MININO TRABALLADOR
- MININO TRABALLADOR
- Sacarlle partido a ROX-Filer
- As "iconas máxicas" «wrappers»
- Navegar na Internet
- Administra os teus ficheiros
- Copiar/Mover ficheiros
- ROX-Filer
- PCManFM
- Borrar/eliminar ficheiros
- ROX-Filer
- PCManFM
- Comprimir e descomprimir
- ROX-Filer
- PCmanFM
- Renomear
- ROX-Filer
- PCManFM
- Crear documentos
- Escoitar música
- Gravar son
- Gravador CD/DVD
- Brasero
- X-CD-Roast
- AUDIO-CD
- Extraer (ripear) un AUDIO-CD
- Gravar un AUDIO-CD
- CD de Datos
- Gravar ficheiros nun CD
- Crear unha imaxe de CD
- Gravar unha imaxe de CD
- Imaxes, fotografía
- Ver imaxes
- Editar imaxes
- Rotar imaxes
- Imprimir imaxes
- Ver vídeos
- Compartir ficheiros
- Gigolo
- Bashare
- Envío ao exterior:
- Máquina conectada
directamente ao (cable)modem.
- Máquina conectada a
través dun encamiñador.
- Envío dentro da propia rede
(LAN):
- Recepción:
- Webshare
- Escritorio Movistar
- Vodafone 3G
- Compartir escritorio
- Axuda en remoto
Sacarlle partido a ROX-Filer
A barra de ferramentas de ROX (as iconas da parte superior da
xanela)

ofrecenos algunhas características
que outros xestores de ficheiros non teñen ou fan doutro xeito moi
distinto, ímos a velos.
Ademais de permitirnos ir a un nivel
superior nun directorio (cartafol), se arrastramos calquera elemento
(ficheiro ou cartafol) sobre el, abrenos automaticamente o directorio
superior para poder copialo ou movelo.
Ademais de permitirnos ir directamente ao
cartafol persoal, se arrastramos calquera elemento (ficheiro ou
cartafol) sobre el, abrenos automaticamente o cartafol persoal para
poder copialo ou movelo.
Un marcador que funciona "casi" como
os dos navegadores web, Nel podemos crear rutas directas a aqueles
directorios (cartafoles) que utilizamos a cotío, sen tener que ir
recorrendo a ruta completa.
Esta icona actualiza o contido do
directorio (cartafol).
Permitenos facer que as iconas do contido
dun directorio (cartafol) se vexan moio máis grandes. Recomendado para
persoas con dificultades visuais.

É o contrario do anterior, devolve
as iconas ao seu tamaño "normal".
Cambia a vista de iconas a vista
tipo "lista detallada". Recomendada cando queremos ter visibles todas
as propiedades dun ficheiro.

Co botón esquerdo permitenos mostrar
ou agochar os ficheiros ou cartafoles cuxo nome comeza con un punto, o
que se coñece como "ficheiros agochados".
Co botón dereito cambia a vista de
icona a miniatura de contido nos ficheros de imaxe, sempre que se teña
configurado para elo. Para poder ver as miniaturas vexa: como usar miniaturas de
imaxes.

Co botón esquerdo do rato,
selecciona todos os elementos (ficheiros e cartafoles) do directorio
(cartafol).
Co botón dereito deselecciona ou, se
hai algún ficheiro seleccionado, invirte a selección (os NON
seleccionados pasan a ser seleccionados e viceversa).

