ENFEITAR O MININO
- ENFEITAR O MININO
- Entendendo o contorno de traballo
- Cambiar o fondo da pantalla
- Cambiar de tema de xanelas
- Cambiar as iconas dos cartafoles e ficheiros
- Cambiar de tema GTK
- Cambiar o fondo das xanelas
- Usar miniaturas de imaxes
- Cambiar o punteiro do rato
- Inicio con/sen contrasinal
- Administrar usuarios
- Cambiar contrasinal
- Crear/engadir un novo usuario
- Crear/engadir un usuario especial
- Permisos especiais para usuario
- Escritorios virtuais (Engadir/Eliminar)
- Cambiar o contrasinal de "sudo"
- Atallos de teclado (teclas rápidas)
Entendendo o contorno de traballo

① Fondo
de pantalla. En ROX-Filer non se poden pór ficheiros reales sobre o
escritorio, só ligazóns aos mesmos. En PCManFM o comportamento é
similar ao do escritorio de Gnome, tornándose o escritorio non cartafol
máis.
② Menú principal de aplicativos.
③ Lanzadores de programas máis usuais. De esquerda a dereita:
- Minimizar todos os aplicativos para ver o fondo do escritorio.
- Apagar, reiniciar, hibernar, o computador ou a sesión.
- Navegador Web.
- Editor simple de textos.
- Administrador de ficheiros PCManFM.
- Administrador de ficheiros ROX-Filer.
- Terminal (rxvt)
- Administrador de redes Wicd.
④ Barra de tarefas. Nela iranse colocando as "etiquetas" dos programas/cartafoles que teñamos abertos. Ademais, ao ppremer "Ctrl+Alt+Barra espaciadora" transformase nun lanzador de ordes tal e como se indica en Liña de ordes estilo Alt+F2.
⑤ Dous
pequenos miniaplicativos, o primeiro para cambiar a localización (mapa
de idioma) do teclado e o segundo para cambiar de escritorio ao voo,
con opcións para ROX, PCManFM e ningún dos dous anteriores (este
último, especialmente útil en máquinas con pouca memoria RAM) deixando
só o xestor de xanelas.
⑥ Dous escritorios virtuais útiles para cando tenemos a barra de tarefas, ou o escritorio, cheo de programas.
⑦ De novo, de esquerda a dereita:
- Monitor de batería.
- Pequeno miniaplicativo para controlar o volume do son. Situando o
punteiro acima, con un clic esquerdo aumenta o volume e con un clic
dereito diminúe. Tamén se pode usar a roda do rato. A cantidade de
"ondas" que semellan saír do altofalante indicaranos o nivel axustado.
- Monitor de CPU. Ao premer sobre el, abrirase un administrador de procesos chamado "htop".
- Monitor do tráfico de REDE. Ao premer sobre el, abrirase "Network Status".
Ademais dos mencionados, poden aparecer nesa zona programas
iconificados, como por exemplo, xmms, ayttm, bashare o wicd.
Tamén se pode enviar calquera programa á área de notificación en
forma de icona, simplemente premendo co botón dereito sobre da barra de
título da xanela do programa e elixindo "icona na área de notificación"
nas opcións do menú despregable que nos presenta IceWM, desta maneira
non aparecerá a "etiqueta" na barra de tarefas.
⑧ Hora
e data do sistema. Ao premer na hora, abrirasenos un calendario.
Podemos cambiar a data e a hora do sistema na "icona máxica"DateTime que se atopa no apartado de Sistema no panel superior de miniaplicativos.
⑨ Abre o cartafol persoal do usuario.
⑩ Panel
superior de miniaplicativos, "iconas máxicas" ou como se lles chama no
mundo de ROX-Filer, "wrappers". Ao situar o punteiro sobre cada icona,
informasenos sobre que fai dito aplicativo e como funciona. As veces,
tenemos que premer nelas e outras, arrastrar ficheiros sobre as iconas.
Para ampliar información ver: As "iconas máxicas" en Rox.
⑪ Cesto
do lixo. Ao eliminar/borrar ficheiros temos duas opcións: envialos ao
cesto do lixo ou borralos definitivamente. Podemos usar o menú de ROX
ou os atallos de teclado: Suprimir (envía ao lixo), Maiúsculas+Suprimir (IMPORTANTE,
borra definitivamente sen preguntas). Para recuperar ficheiros entramos
no cesto do lixo prememos sobre dos ficheiros que queiramos recuperar.
Cambiar o fondo da pantalla
Ao
premer co botón dereito sobre o escritorio e elixir "Fondo de
pantalla..." aparece una xanela na que podemos cambiar o fondo de
pantalla. Para elo, só hai que coller a imaxe que queiramos, arrastrala
e soltala sobre esa xanela.

