Ir o contido principal

Noticias

Martín Pardiñas (@mpardinas) fixo unha revisión a fondo da minino ártabros e publicou as súa peripecias en http://atio.es/minino/ para os que esteades interesados en espremela, recomendámosvos a súa lectura

O equipo de desenvolvemento de PicarOS dirixido por +Antonio Sánchez ven de ter un «flipe» e estase a pensar facer unha versión para secundaria que podería chamarse MozOS ... tempo ao tempo e agardando colaboradores e axuda.

Os que queirades manter actualizados os sistemas tras as novas relativas a «SSL» recomendámosvos que fagades a seguinte instalación (desde o terminal).

Esta noite, a partires das 24:00 horas (hora española) substituiremos a versión de descarga do PicarOS Diego, pola nova versión, á que se lle aplicaron os cambios decididos na última minino-devconf

Cita

  • Día: sábado 2 de novembro (2013)
  • Hora: 11:00 am
  • Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
    • Asistiron 6 desenvolvedores (un desde Murchante (Navarra), outro desde Tudela (Navarra) e outro desde Sevilla), o noso deseñador e 2 betatesters (unha desde Murchante (Navarra), que ademais é a nosa tradutora ao inglés, así como 2 usuarios avanzados en GNU/Linux colaboradores habituais e patrocinadores.

Por fin!

Despois de non dar atopado unhas datas nas que puideramos coincidir ós máis posíbeis, finalmente imos xuntarnos os que dun xeito ou outro colaboramos no desenvolvemento de MiniNo, PicarOS e minino4RPi. Isto será o vindeiro sábado día 2 a partires das 11 da mañá.

Falaremos fundamentalmente do desenvolvemento da minino4RPi e das últimas corrección e melloras a aplicar na próxima PicarOS e ver se é convinte facer unha revisión da MiniNo 2.0

Vémosos!

Xa se superaron as 1.000 Descargas da versión Diego do PicarOS.

Grazas a todos polo voso interese.

Na sección de videotitoriais  temos dispoñíbeis os catro primeiros dunha colección que agardamos sexa profusa

Os nosos compañeiros da Asoc. GCubo e a OSL da Universidade de Granada (UGR) organizan a súa festa arredor do Día da Liberdade do Software cuns actos entre os que se inclúe a presentación da nosa PicarOS.

Ás 13:44:53 do sábado 7 pechamos todas as incidencias de probas tras engadir as suxestións que foron feitas, co que procedemos á construción da imaxe ISO.