As "iconas máxicas" «wrappers»
As "iconas máxicas"
ou wrappers (envoltorios) son unha novidade que temos introducido nesta
versión de GALPon MiniNo. Consiste nunha serie de miniaplicativos
clasificados no panel superior que serannos de utilidade para levar a
cabo tarefas repetitivas, para o tratamento masivo de ficheiros ou para
realizar tarefas de sistema. A principal vantaxe do uso destes
aplicativos é que non utilizan pesadas interfaces gráficas e polo tanto
son rápidas e a penas consumen memoria RAM.
Cada icona máxica ten unha forma de traballar, se nos acercamos á icona
co punteiro e agardamos un chisco, apareceranos unha pequena mensaxe
que nos axudará a saber sobre do seu funcionamento. Nalgúns casos
abondará con arrastrar as iconas dos ficheiros que queremos tratar, por
exemplo, podemos arrastrar unha ducia de imaxes para redimensionalas de
vez, ou arrastrar uns cantos ficheiros de son (mp3, ogg, wav) para
crear un audio CD. Noutras ocasións, nas que non se tratan ficheiros,
simplemente deberemos premer sobre a icona en cuestión, por exemplo,
cando queremos cambiar a data/hora do sistema, examinar os tipos de
letra que temos instalados no sistema ou crear un LiveCD.
Mención especial merece a icona máxica
Update-Apps, coa que
poderemos actualizar todas as iconas do panel. A miúdo, engadimos máis
iconas para ampliar funcionalidades, modificamos as que temos,
retocamos a súa localización lingüística, etc... e conven actualizalas
de cando en vez.
Conven crarexar, que as iconas máxicas non son máis que cartafoles que
ROX-Filer interpreta dun xeito especial para que poidan ser exectuadas.
Para ver o seu contido, temos que premer
co botón dereito sobre
calquera delas e premer despois no submenú en
Amosar contido...
Ao seren cartafoles, non atopamos unha forma sinxela para traducir o
nome destes miniaplictivos, polo que optamos por buscarlles un nome en
inglés craro abondo que nos indique que traballo realiza, engadir as
mensaxes emerxentes (estas sí, traducidas) e unha icona o máis
intuitiva posible. Por exemplo, casi todas as iconas que implican
conversión/transformación de ficheiros denominanse cun 2 en medio que
ven de que en inglés "two" (dous) pronunciase igual que "to" (a, cara),
así temos que a icona
flv2avi convirte ficheiros de tipo .flv
en ficheiros de tipo .avi, ou a icona
pdf2png convirte
ficheiros PDF en ficheiros PNG.
Se sabe algo de "bash scripting" e quere facerse as súas propias iconas
máxicas debe saber que calquera cartafol que conteña un ficheiro
executable chamado
AppRun, convertirase automaticamente nun
wrapper (así se denomina no mundo ROX a estes miniaplicativos),
puidendo premer sobre a icona e executar o script que conteña o
ficheiro
AppRun. Para cambiar a súa icona, simplemente coloque
un ficheiro .png dentro do cartafol e renomeelo a .DirIcon (ou prema co
botón dereito sobre o cartafol ’
Definir icona...). Botandolle
unha ollada a como están feitas as que temos na barra de tarefas,
comprenderá rápidamente cómo funcionan.

