Publicación da PicarOS Diego 2014

Sáb, 11/10/2014 - 11:11 -- mbouzada

Un ano máis temos preparado para vós unha nova versión de PicarOS con novidades que seguro van gustar a máis dun. Este ano centrámonos en facer a vida un chisco máis cómoda aos nosos colegas mestres e mestras de Primaria ademais de axustar os programas a este nivel educativo e preparalos para o uso na aula ou na casa. A maior parte deste documento segue a estar ao día agás as cousas que imos comentar a seguir:

  • Temos preparado uns scripts (Menú -> Utilidades de Minino -> Aula de informática) moi sinxelos de empregar para que a tarefa de instalar PicarOS nunha aula de informática estea ao alcance de todos. Configuran a rede (nome do equipo, da un IP estático, conexión a internet), Epoptes (para o control da aula), un cartafol compartido (por samba) e a configuración dun programa que sincroniza toda a aula cun par de clics, todo isto sen necesidade de que a persoa que instala saiba nada de administración do sistema.
  • Novo entorno de escritorio (Menú -> Utilidades de Minino -> Estilo de escritorio) deseñado especialmente para os encerados dixitais interactivos.
  • PintaScreen, un programa que nos axudará no uso do EDI.
  • Vigilia, un programa que mide o volume de son da nosa aula a través dun simpático semáforo.
  • WiimoteWhiteBoard, un script que axuda a configurar o mando da Wii para crear rapidamente un encerado dixital de baixo custo.
  • Engadido un teclado virtual para usalo desde o EDI.
  • Un mini-iniciador moi práctico para buscar rapidamente ficheiros no sistema, vídeos no youtube, palabras no dicionario ou traducións a distintos idiomas.
  • Engadido tamén o easystroke, co que se pode iniciar outros programas simplemente facendo xestos sobre o EDI.
  • Engadido MiniScreen da man dos nosos compañeiros de Lliurex, que temos axustado para que funcione en PicarOS.
  • Na sección de gráficos engadimos un convertedor de imaxes para converter por lotes ficheiros png, jpeg, gif, svg ou pdf. Tamén cambiamos o gpaint que era excesivamente básico, por Pinta, máis completo e útil sen chegar á complexidade do Gimp.
  • Un programa para que os pícaros poidan facer transparente o fondo de ficheiros gráficos e poder usalos noutros programas como Scratch.
  • No eido da programación para cativos, actualizamos o Scratch á versión 2.0 e engadimos varios programas como a saga de xogos Lightbot e un iniciador que apunta cara CodeStudio, onde os máis cativos poden introducirse no mundo da programación sen necesidade de saber ler.
  • Respecto dos xogos, engadimos algúns novos, como Mango Paola, para aprender a xogar ao xadrez, ou algúns de pericia, como Mobius (unha balea que se defende dos pescadores), Pillows ou Pysiogame (para os mais miúdos). Temos engadido tamén todas as fases extra que había na web de NumpthyPhisics, creamos tamén un curso completo desde cero de mecanografía para pícaros personalizando Tuxtype.
  • Na categoría Internet, incluimos un par de iniciadores que apuntan a Filetea.me para compartir rapidamente calquera cousa con calquera persoa no momento e a Appear.in co que poderemos facer una videoconferencia sen complicacións.
  • No apartado de son, a petición de mestras de inglés, temos engadido o reprodutor Clementine, moi práctico para conseguir as letras das cancións. Engadimos tamén novos programas como Protrekkr (para crear música electrónica) e Scoredate (para adestrar o oído e a lectura de partituras).
  • Na categoría de vídeos engadimos un script que descarga calquera vídeo, lista de reprodución ou canlel enteiro de Youtube e outro para conseguir os subtítulos dos vídeos de Youtube.
  • Actualizado LibreOffice á versión 4.3.1 e tras comprobar que incluso los os nenos dos cursos iniciais non teñen ningún problema en utilizalo, temos eliminado o Abiword.
  • Tamén na sección de oficina, engadimos un script que une documentos independentes, sexan ODP, ODT ou PDF.
  • Outros programas novos entran na escena como «Escaleta», un programa que axuda a controlar os efectos de son dunha obra de teatro. Palabrotas, un sinxelo programa para crear unha presentación de palabras nas que resaltar as letras que queiramos (para traballar a ortografía).
  • Katamotz, con exercicios para traballar a lectoescritura e a dislexia.
  • Engadimos un novo programa de simulación física máis sinxelo de usar chamado Physion.
  • Instalados novos tipos de letra, entre os que destacamos OpenDislexic, pensada para facilitar a lectura a persoas con dislexia.
  • Un programa para «conxelar» o escritorio e evitar modificacións por parte do usuario.
  • Actualizados Firefox e Chrome ás súas últimas versións a data de 1 de outubro. Pola súa utilidade na aula, mantemos os complementos Adblock, Screegrab e Downloadhelper. Pero ademais engadimos Pipelight para poder utilizar a famosa aplicación Tagxedo, programada por desgracia en Silverlight.
  • Instalado tamén Calendar Indicator, un frontend de Google Calendar.
  • Corriximos moitos bugs, actualizamos moitos paquetes, e fixemos moitas traducións novas.

Preme aquí para ir á páxina de descargas

A vista foi eliminada.: