PROBLEMAS COÑECIDOS


ppminino
  1. PROBLEMAS COÑECIDOS
    1. Portátiles
      1. COMPAQ Armada 7770dt
        1. GRÁFICA - S3 Aurora64v+
        2. SONIDO - ESS Tecnology 1688
      2. TOSHIBA Satellite 4090CDS
        1. GRÁFICA - Trident Microsystems Cyber 9525
      3. TOSHIBA Satellite Pro 4300 series
        1. GRÁFICA - S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13
        2. SONIDO - Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)
      4. TOSHIBA Armada 8200
    2. Gráficas
    3. Son
    4. Problemas con resolucións inferiores a 1024x768
    5. Problemas MPlayer
    6. Instalar VLC
    7. O sistema non completa o apagado
ppminino

Portátiles

COMPAQ Armada 7770dt

(versión barata, sen USB, nin rede, nin módem, nin nada de nada)
CPU P200
RAM 64Mb

GRÁFICA - S3 Aurora64v+

Problema:
A gráfica admite 1024x780 pero a pantalla non, o que provoca que se carguen as X de xeito estrano con iconas grandísimas con 4 cores e a raias. A parte disto, na versión de xorg que trae Lenny a día de hoxe o controlador para esta tarxeta non vai aló moi fino.

Solución:
Iniciar MiniNo elixindo no GRUB a opción
VESA 800x600
Esto reconfigurará xorg.conf a 800x600 e usará o driver vesa.
Para determinar que o equipo arranque siempre con esta opción, vexa: Como "configurar o inicio"

SONIDO - ESS Tecnology 1688

Problema:
Aínda que é unha antiga tarxeta que é compatible desde fai moitísimo tempo, a versión de alsaconf que temos, de momento, non detecta esta tarxeta de son.

Solución:
Cargar o módulo a man. Editamos como administrador o ficheiro /etc/modules e engadimos unha última liña co seguinte:
snd-ess1688
Ao reiniciar xa debe terse activado o son.
Podemos facer unha orde combinada que nos activa "ao instante" a tarxeta e crea a liña correcta para o próximo inicio:
$ sudo modprobe snd-ess1688 && sudo echo "snd-ess1688" >> /etc/modules

IR-inicio

TOSHIBA Satellite 4090CDS

GRÁFICA - Trident Microsystems Cyber 9525

Problema:
Ao dispór dunha pantalla TFT de baixa resolución (800x600) será necesario advertirllelo, senon tomará por omisión a mellor resposta da gráfica e xerará unha banda de "ruido" atravesando a pantalla.
Actualización: este problema NON se presenta co inicio "normal" (o primeiro no menú de GRUB) sobre unha instalación, de usarse outra opción como "no splash" etc... haiy que facer estes axustes
Solución:
Editar /etc/X11/xorg.conf
Engadir as opcións indicadas:
Section "Device"
Identifier    "Configured Video Device"
Option        "Accel"        "off"    ← Engadir
NOTA: pode usarse no seu cantoa liña:
Option        "no_accel"
EndSection

Section "Screen"
Identifier    "Default Screen"
Monitor       "Configured Monitor"
DefaultDepth  16                      ← Engadir
EndSection

IR-inicio

TOSHIBA Satellite Pro 4300 series

GRÁFICA - S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13

Problema:
Presenta o punteiro como unha gran mancha cadrada
Actualización: a versión Alguadaira corrixe este problema, aparecendo a mancha só un istante ao cargar as X
Solución:
Editar /etc/X11/xorg.conf
Engadir as opcións na sección:
Section "Device"
Identifier    "Configured Video Device"
Option        "sw_cursor            ← Engadir
Option        "no_accel"            ← Engadir   
EndSection

SONIDO - Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)

Problema:
Controladora non recoñecida
Actualización: a versión Alguadaira xa incorpora este firmware compilado por nosoutros. 
Solución:
Neste tipo de controladora de son vamos a tener un poco de "guerra"
Teremos que "compilar" un firmware novo
$ sudo apt-get install build-essential
$ wget ftp://ftp.alsa-project.org/pub/firmware/alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
$ tar -xjvf alsa-firmware-1.0.17rc2.tar.bz2
$ cd alsa-firmware-1.0.17rc2
$ ./configure
$ make
$ cd ymfpci
$ sudo make install
Esto nos instala nuevos ficheros en /lib/firmware/yamaha, concretamente los ficheros:
ds1_ctrl.fw - ds1_dsp.fw - ds1e_ctrl.fw

Un metodo moi simple e máis limpo, aínda que non garantizo que funcione ao 100%
Descargamos da web de traballo de MiniNo o firmware compilado para a miña máquina ecolocamolo no seu sitio:
$ cd /lib/firmware
$ sudo wget http://gruvi.galpon.org/minino/2008/EXTRAS/firmware/firmware/yamaha.tar.gz
$ sudo tar -xzvf yamaha.tar.gz
$ sudo rm -R yamaha.tar.gz
Agora nun terminal executamos:
$ sudo alsaconf
Agardamos... e aceptamos o que nos propón.