Navegar na Internet
Para navegar por Internet, GALPon
MiniNo inclúe dous navegadores: Epiphany e Minex. O primeiro máis pesado pero máis
completo e de uso xeral. E o segundo, máis liviano, pero tamén máis
curto en características e funcionalidades (aínda nunha fase mopi
preliminar de desenvolvemento).
Alternativamente, pode instalar
cómodamente a última versión de Firefox desde a "icona máxica" situada no
apartado Internet do panel superior de miniaplicativos. Ao
premer sobre ela a primeira vez, instalarase. Unha vez instalado, ao
premer sobre a icona de Firefox, executarase.
Tamén dispuxemos o repositorio de Chromium. Para instalalo, abra Synaptic e busque por chromium-browser.
Administra os teus ficheiros
En GALPon MiniNo temos tres
administradores de ficheiros dispoñibles simultáneamente, dous de
escritorio (ROX-Filer e PCmanFM) e un de consola (Midnight Commander).
Ao decir que están dispoñibles
simultaneamente queremos decir que, por exemplo, podemos estar
traballando no contorno de ROX e xestionar un traballo con PCManFM e
outro traballo con Midnight Commander, "simúltaneamente".
Comentaremos un pouco o traballo cos
dous primeiros, xa que MC é unha ferramenta avanzada que só
utilizarán aquelles que xa a coñezan ou desexen aprender a manexala.
Copiar/Mover ficheiros
ROX-Filer
En ROX non existe un "Copiar e pegar" ao estilo de Window$ ou Nautilus,
todo en ROX é moi visual e para copiar ou mover ficheiros hay que
arrastralos directamente ao seu cartafol de destino e elixir a opción
desexada no despregable que se nos abre automaticamente, Copiar, Mover
ou Ligar (un arrastre e un clic, ambos co botón primario).
A opción ligar é moi util cando "necesitamos" ter o mesmo ficheiro en
dous sitios distintos para que nos sexa máis cómodo, pero sen que teña
que ocupar o dobre de espazo (como sucedería se se copiase) fixemonos
que unha ligazón ocupa, normalmente, menos de 50 Bytes.
Nota: a ligazón relativa permitenos cambiar o cartafol
contedor de localización, a ligazón seguirá a nova ruta. Pola contra a
ligazón absoluta "obliga" sempre a que se manteña a ruta inicial, polo
que se se move o cartafol de sitio, a ligazón racharase.
Este comportamento pode bater cos nosos costumes, pero en realidade
se nos paramos a pensalo, cando noutros administradores prememos en
"Copiar" Qué ocorre? Aparentemente e de cara ao usuario non ocorreu
nada. Sabemos que copiou nunha caché do sistema ou portaretallos
"imaxinario" porque así nolo aprendimos, pero realmente o usuario no ve
nada. Isto en ROX non ocorre, en todo momento sabes e
ves o que
copias e onde o copias.
Usando este método podese aproveitar tamén para cambiar o nome
(renomear) o ficheiro ou cartafol que estamos copiando.
Tamén podemos navegar polos cartafoles ou incluso polo panel superior
de ROX, simplemente agardando un chisco enriba. É moi práctico cando
queremos movernos por varios niveis de subdirectorios (subcartafoles).
PCManFM
En PCManFM
traballase na forma usual en outros xestores.
Dentro do mesmo dispositivo/partición, se arrastramos un ficheiro dun
cartafol cara outro, o que faremos será "mover" o ficheiro, equivalente
a un "Cortar e pegar". Para copiar, faremolo co botón dereito sobre o
ficheiro a copiar, seleccionar "Copiar" no despregable e despois premer
novamente con el botón dereito no cartafol de destino e elixir "Pegar"
(catro clics, dous de botón primario e dous de botón secundario).
Se traballamos con dous dispositivos/particións distintas, p.ex. o
disco do computador e unha memoria USB, ao arrastrar un ficheiro desde
una cartafol dun dispositivo/partición cara a un cartafol doutro
dispositivo/partición, entón si, se fai unha copia.
Borrar/eliminar ficheiros
ROX-Filer
Ao borrar ficheiros
temos dúas opcións: envialos ao cesto do lixo ou borralos
definitivamente. Podemos usar o menú de ROX ou os atallos de teclado:
Suprimir
(envía ao cesto do lixo),
Maiúsculas+
Suprimir (
IMPORTANTE, borra definitivamente sen
preguntas). Para recuperar ficheiros entramos no cesto do lixo e
prememos sobre os ficheiros que queiramos recuperar.