Cambiar de tema de xanelas
Ao
cambiar o tema de xanelas, só se modifican o marco e a barra de título
das xanelas (onde se sitúan as iconas de minimizar, maximizar, pechar,
enrolar, etc...).
Menú → Axustes → Temas → Eliximos o tema desexado.
Cambiar as iconas dos cartafoles e ficheiros
Para cambiar a icona dun cartafol específico, situamonos enriba dela, prememos co botón dereito → Definir a icona... Aaparecenos
unha xanela á que temos que arrastrar a icona desexada. Nesta mesma
xanela podense definir se queremos que o cambio se aplique únicamente
sobre o cartafol seleccionado ou para todos os cartafoles. Por exemplo,
se dispomos de iconas de cartafoles específicos para imaxes, fotos e
documentos, pois crearíamos os catafoles e definiríamos as iconas
individualmente.
Podemos seguir o mesmo procedimento para
cambiar a icona dun ficheiro ou dun un tipo de ficheiro. Isto utilizase
sobre todo cando nos interesa que un determinado documento teña unha
icona cunha cor chamativa e vistosa para que se distinga dos demais.
Tamén podemos cambiar o tema de iconas de forma xeral. Para elo, podemos descargarnos un tema que nos guste, por exemplo, de gnome-look → Icons → "Icon Themes". Descomprimimolo e copiamos o cartafol que contén o tema de iconas dentro do cartafol .icons, que está no cartafol persoal (/home/minino/.icons).
Lembre que para ver os cartafoles ocultos (nos que o seu nome comeza
con un punto) debe premer clic izquierdo sobre a icona de ROX con forma
de "ollo". A seguir, vaia á opcións de ROX (prema co botón dereito
sobre o fondo de calquera cartafol → Amosar → Opcións ...) e no apartado "Tipos" pode elixir entre os temas que dispón o sistema.
Nota: se desexa que o tema estea dispoñible para todos os usuarios, deberá situar o tema de iconas en "/usr/share/icons".

Cambiar de tema GTK
Ao
cambiar o tema GTK o que realmente cambiamos son as iconas dos
programas e as cores, formas das súas barras de tarefas e menús.
Podemos obter temas GTK de gnome-look → GTK 2.x
Descomprimimolo e copiamolo en /home/minino/.local/share/themes (para uso particular do usuario "minino") ou en /usr/share/themes (para uso de todos os usuarios do sistema).
A seguir, para cambiar o tema GTK: Menú → MiniNo → Visualización e comportamento → Aparencia
Cambiar o fondo das xanelas
De momento non se pode cambiar o fondo das xanelas de forma gráfica, debemos editar o ficheiro .gtkrc-2.0 que está no cartafol persoal e engadir na final o seguinte:
# PÓR UNHA IMAXE DE FONDO na xanela de ROX-Filer:
pixmap_path "/usr/share/lxp-icewm/icons"
style "rox" = "default"
{
bg_pixmap[NORMAL] = "persiana.png"
}
widget_class "*Collection*" style "rox"
Aquí debemos cambiar pixmap_path apuntando ao cartafol onde se atopa a imaxe e "persiana.png"
polo nome da imaxe que deseaxmos pór de fondo. é recomendable que a
imaxe sexa pequena, o ideal, que nin siquera chegue a 1 Kb. Hai que
tener en conta que creará un mosaico con dita imaxe para encher todo o
fondo da xanela.
Para cambiar simplemente a cor pode usar a técnica anterior tomando unha imaxe dun pixel 1x1 da cor que desexamos.
Aínda que tamén se pode utilizar a seguiente opción:
# CAMBIAR A COR DE FONDO DO ROX-Filer
style "rox" = "default"
{
bg[NORMAL] = "#ffffff"
bg[ACTIVE] = "#ffffff"
}
widget_class "*Collection*" style "rox"
Onde #ffffff é o valor hexadecimal da cor desexada. Para elo, puedese consultar esta táboa de cores (a columna "Código Hex RGB" é a que nos interesa).
Usar miniaturas de imaxes
Un
recurso interesante que ten ROX é o de crear miniaturas de imaxes e de
vídeos para amosarnos unha pequena vista previa dos mesmos.
Para
activar as miniaturas abonda con premer co botón dereito sobre a icona
que representa un ollo na barra de ferramentas de ROX e automaticamente
amosaránse as miniaturas de imaxes.
