Noticias

  • Declaramos a MiniNo e a PicarOS oficialmente mortas

    O dito, declaramos a MiniNo e a PicarOS oficialmente mortas, tras moitos anos levando adiante estes proxectos entre só dúas persoas, as nosas complicacións persoais e, recentemente, as complicacións de systemd e de wayland, tropezan coas nosas limitacións e resúltanos imposíbel manter o nivel requirido.

    Grazas a todos os que nos tedes animado e quedamos a disposición de quen teña interese en darlle continuidade, para elo poderiamos facer una quedada virtual y darvos a coñecer os miolos do noso traballo.

  • Liberado MiniNo Queiles 3.1 LTS

    Vimos de publicar a versión 3.1 de MiniNo Queiles 3.1 LTS. Esta versión está baseada na Debian «oldstable» Jessie, mais coa configuración de repositorios LTS, o que lle da asistencia ata o 30 de xuño de 2020 (https://wiki.debian.org/LTS/Extended).

    Nesta versión incluímos a opción de conectar o sistema co teléfono móbil mediante «mtp», só tes que ir a: Preferencias → Servizos e activar (marcar) «motp».

    Quen queira facer o cambio a LTS na súa instalación a partires das versións anteriores, ten que cambiar o contido do ficheiro /etc/apt/sources.list, polo que sigue:

    # Debian oficial LTS
    deb http://deb.debian.org/debian/ jessie main contrib non-free
    # deb-src http://deb.debian.org/debian/ jessie main contrib non-free

    # Debian oficial - security
    deb http://security.debian.org/ jessie/updates main contrib non-free
    # deb-src http://security.debian.org/ jessie/updates main contrib non-free

    # Debian oficial - jessie-updates LTS
    deb http://deb.debian.org/debian/ jessie-updates main contrib non-free
    # deb-src http://deb.debian.org/debian/ jessie-updates main contrib non-free

    # Debian oficial - backports
    deb http://httpredir.debian.org/debian/ jessie-backports main contrib non-free
    deb http://httpredir.debian.org/debian/ jessie-backports-sloppy main contrib non-free

    Tras facer un update, con toda seguridade vos devolverá un erro co repo de torproject, tendes que cambialo (só é engadir o «s» de https)

    deb https://deb.torproject.org/torproject.org jessie main
    deb-src https://deb.torproject.org/torproject.org jessie main

    e aplicar a nova chave

    # gpg2 --recv A3C4F0F979CAA22CDBA8F512EE8CBC9E886DDD89
    # gpg2 --export A3C4F0F979CAA22CDBA8F512EE8CBC9E886DDD89 | apt-key add -

    (ver: https://www.torproject.org/docs/debian.html.en)

    A próxima vez que actualicedes preguntaravos se queredes actualizar un ficheiro de configuración de /etc/apt/trusted.gpg.d/... dicídelle que si, é o novo ficheiro de chave do repositorio de tor.

  • Última actualización MiniNo Ártabros

    Segundo Debian, o próximo 31 de maio acabase a asistencia para wheezy-lts, o que signifca que «morre» definitivamente. A fin de que poidades sacarlle partido durante algún tempo máis, fixemos unha actualización que publicamos como versión 2.2. Para aquelas persoas que xa a tendes instalada, en calquera das súas dúas versións (full ou minimal), preparamos un script e novos repos que podedes aplicar.

    Para elo só tendes que descargar o paquete:
    Descomprimilo e unha vez dentro do cartafol, executar na terminal «sudo bash ./artabros.up.» Se cambiachedes o usuario «minino» por outro, editde o script e cambiar a asignación «USUARIO="minino"» por «USUARIO="noso_usuario"» (está no principio).


    Con esta actualización, como elementos máis significativos, pasaremos a dispoñer de Libreoffice 4.3.3.2 e de Firefox 52.7.1

  • Podcast Linux - #46 Linux Connexion con GALPon

    Hoxe mércores 28 de febrero, foi publicado un novo «podcast» do amigo Juan Febles, podcast linux, dedicado ás nosas distros, MiniNo e PicarOS.

    Se queres coñecer algo dos miolos do seu desenvolvemento, podes escoitar a Antonio e a Miguel contando as aventuras e desventuras do seu desenvolvemento.

