Videotutoriales

  • Recompilador de imaxes en PícarOS - Titorial 16

    Pequeno programa que recompila un feixe de imaxes de vez, só temos que fornecer unha lista de palabras e elixir cantas mostras queremos de cada unha.

  • Crear marcos (continuación) - Titorial 15

    Pequeno detalle que esquecín comentar no vídeo anterior.

  • Crear marcos en PícarOS - Titorial 14

    Titorial sobre como crear documentos con marcos personalizados empregando ferramentas de PícarOS e LibreOffice.

  • Comics en Picaros - Titorial 13

    Explicamos como facer cómics sinxelos en PícarOS.

  • Reproducir CD de son en PícarOS 2015 - Titorial 12

    Videotitorial sobre como reproducir un CD de son en PícarOS 2015 e como converter as súas pistas a MP3

    Sabemos que están case extintos, pero algúns compañeiros aínda teñen destes bichos raros pululando polas aulas.

  • Remasterizar PícarOS - Tutorial 11

    Videotitorial onde vos contamos como crear facilmente o voso propio DVD de PícarOS 2015 personalizado.
    O proceso leva entre 15-20 minutos (dependendo da potencia do computador, obviamente) e está totalmente automatizado. Só tendes que ter a precaución en non pasarvos en tamaño, un ficheiro de máis de 4Gb non entra dentro dos estándares do formato ISO para DVD. Nese caso, sairavos o cartafol sen o ficheiro ISO e o programa deixará unha mensaxe de que o tamaño é grande de máis. Se partides dunha versión de PícarOS antiga, é boa idea realizar un cambio no ficheiro /usr/bin/remastersys para ter máis marxe neste sentido e obter unha maior compresión.
    sudo pluma /usr/bin/remastersys
    e na liña 500, substituír isto:
    mksquashfs $REALFOLDERS $WORKDIR/ISOTMP/live/filesystem.squashfs -no-duplicates $SQUASHFSOPTS -e \

    por isto outro:
    mksquashfs $REALFOLDERS $WORKDIR/ISOTMP/live/filesystem.squashfs -comp xz $SQUASHFSOPTS -e \

    e podedes executar o mesmo script desde un terminal coa orde:
    sudo makelive

  • Picar SOS -Titorial 10

    Neste vídeo descríbese como funciona un pequeno programiña que temos engadido a PicarOS que nos axuda a crear fichas de quebracabezas para traballar o cálculo matemático.

  • PicarOS -Titorial 9

    Neste vídeo explicase como realizar algúns axustes a Pícaros 2014 para axustar o máximo posíbel o uso de RAM. Con estes cambios conséguese un escritorio completo por só70Mb

  • Picar SOS -Tutorial 8

    Un pequeno aplicativo para amosar os videotutoriais dos aplicativos incluídos en PicarOS.

  • PicarOS - Titorial 7

    Instalación de programas e trucos

Páxinas