Para amosar tamén as miniaturas dos ficheiros de vídeo, temos que activalo na configuración de ROX: clic dereito no fondo (libre) dunha xanela → Amosar → Opciñons... Sairános a xanela de configuración, á esquerda diriximonos a Miniaturas e prememos sobre o botón Miniaturas de vídeo. A seguir, temos que Instalar o descritor de tipos para que se tente extraer un fotograma únicamente dos tipos de ficheiro aí definidos. Prememos Aceptar e listo.

En
GALPon MiniNo esta característica está desactivada de forma
intencionada para facer máis áxil a navegación con ficheiros en equipos
con poucos recursos de CPU.
Cambiar o punteiro do rato
Para cambiar o punteiro ou cursor do rato, podemos descargar novos temas de punteiros en gnome-look → X11-mouse-themes. Descomprimimolo en /usr/share/icons. A seguir executamos "galternatives": Menú → Aplicaciones → Herramientas del sistema →Configurador de alternativas. E diriximonos ao apartado x-cursor-theme, prememos no botón "Engadir" e buscamos no nosto sistema o cartafol onde se atopa o nuestro tema de punteiro, elixindo o ficheiro cursor.theme.
Inicio con/sen contrasinal
Unha
vez instalado GALPon MiniNo, no seu primeiro inicio comprobaremos que
este non pide que se introduza nin nome de usuario nin contrasinal, o
equipo de desenvolvemento deixouno configurado para que se inicie
sempre co usuario-administrador minino, co contrasinal minino.
Se
desexamos que o inicio se faga utilizando o gestor de inicio XDM, algo
especialmente recomendable se a nosa máquina está nun contorno no que
calquera poda acceder a ela e "curiosear" no contido persoal e privado
que poida haber nel, ou cando creamos algún outro usuario e queremos
decidir no inicio con que usuario iniciar.
Para cambiar o modo de inicio de "Acceso sen pedir usuario e contrasinal" a "Acceso mediante usuario e contrasinal", dispomos da utilidade Autologin, á que podemos acceder desde MiniNo → Usuarios → Entrada automática, onde poderemos cambiar o modo de inicio a través dunha interface moi sinxela.
Administrar usuarios
Cambiar contrasinal
Podemos empregar a opción do menú MiniNo → Usuarios → Cambiar contrasinal de usuario ou, se o preferimos, abrimos un terminal e, en negriña o texto que debemos intoducir nos:
minino@MiniNo:~$ sudo passwd
[SUDO] password for minino:minino
Supoñamos que queremos pasar a utilizar o contrasinal MiniNo:
Enter new UNIX password:MiniNo
Retype new UNIX password:MiniNo
passwd: o contrasinal actualizouse con éxito
minino@MiniNo:~$
Crear/engadir un novo usuario
Para crear ou engadir un novo usuario executamos desde o menú MiniNo → Usuarios → Engadir usuario,
un sinxelo programa no que só teremos que escribir o nome de usuario e
o contrasinal. O programa xa engade o usuario aos grupos necesarios
para un uso "normal"
Crear/engadir un usuario especial
Ou, o que é o mesmo
Permisos especiais para usuario
O usuario predeterminado minino xa
ten todos os permisos para todos os grupos (agás aqueles que por razóns
de seguranza, como o de SaMBa, que deben deixarse a elección expresa do
usuario), pero se creamos algún usuario novo e desexamos que teñan
permiso para facer algunhas cousas, en principio reservadas para o
usuario administrador, podemos acceder desde o menú MiniNo → Usuarios →Engadir usuario especial, a unha utilidade que nos vai permitir asignar a un usuario a algún dos seguintes grupos:
CUPS
Onde se lles permite engadir, eliminar, administrar, configurar, etc... impresoras (e multifuncionais) e traballos de impresión.
SaMBa
Para
permitirlles compartir cartafoles/dispositivos a través do protocolo
SMB, por razóns de seguranza non está activado de forma predeterminada,
xa que permite que calquera equipo que se atope na nosa mesma rede
poida acceder ao cartafol "Compartir" que está no noso directorio persoal (recomendamos aos usuarios avanzados que lean o contenido que hai na final do ficheiro /etc/samba/smb.conf (están en castelán).
FUSE
Este é un grupo que só utilizaran usuarios avanzados, está incorporado en
GALPon MiniNo xa que é un procedimento que se utiliza moito durante o
desenvolvemento da distribución e pareceunos oportuno deixalo xa
configurado. Quen non saiba que é "fuse" seguramente non necesitará utilizarlo.
Quen queira profundizar en como se utiliza en GALPon MiniNo SaMBa e Fuse pode ver as notas de desenvolvemento no noso wiki de traballo.