PCManFM
IMPORTANTE. En PCManFM todos os ficheiros
borraranse definitivamente.
Comprimir e descomprimir
ROX-Filer
Para comprimir, seleccionamos o
cartafol que conten todo o que queremos comprimir
→
Clic dereito →
Comprimir.
Se o que nos interesa é comprimir varios ficheiros, seleccionamolos
(con
Ctrl+
Clic esquerdo), a seguir, sobre a selección
facemos:
Clic dereito →
Enviar a... →
Comprimir.
Alternativamente podemos engadir a ruta na que queremos comprimir os
ficheiros.
Para descomprimir, seleccionamos o arquivo comprimido →
Clic
dereito →
Descomprimir.
Alternativamente, na versión adaptada de ROX-Filer para GALPon MiniNo,
podemos prmer co botón dereito sobre o arquivo comprimido e abrirasenos
unha xanela de ROX co seu contido, da que podemos elixir qué copiar,
qué non e onde copialo, do mesmo modo que explicamos anteriormente no
apartado
Copiar/Mover ficheiros.
PCmanFM
Para comprimir, seleccionamos o
cartafol ou os ficheiros a comprimir e prememos ’ Clic dereito
→ Comprimir.
Para descomprimir, seleccionamos o arquivo comprimido e no menú
dirixímonos a Extraer → Extraer aquí.
Alternativamente, tamén se pode elixir o destino da descompresión con Extraer
→ Extraer a.
Renomear
ROX-Filer
Renomear ficheiros
en ROX é prácticamente igual que copialos, sairanos unha xanela cunha
icona e o nome do ficheiro, simplemente cambiamoslle o nome e listo. O
realmente interesanteé que, na versión adaptada de ROX-Filer para
GALPon MiniNo, é posible renomear moitos ficheiros de vez, isto é
especialmente útil para renomear colecciónes de fotos ou de música.
Para elo, seleccionamos todos os ficheiros que queiramos renomear e ao
premer na opción de renomeado, automáticamente abrirase unha sinxela
ferramenta, de renomeado masivo, chamada
Purrr con todos os
ficheiros cargados e listos para ser renomeados coas opcións desexadas
(a ferramenta
Purrr incorpora na interface unha axuda con
instruccións dos distintos esquemas de renomeado).
PCManFM
En PCManFM é moi
semellante a renomear noutros contornos, hai que facelo de un en un ou
utilizar a ferramenta GPRename que está accesible desde o menú Aplicativos
→ Accesorios → Renomeador GPRename ou executando "renombrador"
a través dun terminal, de Alt+F2 ou de Ctrl+Alt+Barra
espaciadora co que executaremos o Purrr adaptado de MiniNo.
Crear documentos
Para crear documentos utilizaremos o
procesador de textos Abiword, dispoñible no menú → Aplicativos → Oficina, nas iconas de acceso rápido e co atallo
de teclado Ctrl+Alt+A.
De tratarse dun texto simple
sen formato, podemos utilizar Leafpad, ao que se pode acceder directamente
desde a barra de tarefas, desde as iconas de acceso rápido e co atallo
de teclado Ctrl+Alt+L. Se sobre un ficheiro de texto, no el
menú de ROX ímos a "Mostrar
contido...", será Leafpad o editor que se abra.
Escoitar música
Para escoitar música temos XMMS.
Pode abrir os ficheiros máis comuns de son OGG, WAV, MP3, etc... E
tamén pode ser empregado para escoitar CD de audio. XMMS non configura
automáticamente a reproducción de CD de audio, se non ouvinos nada,
debemos abrir XMMS, ir a Opcións → Preferencias, e nas "Extensións de entrada" elixir Reproductor de CD de son e a seguir premer no botón Configurar; aí deberemos cambiar o directorio de
montaxe "/mnt/cdrom" por "/media/cdrom" e xogar cos valores "Analóxico" e "Extracción
de son dixital" dependendo da
conexión de que dispoña o noso computador.
Tamén podemos escoitar un CD de son
desde o miniaplicativo "Mounter", dispoñible en Lugares do panel superior. Neste caso non
necesitamos preconfigurar nada, prememos clic en "Reproducir"
e listo. Podemos pechar o aplicativo Mounter e o disco seguirá en reproducción.

