Presentación de GALPon MiniNo, con enfase na variante PicarOS aos mestres e mestras de escolas Públicas de Navarra (o 24/11) e de Zaragoza (o 23/11).
O convite fixose a través de correos-e directos co profesorado TIC das escolas, xa que un dos desenvolvedores de MiniNo é profesor TIC en Tudela (Navarra) e compañeiros e coñecidos fixeronse cargo da convocatoria en Zaragoza.
Na convocatoria de Tudela (Navarra) xuntaronse 24 ensinantes e na de Zaragoza 21, todos eles da área TIC ou interesados nas tecnoloxías.
Estas presentacións foron realizadas como obradoiros prácticos nos que se traballou sobre a instalación e manexo do SO, así como o mantemento xeral do mesmo.
Na foto: Aula do CEIP Juan de Palafox de Fitero, que deixamos instalada.
O día 25 os dous responsables do desenvolvemento mantiveron unha xornada de traballo para coordinar as accións futuras, entre elas discutir as bases dunha versión para dispositivos ARM, como é o caso do mini computador RaspberryPi.
A difusión do Proxecto GALPon MiniNo forma parte das actividades que a Asoc. GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.