Ártabros 2.1

Características

Esta nova versión de MiniNo Ártabros, a 2.1, presentase en dúas variantes:

«full», que ocupa 851 MB, polo que é necesario utilizar un DVD ou un USB para a  instalación.

Que corresponde a unha actualización profunda. Substitúense Abiword e Gnumeric por LibreOffice,  e Ayttm por Pidgin.
Ademais reconfigurase o tema predeterminado de escritorio.

«minimal» que ocupa 679 MB, co que pode utilizarse un CD para a instalación.

Que se corresponde coa anterior versión 2.0 no que respecta á paquetería.

Conversión de «minimal» a «full»

A versión «minimal» inclúe en /home/minino un script «full-upgrader» que nos permite, unha vez instalada e estando conectados á Internet, convertela á opción «full».

Para executar este script, abrimos un terminal e executamos con algún destes tres parámetros:

sudo bash full-upgrader LibO

Para instalar LibreOffice e eliminar Abiword e Gnumeric. Ademais reconfigurase o tema gráfico de xanelas, xa que o tema Orta-Minino colide co LibreOffice.

sudo bash full-upgrader Pidgin

Para instalar Pidgin e eliminar Ayttm.

sudo bash full-upgrader all

Para facer os dous pasos anteriores de vez.

Unha vez executado e conformes co resultado, podemos eliminalo con:

sudo rm full-upgrader

Construción dunha imaxe ISO personalizada

Unha vez teñamos configurada a MiniNo Ártabros 2.1 ao noso gusto, podemos construír unha imaxe ISO personalizada para instalala, tal cal noutros equipos. Para elo só temos que executar:

sudo makelive

e seguir as indicacións en pantalla.

Unha vez teña rematado de construír a imaxe ISO, dirixímonos ao cartafol /home/remastersys/remastersys, onde teremos a nova «minino.iso» e o seu ficheiro de comprobación/suma «md5»

Actualización (upgrade) dende a versión 2.0

Se queremos actualizar unha instalación xa existente de MiniNo Ártabros 2.0, podemos escoller facelo á variante «minimal» ou á variante «full». Para elo só temos que escoller que fichero descargar:

http://minino.galpon.org/public/updates/update_minino_minimal.sh

ou

http://minino.galpon.org/public/updates/update_minino_full.sh

e executalo desde un terminal

sudo bash Descargas/update_minino_minimal.sh

ou

sudo bash Descargas/update_minino_full.sh

Estes scripts traballan coas directivas «-o Dpkg::Options::="--force-confdef" -o Dpkg::Options::="--force-confold"» de apt, polo que non afectarán a ningunha configuración que xa teñamos feita.