Gravar son
Para gravar son podemos utilizar mhWaveEdit, dispoñible no menú → Aplicativos → Son
e vídeo e unha vez no programa
podemos premer F12 ou navegar p la barra de tarefas Reproducir → Gravar. Lembre axustar os valores de gravación e
volume no mesturador de son dispoñible no menú → Centro de control → Hardware → Mesturador
de son.
Gravador
CD/DVD
Brasero
AUDIO-CD
Extraer (ripear) un AUDIO-CD
Menú → Aplicativos
→ Son e vídeo → Extractor Ripper X
Prememos na icona Scan, seleccionamos as pistas a extraer
(rippear), se o desexamos podemos obter os datos do disco e das pistas
da base de datos CDDB, premendo sobre a icona CDDB (isto só
funciona se tenemos conectada a máquina á Internet) despois poderemos
cambiar os datos ou cubrir aqueles que non estiveran na CDDB. Para que
inicie a extracción prememos na icona Go!!
Gravar un AUDIO-CD
Para gravar CD de son podemos utilizar a "icona máxica"
audio2CD
que podemos atopar no apartado
Multimedia no panel superior.
Simplemente arrastre os ficheiros mp3, ogg, wav, ou unha lista de
reproducción de XMMS para gravar ao voo o CD de son.
Para ter un maior control tamén pode utilizar
Brasero ou
X-CD-Roast
CD de Datos
Gravar ficheiros nun CD
Crear unha imaxe de CD
Vexa
Brasero
ou
X-CD-Roast
Alternativamente pode utilizar a "icona máxica"
ISOmaker do
panel superior de miniaplicativos arrastrando sobre a icona os
ficheiros e cartafoles que desexe na imaxe ISO.
Gravar unha imaxe de CD
No panel superior de miniaplicativos dispomos dunha pequena utilidade
que nos facilita a tarefa de grabar imaxes ISO nun CD/DVD:
Multimedia →
X-burn-ISO. Simplemente arrastrando a imaxe
.iso sobre a "icona máxica".
Para ter un maior control tamén pode utilizar
Brasero ou
X-CD-Roast
Imaxes, fotografía
Ver imaxes
Ao premer sobre
unha imaxe abrirase automaticamente un visor lixeiro chamado GPicView
(accesible manualmente desde Aplicativos → Gráficos →
Visor de imaxes GPicView ). A seguir, utilizando os cursores
(frechas) do teclado ou coas iconas da súa barra de ferramentas para ir
á esquerda ou á dereita, podense ver todas as fotos do mesmo cartafol.
Tamén pode utilizar Aplicativos → Gráficos → Visor
de imaxes Gliv para facer un "diaporama" (pase automático de
diapositivas con fotografías).
Alternativamente tamén pode utilizar Aplicativos → Gráficos
→ Editor de fotografías Fotoxx para ver e crear galerías de
imaxes.
Editar imaxes
Mtpaint é o editor de imaxes predeterminado (vexa o
manual de mtPaint en inglés).
Prema co botón dereito sobre a imaxe →
Editar con mtPaint.
Para aplicar efectos, deformacións, combinar imaxes, retocar brillo,
ollos vermellos, etc... faremos uso de
Fotoxx: Menú →
Aplicativos
→
Gráficos →
Editor de fotografías Fotoxx. Para obter
máis información sobre do seu uso vexa a
guía rápida de Fotoxx en
inglés.
GLiv también dispone de alguna opción básica de edición y
retoque como rotar, redimensionar, luminosidad y contraste, etc...
Rotar imaxes
Seleccione a imaxe ou as imaxes e arrástreas sobre as "iconas máxicas" turn2right ⟳ uo turn2left ⟲, dependendo
de si se quere xirar á dereita ou á esquerda.
Lembre que para seleccionar ficheiros en ROX hai que manter premida a
tecla Ctrl mentres se preme co punteiro do rato sobre os
distintos ficheiros. Tamén pode resultarlle útil, se tiene mesturados,
nun mesmo cartafol, distintos tipos de ficheiros, a opción de Rox: Clic
dereito → Mostrar → Seleccionar → Seleccionar por
nome... e podemos filtrar a selección utilizando comodíns ao estilo
de *.png nuna cartafol onde teñamos ficheiros de distinto tipo.
Imprimir imaxes
Podemos imprimir imaxes inserindoas dentro dun documento Abiword
Para ter un maior control nunha maquetación fotográfica pode utilizar Printoxx
(Aplicativos → Gráficos → Impresión fotográfica
Printoxx). Na xanela de Printoxx arrastre as imaxes que desexa na
composición, xíreas, solápeas, estírelas... e cando obteña o resultado
desexado pode gardarlo tal cual, ou configurar a impresión e gardarlo
ou, ademáis, imprimilo, utilizando as iconas que aparecerán cando prema
na icona de punta de frecha cara abaixo Á á dereita de todo da
barra de ferramentas.
Para facer modelos de impresión máis precisos, utilizaremos Aplicativos
→ Gráficos → Impresión fotográfica PhotoPrint, un
programa co que podemos axustar o tamaño de la impresión e realizar
desde un cartel ata unha cuadrícula de fotos clonadas. Para incorporar
imaxes só terá que arrastrar os ficheiros de imaxe sobre o modelo.
Nota: Lembre que a calidade da impresión
fotográfica dependerá exclusivamente do tipo de impresora e do papel
empregado.

