGL / OpenGL en MiniNo e PicarOS

e, por extensión en Debian GNU/Linux

 

páxina de probas: http://get.webgl.org/

Deberemos ver un cubo xirando

 

Información obtida en:

https://sites.google.com/site/desarrolloenwebgl/tutorial-1/1---configurar-navegadores/linux

 

«Se temos unha tarxeta gráfica con GPU ATI ou NVIDIA, non debería haber problema. Poderemos empregar Firefox ou Chrome. No caso de ter problemas, teremos que usar Firefox (ou Chrome) con software de renderización, é dicir, os gráficos 3D serán executados no procesador normal, non na tarxeta gráfica.

Para o caso do chipset gráfico Intel, presente en moitos computadores portátiles, os seus controladores non adoitan seren compatíbeis con OpenGL, polo tanto tampouco o serán con WebGL xa que funciona a través de WebGL (no futuro isto será distinto). Poderíamos probar as instrucións para Firefox ou Chrome, mais non é probábel que funcione; usaremos Firefox (ou Chrome) con software de renderización.»

Como activar a renderización por software / Como facer que sexa o procesador quen renderice WebGL

Firefox / Iceweasel

Navegar ata → about:config

Buscar → webgl

Premer dúas veces na liña/entrada → webgl.force-enabled

O valor debe quedar axustado a → true e toda a liña resaltada en negriña

Nota: é probábel que teña que reiniciar o navegador

Chrome / Cromium

Navegar ata → chrome://flags

Buscar o bloque cuxa cabeceira dí:

ca: Sobreescriu la llista de renderització de programari

es: Ignorar la lista de renderización por software

gl: Sobrescribir a lista de software de renderización

en: Override software rendering list

Premer sobre Enable (ca: Activa, es: Habilitar, gl: Activar)

Para que quede conmutado a Disable (ca: Desactiva, es: Inhabilitar, gl: Desactivar)

Nota: é probábel que teña que reiniciar o navegador

Midori

Botón Menú, na barra de ferramentas, á dereita de todo

Seleccionar Preferencias → lapela Comportamento

Marcar a opción ☒ Activar a compatibilidade con WebGL

Nota: é probábel que teña que reiniciar o navegador

Nota final

Feito isto, se na páxina de probas non se ve un cubo xirando, quere dicir que temos un problema de compatibilidade de hardware. Nalgúns casos solucionase cos controladores (drivers) privativos.

Lector tarxetas (5 en 1) no Acer Aspire One

Segundo facemos a instalación de calquera sistema baseado en Debian nun netbook Acer Aspire One, atopamonos con que o lector de tarxetas situado á dereit, cara atrás, non nos permite cargar (que sexan recoñecidas e automontadas) as tarxetas ao inserilas. Para solucionar este problema temos que editar o cargador de arrinque GRUB2.

Abrimos un terminal (lembrar Ctrl+Alt+T) e escribimos:

sudo nano /etc/default/grub

 

Buscamos a liña:

GRUB_CMDLINE_LINUX="" #"noapic nolapic"

 

e deixamola así:

GRUB_CMDLINE_LINUX="pciehp.pciehp_force=1" #"noapic nolapic"

 

Tras gardar e pechar con Ctrl+O e Ctrl+X executamos:

sudo update-grub

 

No próximo reinicio xa teremos totalmente funcional o lector indicado (probado con tarxetas SD)

Multimedia

Problemas coa reprodución de Flash

 

Instalei Chromium e Flash non reproduce nada.

Explicación:
As últimas versións de flash necesitan que a gráfica do equipo (concretamente a GPU - Unidade de Procesamento Gráfico) dispoña de aceleración gráfica. Como moitos equipos antigos non dispoñen desta característica, predeterminamos
a versión 10 de flashplayer, que funciona correctamente en equipos antigos sen aceleración e en equipos modernos con ela, nos navegadores Midori e Iceweasel.
Pola súa parte, Chromium, esixe a última versión de flash.
 
Solución:
Reinstalar, con synaptic, o paquete «flashplugin-nonfree».
Se prefire empregar o terminal necesitará a orde:
sudo apt-get install --reinstall flashplugin-nonfree
 
Nota:
Se tras reinstalar o engadido de flash non pode reproducir vídeos con flash, quere dicir que o seu equipo non é compatíbel con este navegador, polo indicado no principio..

Aparencia

Aparencia de LibreOffice e/ou Gimp

Integración da aparencia de LibreOffice e Gimp diferentes ao resto dos nativos.

  • Para LibreOffice, no menú Ferramentas → Opcións → Ver, escolle o tema de iconas «cristal», aplicará o mesmo tema que no resto de aplicativos.
  • Para Gimp non temos preparada ningunha configuración :-(
o tema «DPixel» pode resultar moi acorde co tema mininero 

Teclado

Configurar teclado español para escribir o ã e o õ do portugués (til nasal), sen perder o ñ.

 

  • Editamos o ficheiro /usr/share/X11/xkb/symbols/es
  • Buscamos a líña:

key <AE04>    { [     4, dollar,   asciitilde,   dollar ]    };

  • Substituimos «asciitilde» por «dead_tilde». a líña quedará así:

key <AE04>    { [      4,  dollar,   dead_tilde,    dollar ]    };

Isto funciona en computadores que teñen configurado o teclado pc105.
Teclas multimedia non operativas

 

Centrámonos nunha configuración que fose «universal» para os usos básicos, para eses casos específicos aconsellamos que vexan algún tutorial como p.ex. :
nun buscador «debian teclas multimedia»

Instalación

O meu equipo non ten CD, como facer un USB de instalación.

Ver un CoMo (en galego) no wiki de galpon.org

Con GALPon MiniNo NON debe empregar UNetBootin, xa que crea un menú de arrinque propio que non é compatíbel coas opciones de MiniNo.
Fixen unha instalación básica automática e non teño GRUB

Ao facer a instalación automática a configuración de grub axustase para que non se vexa o menú. Aínda así o «grub» SI existe, só tes que premer a tecla [Esc] cando apareza na pantalla a lenda:

        GRUB Loading.
e xa poderás ver o menú de inicio de GRUB

 

Operativa deste FAQ

Aquí incluiremos todas as preguntas relevantes que nos vaian enviando os usuarios, así como aqueles temas do foro que consideremos de interese xeral.
Se tes algún problema e a súa solución, que consideres de interese xeral, fai unha entrada no foro e nós incluirémola aquí.