IR-inicio

TOSHIBA Armada 8200

GRÁFICA
Ver solución para:
Trident Microsystems Cyber 9525

SONIDO
Yamaha Corporation YMF-754 [DS-1E Audio Controller]
Ver solución para:
Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)

IR-inicio

Gráficas

S3 Aurora64v+
S3 Inc. 86C270-294 Savage/IX-MV (rev 13
Trident Microsystems Cyber 9525e/IX-MV (rev 13

IR-inicio

Son

ESS Tecnology 1688
Yamaha Corporation YMF-744B [DS-1S Audio Controller] (rev 02)

IR-inicio

Problemas con resolucións inferiores a 1024x768

Algúns aplicativos como X-CD-Roast e TagTool necesitan resolucións mínimas de 1024x768, aquí indicarei algún "truco" para que poidamos traballar en equipos con resolucións de 800x600

No caso de X-CD-Roast,  hai que lanzalo coa orde:
xcdroast -n
de ser a primeira vez
sudo xcdroast -n
A fin de poder empregar este método para lanzalo desde os menús, teremos que editar o fichero de entrada ao menú.
$ sudo nano /usr/share/applications/xcdroast.desktop
e a liña de execución, a 7ª, deixamola así:
Exec=xcdroast -n
Gardamos con Ctrl+O e saímos con Ctrl+X

En todos os casos é moi útil a combinación de teclas Alt+F11 xa que nos vai a permitir pasar o aplicativo a pantalla completa, co que se redimensiona e xa entra todo o aplicativo na pantalla, e para inverter  a modo de pantalla normal.

IR-inicio

Problemas MPlayer

Error opening/initializing the selected video_out(-vo) device.

Este erro que da Mplayer é por que está seleccionada unha saída de video non admitida pola súa controladora. Para solucionar isto inicie Mplayer, a seguir vaia a opcións e busque a entrada correspondente aos axustes de vídeo. Una vez aí seleccione "xv" e reinicie Mplayer.
Si no puede iniciar MPlayer en modo gráfico, entonces abra, como root, o ficheiro /etc/mplayer/mplayer.conf e localice a entrada comentada #vo=x11 descomentea e substitúa por vo=xv despois inicie ou reinicie MPlayer e listo.

En terminal pode executar con:
gmplayer -vo sdl
gmplayer -vo x1
gmplayer -vo xv

IR-inicio

Instalar VLC

VLC Videolan ten un conflito de códecs que fai que non sexa quen de ler ningún, para solucionalo debemos:
Primeiro instalar VLC desde o repositorio de Debian
$ sudo apt-get install vlc

Despois instalaremos os códecs dunha versión anterior, facendo unha reinstalación
sudo apt-get install --reinstall ffmpeg=0.svn20080206-18+lenny1 libavcodec51=0.svn20080206-18+lenny1 libavdevice52=0.svn20080206-18+lenny1 libavformat52=0.svn20080206-18+lenny1 libavutil49=0.svn20080206-18+lenny1 libpostproc51=0.svn20080206-18+lenny1 libswscale0=0.svn20080206-18+lenny1

Eliminamos o directorio (cartafol) de configuración de VLC, para que o xere de novo
rm -rf ~/.vlc

Nota: é probable que co transcurso do tempo -18+lenny1 (número de versión) poida estar incrementado en -19, -20, ou o que corresponda.

Outra opción é seguir as instruccións que hai nesta ligazón: vlc-1.0.4. Hai que ter en conta que necesita das librerias Qt4.

IR-inicio

O sistema non completa o apagado

Nalgúns equipos, por problemas de compatibilidade da BIOS con ACPI quédasenos o equipo sen completar o apagado, se nos sucede isto, deberemos editar:
$ sudo leafpad /usr/local/bin/apagador
e a partir da liña 117 veremos unhas liñas como estas:
"$OFF")
sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
#killall x-session-manager && sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
;;
Só teremos que cambiar o comentario # de liña, pasandoo á anterior, para que quede así:
"$OFF")
#sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
killall x-session-manager && sudo shutdown -h now & aplay /usr/share/lxp-icewm/sounds/systemOff.wav
;;

IR-inicio
ppminino
© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)