DOMESTICA AO MININO


ppminino
  1. DOMESTICA AO MININO
    1. Configurar a rede
    2. Algunhas ordes básicas para manexarnos coas redes
    3. Configurar o son
    4. Configurar a tarxeta de vídeo
    5. Instalar e configurar a impresora
      1. Instalar impresoras
      2. Configurar a impresora
      3. Creacion de ficheiros .pdf
    6. Configurar o inicio
    7. Configurar o idioma
    8. Configurar a data/hora
    9. Engadir aplicativos
    10. Liña de ordes estilo Alt+F2
    11. Protector de pantallas
ppminino

Configurar a rede

GALPon MiniNo buscará, ao iniciar o sistema, unha conexión de rede operativa e conectarase automáticamente por dhcp se o encamiñador está configurado para elo.

Para configurar a rede wifi, de forma predeterminada, a versión i486 de GALPon MiniNo Alguadaira ten os daemons (pequenos programas residentes) desactivados, así que o primeiro que debemos facer é iniciar o daemon necesario con "bum", para elo diriximonos a Sistema Administrador de inicio e activamos o daemon:
       wired and wireless network manager
     wicd
Unha vez aplicada esta configuración, xa podemos lanzar Wicd desde o menú, desde a barra de tarefas ou coa combinación de teclasCtrl+Alt+R.
Se lanzamos Wicd desde o menú disporá na área de notificación dunha icona informativa e de acceso á configuración. Lanzandoo desde a barra de tarefas ou co atallo de teclas, lanza Wicd sen a icona de área de notificación, aforrando recursos.

Wicd, inicialmente, está configurado para o caso de que o dispositivo de rede WiFi sexa o ath0, se o seu equipo ten outro nome, como ath1,wlan0, etc... deberemos modificalo nas preferencias de Wicd, para elo executamos Wicd e prememos no botón "Preferencias", abre unha xanela na que veremos unha caixa de texto que dice:
    Wireless interface: ath0
e cambiaremola polo que corresponda, por exemplo:
    Wireless interface: wlan0
Unha vez que aceptemos, deberemos volver a premer o botón "Actualizar" para que busque as redes con este novo dispositivo.

Temos incluida outra ferramenta de configuración de redes: Network-Manager; pero é incompatible con Wicd polo que non se poden ter as dúas á vez ni sistema. Para utilizala debemos ir á "icona máxica" Network-Manager situada no apartado de Rede do panel superior. Desinstalará Wicd e instalarase Network-Manager aparecendo unha icona na área de notificación. É recomendable reiniciar o sistema tras a súa instalación.

Ir-a

Algunhas ordes básicas para manexarnos coas redes

Para coñecer o dispositivo e así saber se o sistema o recoñece:

Se é unha tarxeta PCMCIA ou PCI
lspci
daranos unha saída na que debemos ter unhas liñas, normalmente na final, como:
02:00.0 Ethernet controller: Atheros Communications Inc. AR2413 802.11bg NIC (rev 01)
ou
06:00.0 Network controller: Intel Corporation PRO/Wireless 3945ABG Network Connection (rev 02)
Nota moi importante: o feito de que nos recoñeza o dispositivo non é sinónimo de que o active, unha cousa é "ler" as súas características e mostrarnolas e outra activalo.

Se é un dispositivo USB
lsusb
daranos unha saída como:
Bus 001 Device 002: Id 07d1:3c03 D-Link System DWL-g122 821.11g Adapter [ralink rt73]
Neste caso aplicase tamén a nota anterior.

Para saber se o dispositivo é utilizable e con que nome.
sudo ifconfig (mostrará os dispositivos ethernet e o seu estado)
ou
sudo iwconfig (mostrará os dispositivos wifi (wireless) e o seu estado)

lo no wireless extensions.

eth0 no wireless extensions.

irda0 no wireless extensions.

eth1 unassociated ESSID:off/any
     Mode:Managed Frequency=nan kHz Access Point: Not-Associated
     Bit Rate:0 kb/s Tx-Power:16 dBm
     Retry limit:15 RTS thr:off Fragment thr:off
     Encryption key:off
     Power Management:off
     Link Quality:0 Signal level:0 Noise level:0
     Rx invalid nwid:0 Rx invalid crypt:0 Rx invalid frag:0
     Tx excessive retries:0 Invalid misc:792 Missed beacon:0

Para erguer (activar) o dispositivo

sudo ifconfig nombre up
onde nome pode ser ethX, wlanX, raX, etc... e onde X será 0, 1 etc...