Engadir
a un usuario, incluido o administrador, a calquera outro grupo que
poida requirir algun aplicativo novo, deberá facerse utilizando o
terminal coa orde:
sudo adduser nome_usario nome_grupo

Escritorios virtuais (Engadir/Eliminar)
Segundo se instala GALPon MiniNo dispomos de duos escritorios virtuais
podemos eliminalos (deixando só un escritorio) ou crear/engadir tantos como necesitemos.
Para facer este axuste, teremos que facelo editando un ficheiro de texto, concretamente /usr/share/lxp-icewm/preferences, podemos utilizar un terminal coa orde:
sudo leafpad /usr/share/lxp-icewm/preferences
ou desde a liña de ordes da barra de tarefas (Ctrl+Alt+Barra espaciadora) ou Alt+F2 e escribir:
gksudo leafpad /usr/share/lxp-icewm/preferences
Pediranos o contrasinal de administración (minino) e, cando abra o ficheiro, desplazamonos á liña 40 onde veremos:
WorkSpaceNames=" 1 "," 2 "
e a modificamos.
Para engadir mais escritorios:
WorkSpaceNames=" 1 "," 2 "," 3 "
así teremos tres escritorios virtuais.
WorkSpaceNames=" 1 "," 2 "," 3 "," 4 "," 5 "," 6"
así teremos seis escritorios virtuais.
Para eliminalos engadimos # ao inicio da liña deixandoa así:
#WorkSpaceNames=" 1 "," 2 "
Gardamos o ficheiro "preferences" e reiniciamos o xestor de xanelas IceWM premendo as teclas Ctrl+Alt+Supr(Del) abrenos unha xanela nova e prememos a letra I (i). con isto actualizará a configuración.
Nota: podemos tamén pórlle nomes como: " A "," B "," C "
Cambiar o contrasinal de "sudo"
Despois de acceder co usuario administrador (minino) seguimos os pasos indicados en "Cambiar contrasinal"
Atallos de teclado (teclas rápidas)
Configuración teclas rápidas en GALPon MiniNo
Combinación de teclas | Acción | Orde |
---|
Ctrl+Alt+A
| Procesador de textos
| abiword
|
Ctrl+Alt+C | Navegador Chromium | chromium-browser |
Ctrl+Alt+E
| Navegador Epiphany
| epiphany-browser
|
Ctrl+Alt+F
| Navegador Firefox
| firefox
|
Ctrl+Alt+G | Folla de cálculo | gnumeric |
Ctrl+Alt+K | |
|
Alt+Shift+K | Forzar peche de aplicativo | xkill |
Ctrl+Alt+L | Editor de notas | leafpad |
Ctrl+Alt+M | Navegador Minex
| minex |
Ctrl+Alt+H | Monitor de procesos | x-terminal-emulator -e htop |
Ctrl+Alt+P | Deseño e retoque | mtpaint |
Ctrl+Alt+R | Xestor de redes | wicd-client -n |
Ctrl+Alt+S | Xestor de correo | sylpheed |
Ctrl+Alt+T | Terminal | x-terminal-emulator |
Ctrl+Alt+W | Navegador predeterminado | sensible-browser |
Ctrl+Alt+Y
| Cliente de mensaxaría instantánea
| ayttm
|
Alt+F2
| Lanzador de ordes
| grun
|
Alt+F4
| Pechar xanela en foco
| proceso de sistema
|
Alt+F6
| Apagar monitor | xset dpms force off |
Alt+F11
| Pantalla completa
| proceso de sistema
|
Alt+Esc / Tecla Super (ventanitas)
| Despregar menú
| proceso de IceWM
|
Ctrl+Alt+Supr[Del]
| Opcións de apagado, reinicio, etc...
| proceso de IceWM
|
Ctr+Alt+→ / Ctr+Alt+←
| Cambiar de escritorio virtual
| proceso de IceWM
|
Ctrl+Alt+Barra espaciadora
| Liña de ordes na barra de tarefas
| proceso de IceWM
|
Capturas de pantalla
|
|
|
ImprPant / PrtSc | Captura pantalla completa | scrot -e |
Ctrl+ImprPant / Ctrl+PrtSc | Captura de área ou xanela | scrot -s -e |
Control volume teclado "convencional" |
|
|
---|
Ctrl+Alt+KP_Divide [ / ] en teclado numérico | Baixar volume | aumix -v -5 |
Ctrl+Alt+KP_Multiply [ * ] en teclado numérico | Subir volume | aumix -v +5 |
Control volume en portatil |
|
|
---|
Ctrl+Alt+Next [PgUp] | Baixar volume | aumix -v -5 |
Ctrl+Alt+Prior [PgDn] | Subir volume | aumix -v +5 |

© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)