Video Demo de PicarOS 2012

Sáb, 29/12/2012 - 10:35 -- mbouzada

Versión de GALPon MiniNo para nenos de Primaria. Aínda que pola paquetería que conten, en realidade, podería ser perfectamente o entorno de escritorio de calquera usuario doméstico.

Nota: recomendamosvos que axustedes o visor de Youtube a HD (720p) para velo ben.

 

O escritorio ten un consumo duns 150Mb RAM xa que ten activados algúns servizos como cups, samba, etc... mais xa sabemos que os navegadores de hoxe en día son uns tragadores, sobre todo cando se activa o engadido de flash. Nun equipo con 256Mb irá ben, mais se ten 512Mb RAM irá perfectamente fluído.
Ten un entorno infantil, con iconas grandes, temas modificados para dar coherencia a aplicativos gtk2, gtk3 e qt4, e para evitar algúns problemas (por exemplo, o X de pechar unha xanela na dereita, provocaba que os cativos premeran por erro no botón de pechar o sistema).O  tema Gtk e as iconas tomámolos prestados de LinEx Colegios.
O iniciador é moi visual (é un rox-filer modificado) e funciona cun só clic. E embaixo temos Plank.
Aínda hai pequenos detalles que temos que pulir, algúns iniciadores «.desktop», algún programa para evitar a apertura simultánea dun mesmo programa varias veces, instalación de italc, activar ssh para poder usar rsync para sincronizar todos os computadores dunha sala de vez, compatibilidade de controladores para encerados dixitais, etc.... Dentro duns meses, cando teñamos probado no centro o funcionamento da distro a fondo, iremos pulindo estes detalles e os novos que vaian xurdindo.
Ven con remastersys instalado, polo que facer versións personalizadas é moi doado.