Ver por terminal que redes atopa.
sudo iwlist nome scan
ou
sudo iwlist nome scanning
Ir-a

Configurar o son

Se por algún motivo non se configurou automáticamente a tarxeta de sono pode tentarlo coa ferramenta de configuración que fornece ALSA. Abra un terminal e execute:
sudo alsaconf
Tamén pode acceder desde o menú → Centro de control  Hardware  ALSA Configuración sonido

Se a súa tarxeta de son é moi antiga, especialmente se ten zócolo ISA, é probable que non se configure automáticamente e teña que facer uso desta ferramenta. En todo caso non se apure, é posible que teñamos unha solución ao seu problema aquí mesmo.

Ir-a
       

Configurar a tarxeta de vídeo

GALPon MiniNo tentará configurar a tarxeta de vídeo automaticamente á mellor resolución que sexa posible.

Se temos que editar o ficheiro de configuración de vídeo /etc/X11/xorg.conf por algún motivo, nótese que deberá facer unha copia do mesmo sobre o ficheiro /etc/X11/GENERIC para que os cambios teñan efecto. Por exemplo, se instalamos os drivers de nVidia e nos modificouxorg.conf, antes de reiniciar, debemos facer un
sudo cp /etc/X11/xorg.conf /etc/X11/GENERIC
para que os cambios non se perdan.

Vexa os problemas coñecidos se ten dificultades coa configuración da súa pantalla. Sabemos de hardware antigo cuxas tarxetas admiten resoluciónes superiores á que admiten as pantallas que teñen montadas os equipos (e viceversa) e eso pode ser un problema á hora de configurar axeitadamente a tarxeta de vídeo.


Instalar e configurar a impresora

Instalar impresoras

A instalación dunha impresora compatible GNU/Linux é moi doada en GALPon MiniNo, só deberemos conectala, ou tela dispoñible en rede, e executar no menú → Centro de control  Hardware  Impresoras. Co que nos abre unha xanela na que veremos que existe unha impresora (virtual) CUPS-PDF-Printer. Prememos na icona "Nova" e comezará a búsca de impresoras conectadas (como xa dijxemos, directamente ou través da rede) disponibilizándonola en canto a detecte correctamente.

Se non atopa ningunha ou non pode activala presentaranos unha pantalla na que teremos que elixir nos a marca, tipo, controlador, etc... En todo caso, asegurémonos de que está correctamente conectada (ou disponibilizada en rede) e funcionando (acendida).

Para casos de impresoras de dificil configuración, deixamos aquí as instruccións de uso de CUPS en web, xa que creemos que é o método mais efectivo e, ademais, é moi amigable.

MOI IMPORTANTE:
Na versión con kernel i486 o primeiro que debemos facer é activar o daemon cupsd en «Sistema  Administrador de inicio» marcando a caixña
    Common UNIX Printing System
   cups
Na versión i686 o usuario "minino" xa ten permisos para utilizar CUPS, pero si utilizamos a versión co núcleo i486 ou queremos que outro usuario poida administrar impresoras deberemos darlle permiso, a través do menú → MiniNo  Usuarios, elixindo a opción "Engadir usuario especial", pediranos o contrasinal e aparecerán varias opcións, neste caso debemos marcar a opción "Administrar inpresoras" e na seguinte xanela decir a que usuario autorizamos a administralas.

Para acceder á instalación da impresora, temos que facelo a través de calquera navegador que teñamos instalado e entrar no seguinte enderezo http://localhost:631. A páxina é clara abondo como para non tener que explicar nada, só seguir as pautas que nos vai indicando. Resaltar que cando nos pide usuario e contrasinal, estos son para GALPon MiniNo minino e minino, para calquera outra distribución roote contrasinal_administrador

cups1   cps2   cups3   cups4   cups5   cups6   cups7   cups8   cups9

Pode darse o caso de que vexamos algúns controladores que non nos parezan axeitados, se nos fixamos, ó rematar a instalación, dásenos a posibilidade de "Imprimir páxina de proba", pulsamos na orde e se nos imprime un documento correcto, todo está ben; Se pola contra é un documento longo e confuso, é que o controlador non é o axeitado.

Como nome de impresora, daremoslle aquel que nos sexa doado de identificar, sen espazos. Pode conter "-_/" e tal vez algún carácter máis, pero non o teño craro.

