MiniNo PicarOS 2013 Diego en fase beta

Xov, 27/06/2013 - 12:55 -- mbouzada

Temos xa a punto de caramelo, a falta dalgúns axustes e traducións, unha das distribucións máis grandes do planeta adicada aos máis pequenos: a nova versión da MiniNo PicarOS 2013 Diego.

 

Agora mesmo está en fase beta e pódese descargar para probar desde aquí:

Suma md5: 154ada299534b474ff5d9bd596151df4

 

(Esta é unha ISO híbrida que pódese gravar nun DVD ou pasar a unha memoria USB de polo menos 4Gb)

Nota: para pasala a un USB ver un como no noso wiki.

Características:

  • Baseada en Debian Wheezy/Sid con kernel 3.9-1-686-pae

  • Usuarios / contrasinais predeterminados:

    • minino / minino → entorno para os miúdos

    • picaros / picaros → entorno máis «serio» para os non tan miúdos

  • Todo o entorno enfocado para cativos desde 3 a 12 anos.

  • Configurada para traballar cun simple clic (máis doado que o dobre clic).

  • O panel de iniciadores moi visual e intuitivo que inclúe programas que funcionan ao facer clic ou ao arrastrar e soltar ficheiros que hai que procesar.

  • Antes empregabamos iniciadores tipo «.desktop», mais eran pouco personalizábeis e os carteis de axuda son dunha  única liña. Agora empregamos iniciadores baseados en scripts intermedios (AppRun) que nos permiten iniciar os aplicativos unha, e só unha, vez, engadir carteis máis útiles e vistosos en varias liñas, presentar unha mensaxe se o programa vai tardar en iniciarse máis do desexado, comprobar se o programa require ou non da Internet ou de aceleración gráfica, se o equipo é potente abondo ou calquera outra cousa que poida xurdir. Así mesmo temos creado un iniciador que axudanos a transformar un ficheiro «.desktop» nun iniciador do PicarOS.

  • Caja (de Mate-desktop) como administrador de ficheiros predeterminado con compatibilidade para miniaturas de imaxes, vídeos, ficheiros de tipos de letra, etc... e  tamén escoita previa nos ficheiros de son.

  • Chrome e Firefox, son os navegadores predeterminados, mais temos tamén Midori con Tor configurado para unha navegación segura e anónima.

  • Na despensa temos moitos servizos que de forma predeterminada están desactivados para aforrar memoria e para que os usen únicamente aqueles que os necesiten, como por exemplo, bluethooth, cups (para as impresoras), epoptes (para controlar os equipos dunha aula de informática), samba (compartición de cartafoles), cronopete (copias de seguranza ao estilo de TimeMachine), tracker (como ter un google no teu computador), pequerrechos (para administrar o tempo de uso do compuatador polos miúdos)...etc.

  • No apartado de edición gráfica contamos entre outros con: Inkscape, Gimp,  Tupí, TBO, Memaker, Fotowall, Gpaint, Plop3D, Mypaint, Hugin, Pixelize, Posterazor, Tuxpaint, etc...

  • Xogos: Tangram, Blinken, Bombermaaan, Ceferino, Childsplay, Frozen-bubble, Funny-boat, Galaga, Gtkboard, Gcompris, Numptyphisics, Pingus, Raincat, Opensonic, Omnitux, Secretmario, Supertux, Tuxmath, Tuxtype, Pychess, etc... ligazóns a contos e xogos educativos como «El caracol Serafín», «Math Invaders», «Poison Rouge»...

  • Na sección multimedia hai de todo tamén para ver, crear e editar son e vídeo, entre outros: Openshot, Avidemux, Photofilmstrip, Imagination, GnomeSubtitle, AristaTranscoder, Luciole, Stopmotion, SlowmoUI, Minitube, FreetuxTv, VLC, xt7Player, Cheese, Performous, Pykaraoke, Audacious, Lingot, Milkytracker, Improvisor, LMMS, Songwrite2, PianoBooster, TuxGuitar, Hydrogen, PianoVirtual, Audacity, Jockosher, easyMP3gain, Brasero, Bombono, Devede, etc...

  • En ofimática, tamén tenemos todo o que nos poida facer falta nun momento dado: axenda (Osmo) xeradores de carnets, de diplomas, de orlas, de crucigramas (genxword3-gtk), de sopas de letras (WordSearchCreator), diagramas de fluxo (Dia), dicionarios (Babiloo), programas para manexar o escáner (Simple Scan) e para facer OCR (OCRFeeder), para aprender mecanografía (Ktouch), para organizar os libros electrónicos (Calibre), para modificar PDF (PDF-chain, PDF-Shuffer, gscan2pdf, pdfmod), crear tipos de letra (FontForge) e, por suposto, LibreOffice4.

  • Outros programas incluidos son: para traballar as matemáticas (Geogebra, Kig, Kalgebra, Kbruch), xeografía (Marble, GoogleEarth), para o vocabulario e os idiomas (Perroquet, Anki), para o encerado dixital (Open Sancoré, Xournal), simulacións físicas (Step), adestrar o teu cerebro (Gbrainy), para realizar exámenes tipo test (iTest), iniciación á programación para cativos (Scratch, Laby, Kojo, Gambas3, Etoys5), etc, etc, etc...

 

Ademáis temos varios scripts que lles facilitan tarefas aos miúdos cando están creando contidos, por exemplo, conversores de imaxes, enmarcadores de páxinas, conversores de vídeos a distintos formatos, ídem co son, impresión de varios documentos ao mismo tempo, etc...  Todos eles baseados nun sinxelo arrastrar e soltar ficheiros na icona correspondente.

 

Hai que dicir que os programas foron probados e usados (en situación real en varias aulas) e, consecuentemente, moitos foron «mellorados» con engadidos, utilidades, dependencias extras, etc... Por exemplo:

  • Firefox ten instalado o complemento DownloadHelper para poder descargar calquera recurso multimedia da Internet, ten tamén o Adblocks xa que tantísima publicidade satura aos cativos e dificultalles centrar a atención cando navegan e por último tamén ten Xmarks (aínda que o Firefox xa conta cun sincronizador que funciona bastante ben nun aula de computadores).
  • Libreoffice ten engadidas xa algunhas extensións, por exemplo, diccionarios de palabras, de sinónimos e antónimos, de efectos 3D en Impress, de importación de PDF, etc...
  • Inkscape ten incorporadas bibliotecas python requiridas por alguns engadidos. Instalouse tamén o Sozi para facer presentacións visualmente semellantes a Prezi.
  • Gimp tamén ten varios engadidos e efectos especiais para o tratamento de imaxes e así con moitísimos outros programas.

En definitiva, está todo pensado para que os miúdos (e os non tan miúdos) non teñan por qué saber nada do sistema nin de instalacións para tirarlle partido a esta distribución.

 

Algúns vídeos nos que veredes a PicarOS en acción, especialmente os seus aplicativos «particulares»:

 

Agradecemos que a probedes e que nos enviedes os vosos informes de fallo ao noso correo