Ver vídeos
O reproductor que dispómos en GALPon
MiniNo é MPlayer, abonda con premer en calquera ficheiro
de vídeo para que automaticamente comece a reproducirse.
Ver: Problemas con MPlayer e/ou Instalar VLC VideoLan
Compartir ficheiros
Nota:
para dispoñibilizar/ceder cartafoles ou dispositivos (impresoras,
escáneres, discos ríxidos, etc...) desde MiniNo cara a outros equipos
na rede mediante o protocolo SMB, debe activar os permisos de SaMBa,
vexa: Permisos especiais. Para a xestión de compartición dispómos
de varias ferramentas
Gigolo
Gigolo é un
administrador
SaMBa moi intuitivo e de doado manexo, detecta
automaticamente todos os dispositivos e cartafoles compartidos en rede.
Executámolo desde o menú →
Aplicativos → F
erramentas do
sistema →
Cartafoles compartidos en rede
O dispositivo
.avfs que nos monta é o
noso propio sistema,
na imaxe de exemplo ademai (xa que estaban conectados) montounos un CD
de son e unha memoria USB.
A elección do "
Tipo de servizo" dependerá da configuración da
máquina cedente, normalmente, de ser un recurso SaMBa (SMB), será un "
Recurso
de Windows".
Cando a montaxe dun cartafol/dispositivo nos solicite un nome de
usuario e un contrasinal, estos serán os que correspondan (ou teñan
configurado) na máquina cedente.
Nota: Gigolo quedará activo na área de
notificación, se non vamos a seguir usandoo pechémolo para que non
consuma recursos.
Bashare
Desde o menú Aplicativos
→ Internet → Compartir en rede BaShare executamos un
programa que nos vai permitir enviar calquera ficheiro da nosa máquina,
incluso desde un CD ou memorias USB, a calquera persoa, inclúso dentro
da nosa propia rede LAN (entre máquinas da nosa casa ou oficina). O
noso interlocutor só ten que dispór dun navegador web.
En función do tipo de uso pode requirir unha configuración moi sinxela
con só dous ou tres clics de rato.
Envío ao exterior:
Máquina conectada directamente ao
(cable)modem.
Prememos en "
Seleccionar ficheiro" e no administrador que nos
abre seleccionamos o ficheiro que queiramos enviar. Na xanela "
URL
para enviar" apareceranos a ruta completa:

Este é o enderezo que deberemos facilitar a quen queiramos que
descargue ese ficheiro da nosa máquina.
Máquina conectada a través dun
encamiñador.
Teremos que "
Abrir
porto UPnP" (
Universal Plug and Play - Conectar e Usar
Universal) Esta é unha opción que nos permite "atravesar" un
encamiñador sen necesidade de configurar a NAT (
Network Address
Translation -
Traducción de Enderezo de Rede) do
encamiñador.

Unha vez teña aberto os portos informaranolo
Non todos os encamiñadores permiten esta opción, polo que se non nos
informa de que xa están abertos ou calquera outro problema, deberemos
comprobar as conexiones ou configurar a NAT do encamiñador manualmente.
Envío dentro da propia rede (LAN):
Teremos que activar
a caixiña "
Usar Bashare na LAN"
Recepción:
A persoa á que lle
vamos permitir descargar este ficheiro, debe abrir un navegador
web e na barra de enderezos debe escribir/pegar o enderezo que
lle facilitemos (ben por correo-e, ben por mensaxaría instantánea).
Para que nos sexa doado de pegar no medio que utilicemos para
notificarllelo, podemos copiala ao noso portaretallos, simplemente,
premendo na icona (recadro vermello) á dereita da xanela de enderezo de
"
URL para enviar"
Unha vez que o receptor pegue/escriba o enderezo no seu navegador web e
prema para acceder a ese enderezo, apareceralle unha xanela de
descarga, pero iso xa dependerá de cada navegador we e do S.O.
Durante la transferencia veremos evolucionar a barra de progreso