A localización non é necesaria, normalmente, a non ser que sexa unha impresora de rede, porque será identificada por ese dato.

Se aínda así non nos aparecese a nosa impresora, ou aínda non imprime correctamente a páxina de proba, ímos ata a páxina http://openprinting.org/printer_list.cgi e buscamos cual é o controlador (ou driver) que lle corresponde á nosa impresora e descargamolo.
 
Presentanos unhas caixiñas de dialogo, nas superiores, seleccionamos a marca e o modelo da nosa impresora, premendo na "tecla" [Show] (á esquerda das "caixiñas") o que nos levará á páxina do controlador recomendado.

Buscamos no principio da páxina e vemos "Download PPD", prememos sobre el e comezará a descarga do controlador.

cups10   cups11   cups12

Este controlador queda descargado no noso "Cartafol persoal" agora debemos colocarlo na súa localización definitiva en/usr/share/cups/model/
$ sudo cp Nombre-modulo.ppd /usr/share/cups/model/

Ou  mellor aínda, copiamolo a /usr/share/ppd
# cp Nombre-modulo.ppd /usr/share/ppd/
e facemos unha ligazón simbólica a /usr/share/cups/model
# ln -s /usr/share/ppd/Nombre-modulo /usr/share/cups/model/

NOTA: lembre que si escribe a primeira (ou primeiras) letra(s) do nome del fichero -que adoita ser maiúscula- e preme o Tabulador, xa escribirá o nome completo do ficheiro.

Se a pesar de todo aínda se nos resiste a instalación da nosa impresora, sempre podemos ampliar a base de datos de impresoras instalando
http://www.openprinting.org/download/printdriver/debian/dists/lsb3.2/contrib/binary-i386/openprinting-gutenprint_5.2.5-1lsb3.2_i386.deb
Depende de Qt, co que nos vai a instalar bastantes cousas que só serán necesarias para dispór de máis módulos de impresoras, pero mellor eso que quedarnos sen poder usar unha impresora.

Para que as últimas impresoras e impresoras multifunción teñan compatibilidade en GALPon MiniNo debemos instalar a última versión de hplip, que atoparemos na web de HP.  Para elo, tras descargarnos o ficheiro, abrimos un terminal e executamos:
sudo sh ./hplip-3.10.5.run
e seguimos as instruccións do instalador. O instalador require de conexión a Internet porque se necesita algunha dependencia tentará instalala automáticamente.
Ir-a

Configurar a impresora

Se o facemos amodo veremos que é moi versátil, no meu caso concreto teño "dispoñibles" catro impresoras cando en realidade só teño unha, a saber:
A metodoloxía é moi simple, instalo varias impresoras,  á primeira, chamolle HP-3325-BeN (modelo e carácteristica que lle vou a configurar), instáloa e configúroa como "Grey scale Normal". Instalo unha segunda impresora á que lle chlamo HP-3325-borrador e configúroa como "Grey scale Drafft" e así sucesivamente.

Na configuración só é necesario modificar o campo "Printout Mode"

cups13   cups14

Para xestionar a impresora pode emplear gtklp que está dispoñible desde os menús  en Centro de control → Hardware → Traballos de impresión

gtklp1   gtklp2   gtklp3   gtklp4   gtklp5   gtklp6   gtklp7   gtklp8
Ir-a

Creacion de ficheiros .pdf

Para poder crear ficheiros .pdf debemos instalar "cups-pdf"
$ sudo apt-get install cups-pdf Actualización: A versión Alguadaira xa o incorpora
e xa disporemos dunha impresora a ficheiros "Generic Postscript printer" (no meu caso é a quinta impresora)
Ir-a

Configurar o inicio

Debido a un "bug" (fallo/erro) de Debian con Spalshy, especialmente en máquinas lentas, producese unha perda de tempo na carga do sistema e a maioría das veces non carga co Splash visible. Para solucionar este problema, debemos arrancar o sistema coa opción:
GALPon MiniNo (no splash)
Pero adoita ser un problema o que nos despistemos e non movamos a línea de inicio e que así teñamos que estar agardando. Para solucionalo:

Vamos a facer que este sexa o modo normal ou predeterminado de carga para elo debemos editar o ficheiro responsable e facer un pequeno cambio, este é o método:
$ sudo nano /boot/grub/menu.lst
ou
$ sudo leafpad /boot/grub/menu.lst

vera un ficheiro de texto que comeza por:
# See www.gnu.org/software/grub for details
# By default, boot the first entry
default        0

O ficheiro aínda ten máis contido, pero paramonos aquí xa que esta liña é a que nos interesa
default        0
Cambiamos ese 0 (cero) por un 1 (un) para que quede así
default        1
Gardamos o ficheiro e nos seguientes reinicios/inicios veremos que de modo predeterminado xa arranca sen "splash" e polo tanto sen o problema de quedarse atourado nun reinicio/apagado.