    Para acceder o podcast → https://avpodcast.net/podcastlinux/galpon/

  • Comparativa de distros «lixeiras» en Podcast Linux

    Onte, mércores de antroido (14 de febreiro), publicouse o podcast de Juan Febles no que comenta as súas probas de distros lixeiras.

    https://avpodcast.net/podcastlinux/distrosligeras/

    «Muy buenas, oyente de Podcast Linux, mi nombre es Juan Febles y hoy estoy puntual a la cita quincenal con un episodio para mostrarte mis experiencias con distros ligeras.

    En el Núcleo Kernel repasaré las distros ligeras que he probado en un netbook de hace más de 10 años para comprobar sus posibilidades en dispositivos antiguos.
    Puppy Linux: http://puppylinux.org
    Peppermint OS: https://peppermintos.com/
    BunsenLabs: https://www.bunsenlabs.org/
    Raspberry Pi Desktop: https://www.raspberrypi.org/downloads/raspberry-pi-desktop/
    Bodhi Linux: http://www.bodhilinux.com/
    Linux Lite: https://www.linuxliteos.com/
    Lubuntu: https://lubuntu.net/
    Lxle Linux: http://lxle.net/
    Minino: https://minino.galpon.org/es
    »

  • Asistencia á Librecon

    Este ano, como xa é costume en GALPon, acudiremos á Librecon, pero desta volta imos equipados con algúns galanos para os asistentes :-)

  • Publicación versión final de MiniNo 3.0 «Queiles»

    Tralas vacacións de verán (que aproveitamos para traballar nisto) anunciamos a publicación das versións finais de MiniNo como sempre baseada en Debian e neste caso na versión Jessie. Como xa vimos indicando nas publicacións previas, a versión é a 3.0 á que lle demos o nome de Queiles.

    Desta versión fixemos d´uas variantes, a tradicional de 32 bits, neste caso xa só co núcleo 686-pae e máis unha versión experimental co kernel de 64 bits de liquorix (o S.O. segue a ser de 32 bits).

    Para ambas versións fixemos os seguintes cambios:

    Tras xurdir unha serie de problemas na ferramenta que usabamos para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co  novo núcleo, vímonos obrigados a recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificalo para axustalo ás nosas necesidades e a reescribir o noso instalador e modificar os de refracta.

    Ademais, nesta versión, disporemos de 4 instaladores (en realidade 5) que operan do seguinte xeito:

    • O modo desasistido é o recomendado para  os máis inexpertos.
      • Este modo ten dúas variantes:
        • Automática: É a máis sinxela, ocupa todo o disco.
        • Manual: Permítenos elixir a partición na que queremos facer a instalación. Non permite configurar ningún parámetro.
    • O modo básico permítenos axustar algúns parámetros, lémbranos o instalador de Debian. Permite escoller o disco de destino e instalar a partición /home separada, mais non permite configurar usuarios.
    • O modo avanzado é moi sinxelo, permítenos configurar o usuario e o seu contrasinal. O arrinque pono sempre no MBR do primeiro disco (sda).
    • O modo experto está indicado só para usuarios con experiencia na configuración de múltiples particións.

    Por mor da cantidade de problemas que nos estaba a dar, especialmente coa reprodución de vídeos de Youtube, eliminamos o navegador Midori. No seu lugar deixamos configurada a base, para que quen o desexe poida instalar doadamente Tor Browser simplemente executando na terminal «sudo apt install torbrowser-launcher» ou mediante Synaptic instalar «torbrowser-launcher» (acordarse de actualizar os repositorios antes). Non o instalamos definitivamente xa que no inicio hai que facer unha mínima configuración que depende de cada caso en concreto e, incluso, hai quien nunca o usa por non comprender a forma de funcionamento da rede Tor.

    Para os que teñen especial interese na preconfiguración de Tor browser, indicarlles que seguimos as indicacións de: https://www.torproject.org/docs/debian.html.en#ubuntu coa modificación de que a última liña aplicada foi, simplemente: $ sudo apt install deb.torproject.org-keyring, xa que «tor» instalase como dependencia de «torbrowser-launcher»

    Tamén fixemos unha substitución, cambiando UMPlayer, que quedou bastante obsoleto, por SMPlayer.

    Tendo en conta que as máquinas obxectivo desta distribución adoitan ser bastante vellas é cotiá que teñamos temor á perda de datos por ser o disco tamén moi vello; para paliar este eventual problema temos xa instalado «Cronopete» (ver máis).