Se desexamos interumpir a transferencia, só temos que premer na aspa
vermella á dereita da barra de progreso
Nota: BaShare quedará activo na área de
notificación, se non vamos a seguir usandoo pechemolo para que non
consuma recursos.
Webshare
É unha ferramenta
de compartición de ficheiros moi sinxela, desenvolvida polo equipo de
GALPon MiniNo, non dispón de UPnP como BaShare, pero permite habilitar
directorios completos para a súa descarga (ao estilo dun FTP).
As pantallas de execución inclúen todas as explicaciones necesarias.
Leaas con atención.
Para executala: no panel superior busque a "icona máxica" WebShare
en Lugares e prema nela.
Escritorio Movistar
http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar
http://open.movilforum.com/wiki/index.php/Escritorio_movistar:Pantallazos
http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu/escritorio-movistar.key
deb
http://open.movilforum.com/archive/escritorio-movistar/ubuntu gutsy main
Vodafone
3G
Para poder utilizar
dispositivos 3G de Vodafone no MiniNo, deberemos instalar as
ferramentas GPL que nos dispón Vodafone:
ozerocdoff
usb-modeswitch
vodafone-mobile-connect
podemos descargalas
desta páxina https://forge.betavine.net/frs/?group_id=12
(elixir as do
grupo Debian,
Ubuntu, Ubuntu Netbook Remix, Linux Mint)
tendo en conta
que, a día de hoxe, as versións máis recientes probadas en MiniNo son:
podemos descargalas
directamente usando o terminal/consola coas ordes:
$ wget
https://forge.betavine.net/frs/download.php/538/ozerocdoff_0.4-2_i386.deb
$ wget
https://forge.betavine.net/frs/download.php/490/usb-modeswitch_0.9.7_i386.deb
$ wget
https://forge.betavine.net/frs/download.php/626/vodafone-mobile-connect_2.25.01-1_all.deb
Para instalalas,
podemos utilizar "GDebi", pero recomendo que o fagamos todo desde
terminal:
$ sudo dpkg -i
ozecerocdoff*
$ sudo dpkg -i usb-modeswitch*
$ sudo dpkg -i vodafone-mobile-connect*
Daranos unha mensaxe
de erro por dependencias non cumplidas, para solucionalo executamos:
$ sudo apt-get -f
install
Esta mensaxe de erro é polo que recomendo que se faga
desde terminal, se o facemos empregando GDebi, deberemos executar no
terminal esta última orde.
Cando remate a
instalación, no menú de Internet teremos unha nova entrada Vodafone Mobile Connect,
executándoa entraremos na configuración do dispositivo.
Podemos
ver tamén a páxina de "Betavine"
O noso agradecemiento a TEGNIX por
cedernos os equipos para as probas.
Compartir escritorio
Gitso (Gitso is support to others -
Gitso é para axudar a outros) é unha interface moi
simple para activar conexións VNC inversas. El encargase de facer todas
as configuracións de VNC, po lo que é moi práctico para aquelas persoas
que non saben ou non poden estar cambiando de configuración
permanentemente.
A aplicación máis común
(para a que foi desenvolvido) é permitir controlar/monitorizar outra
máquina por internet. Para elo é necesario que a máquina destino (a
máquina que vai a ver á outra) execute o servidor e a máquina que vai a
ser vista execute o programa cliente.
Unha vez executado o
servidor, este queda agardando a que entre algunha conexión, mentres a
máquina cliente debe introducir o IP do servidor e iniciar a conexión.
Supoñamos que queremos dar
axuda tecnica a un/a amigo/a que esta noutra cidade desde a nosa
máquina. Primeiro decimoslle que instale, configure e execute o
servidor VNC, despois é necesario que averigue o seu IP para
facilitarnolo a nos e que nosoutros poidamos acceder e a seguir
decirlle que acepte a conexion. Todo este proceso, para alguen que non
coñece nin siquera o que é un IP se lle pode chegar a complicar un
pouco. Gitso funciona ao revés, o unico que debe facer o/a noso/a
amigo/a é executar o programa, pegar/escribir o IP que lle indiquemos e
seleccionar Obter axuda
Nota:
o sistema do/a noso/a amigo/a tamén debe ter instalado Gitso,
isto non és ningún problema xa que está dispoñible para Linux, Mac OS y
Window$. A versión traducida,
polo de ghora, só está dispoñible en GALPon MiniNo
Vamos a seguir unha secuencia lóxica
de traballo:
Nosuotros executamos Gitso,
activamos a opción "Dar asistencia", Iniciamos e quedamonos á "escoita" da
conexión.

Xa que teremos que decirlle cal é o
noso IP, se non o sabemos ou non nos lembramos, MiniNo dispón do
recurso myIP no panel superior de miniaplicativos en Internet que nolo facilitará

para que llelo enviemos (por
correo-e, teléfono ou mensaxaría) ao/á noso/a amigo/a.
Noso/a amigo/a executará Gitso,
escribirá na xanela (substituíndo a lenda "Introduza/escolla o endero de asistencia") o IP que lle facilitamos antes, na
xanela "Obter ayuda"

e premer en "Iniciar".
Aos pocos segundos apareceranos a
nosoutros (os que damos asistencia) o ecritorio do/a noso/a amigo/a que
quere obter axuda. A partires dese momento teremos control absoluto da
súa máquina, agás (como é lóxico) todo aquelo que estea protexido por
contrasinal.
Axuda en remoto
O mesmo que "Compartir escritorio"
© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)