Para outras opcións, os valores de default son:

VESA 1024x768        3
VESA 800x600          4
AUTO 16bits/color   5
Old serial mouse      6

Temos que ter en conta que se nun inicio eliximos calquera das cuatro opcións anteriores, o que  en realidade facemos é reconfigurar o inicio do equipo (modificarase o ficheiro xorg.conf). De modo que ao volver a iniciar, se eliximos a primeira opción do menú, (a predeterminada ou default 0 ) con independencia do idioma, manterá os valores de configuración do sistema gráfico elixidos anteriormente, non sendo necesario reconfigurar a liña de default.

Se o desexamos tamén podemos modificar a liña
timeout   5
Para modificar o tiempo de espera, o que é especialmente recomendado se o noso S.O. é o único que hai na máquina
timeout   0
Supon que se inicia instantáneamente, o que non é moi recomendable, sendo preferible unha espera de 2 ou 3 segundos por se fora necesario, en caso de emerxencia, recurrir a editar o GRUB

Tamén podemos facer que non se vexa o menú, engadindo a liña
hiddenmenu
Poderemos facer que o menú sexa visible mentres vemos en pantalla:
Pres 'ESC' to enter the menu... X
Premendo a tecla de Escape

co que o inicio do ficheiro menu.lst quedaría (máis ou menos) así:
# See www.gnu.org/software/grub for details
# By default, boot the first entry
default        0
# Boot automatically after 5 seconds
timeout   3
hiddenmenu
Ir-a

Configurar o idioma


Para cambiar o idioma utilizaremos a "icona máxica" ChangeLocale que se atopa no apartado de Sistema no panel superior de miniaplicativos.
Este axuste non funciona completamente ata que se reinicie o contorno gráfico (o programa xa nos ofrece esa opción).

Se estamos traballando en modo "Acceso sin contraseña", o reinicio quedasenos nunha consola, nela deberemos escribir:
su - minino
e premer [Intro]
pediranos o contrasinal, escribimos:
minino (supondo que non a teñamos cambiado)
e prememos [Intro]
agora o sistema xa nos aparecerá no novo idioma.

Ir-a

Configurar a data/hora

Podemos cambiar a datra e a hora do sistema na "icona máxica" DateTime que se atopa no apartado de Sistema no panel superior de miniaplicativos.

Ir-a

Engadir aplicativos


O camiño máis doado para engadir aplicativos é utilizar Synaptic: Menú → Centro de control  Sistema  Xestor de paquetes Synaptic
Alternativamente podemos utilizar a "icona máxica" SearchAndInstall para buscar e instalar algún programa específico.
E finalmente podemos abrir un terminal e utilizar apt-get. Aquí unhas ordes básicas:
sudo apt-get install programa
sudo apt-cache search palabras-para-buscar-programa
sudo apt-get purge programa
Ir-a

Liña de ordes estilo Alt+F2

MiniNo utiliza a "clasica" combinación de teclas Alt+F2 para iniciar unha pequena interface para execución directa de ordes. Esta mesma función está dispoñible a traves do menú, onde veremos a opción "Executar"

grun
Tamen, grazas a IceWM, incorpora un atallo para lanzar ordes moi cómodo
Ctrl+Alt+Barra espaciadora
Converte a barra de tarefas nunha entrada de ordes (veredes que aparece unha banda gris).
Ir-a

Protector de pantallas

Por omisión, como protector de pantallas GALPon MiniNo quedase a pantalla negra, se queremos ter colorins e movementos, instalaremos xscreensaver, ben desde Synaptic ou desde terminal
# sudo apt-get install xscreensaver 

Para configurar tempos, figuras etc, imos ao menú → Aplicativos  Ferramentas do sistema  XScreenSaver Setup
e abrenos a xanela de configuración
XScreenSaver
A primeira vez diranos que o "daemon" non está en execución e preguntanos se desexamos executalo, Aceptamos, e procedemos a configuración.
Ir-a
ppminino
© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)