    E  non esquezamos «Inxi», unha ferramenta que incorporamos a fin de que sirva de axuda para as consultas no foro ou para facer calquera instalación de controladores específicos de hardware, da que podedes ver formas de uso aquí e aquí.

    Se alguén quixer instalar para libreoffice o tema de iconas (non oficial) «Kalahari», pode descargar https://minino.galpon.org/public/LibreOffice/Kalahari_Icons-0.5.0-b2.tar.gz, no interior atoparedes un manual de como facelo en distintos contornos.

    No caso da versión de 64 bits -experimental- modificamos a ferramenta mininera «MiniNo traspasa» para que permita transferir o S.O. a un dispositivo que poida ser arrincado en equipos modernos con UEFI (ver máis) podedes ver un vídeotitorial feito sobre PicarOS no que se explica como facer ese «traspaso», o método é exactamente igual.

  • MiniNo en USB con BIOS e UEFI

    Se viches este tutorial no que se explica como instalar PícarOS nunha memoria USB e que admita o arrinque con BIOS (para equipos antigos) e UEFI (para equipos modernos) de vez e che deu envexa non poder facelo coa MiniNo, xa podes desacougarte e facelo.

    Descarga a actual versión de MiniNo Queiles con núcleo de 64 bits - experimental e poderás facelo seguindo os mesmos pasos.

    OLLO! só poderás facelo empregando esa versión de MiniNo.

  • Canles de GALPon en Telegram

    A fin de ir poñendonos ao tanto nisto das RRSS abrimos tres canles de GALPon en Telegram.

    O propio da Asociación: https://t.me/galpon
    Especializado na nosa distro «MiniNo»: https://t.me/galponminino
    Especializado na nosa distro «PicarOS»: https://t.me/picaros

    Lembrade que as canles de Telegram son, só, fontes de información, non son grupos de conversa, xa que só poden publicar cousas os Administradores. En resumo, son canles pasivos para todos vos.

    Podedes darvos de  alta e de baixa cando queirades.

  • Nova versión de PicarOS (2017)

    Esta nova versión presenta as seguintes novidades:

    Actualizacións de paquetes:
    - Firefox
    - Chrome
    - Xorg
    - Firmware
    - Openshot
    - Freetux
    - Kataluga
    - Katalekto
    - Gparted
    - Kiwix
    - FetTimetable
    - Scratch2
    - Opensankoré
    - Vue
    - Gdisk, mtools, live-boot, udev, etc...
    - Continuamos sen systemd

    Novos programas engadidos:
    - Kernel 4.6.1 en 32bit (sen PAE) e 64bit (con PAE) (mantense o 3.10 por se a alguén lle vai mellor e o prefire)
    - Kdenlive (editor avanzado de vídeo)
    - Huayra Caripela (crear avatares facilmente)
    - Huayra Compartir (compartir arquivos na rede local)
    - Reloxo conta atrás con música
    - Foto puzzle (crea un quebracabezas a partires dunha imaxe)
    - Anagramarama (xogo de palabras)
    - Huayra Stopmotion
    - LenMus (curso de música)
    - OggBikoiztu (sixelo programa para crear dobraxes)
    - Bingoedu (programa para crear bingos e xogar no EDI)
    - Picapalabra (programa que simula o famoso xogo televisivo)
    - Controladores para as tabletas Wacom
    - Recompilador de imaxes
    - Impressive! (presentar PDF rapidamente)
    - Compresor de PDF
    - X2goclient/server para aproveitar equipos realmente vellos como terminais
    - Identinet, cambio fácil do teu nome na rede local
    - Programar tarefas (p. ex. apagar a certa hora o equipo)
    - Programa que elimina os ficheiros idénticos dun cartafol
    - Recuperador de ficheiros borrados en tarxetas, pendrives ou discos duros

    Arranxos e reaxustes en varios programas:
    - Copiar ao portapapeis unha captura de pantalla
    - Convertedor de imaxes
    - Freetux, engadidos canles españois
    - Desfeita a incompatibilidade que había entre Openshot e Kdenlive
    - Descargador de Youtube
    - P2P Filetea
    - Axustado Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións.
    - Axuste en Aula de informática
    - Axuste en Java para que abra correctamente desde Firefox
    - Aumentado tamaño de Alea
    - Engadido Ublock como bloqueador de publicidade
    - Engadidos novos estilos de escritorio (MATE, Air, Tablet) coas súas correspondentes configuracións.

    Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Páxinas