ppminino


X-CD Roast
Manual de uso
ppminino

X-CD Roast é un programa para gravación de CD/DVD en modo gráfico baseado en modificacións de cdrecord e mkisofs. Ademáis emprega os programas readcdda e playcdda (ou modificacións deles) para extraer e gravar pistas de son.

Podemos iniciar XCDRoast desde o menu: Aplicativos → Son e vídeo → Gravador de CD-DVD
ou ben, tecleando desde un terminal:
xcdroast

IMPORTANTE: A primeira vez que o executemos deberemos facelo desde un terminal coa orde:
sudo xcdroast


xcdroast1


Agora prememos sobre “Configuración
Aparecen varias lapelas:

A
parece como predeterminada a lapela: “Buscar dispositivos”, nela hai unha lista dos seus lectores e gravadores.
É convinte premer sobre “Buscar de novo dispositivos” para que volva a buscar dispositivos e aparezan todos os dispoñibles.
Unha vez detectados todos os nosos lectores e gravadores prememos sobre a lapela: “Configuración CD”

Na lapela "Configuración CD/DVD" configuramos o lector e o gravador, así como as velocidades de lectura e/ou gravación
A opción “use paranoia mode for audio” usa
se para mellorar a calidade (sacrificando a velocidade) na extracción de pistas de son. Non poña máis de 3 "retries per sector" a non ser que o CD orixinal esté moi danado.

Na lapela: “Configuración disco ríxido” pomos un directorio para almacenamento temporal das imaxes de CD (podemos pór: /tmp p.ex. )

Lapela Miscelánea
Apartado Son: ten que seleccionar o dispositivo DSP (use o botón probar para asegurarse de ter configurado o correcto). Ademáis pode decirlle por onde e cando quere escoitar os pitidos do programa.
En Internacionalización poña Idioma: Predeterminado do sistema e nos demáis apartados pode deixar o que hai predeterminado.


xcdroad2

Se quere que só root poida gravar CD ten que facer o seguinte:
- Entrar ao programa como root (sudo xcdroast)
- Na configuración, ademáis das
lapelas anteriores, saira outra chamada Usuarios

- Busque (na lapela usuarios) a opción Cambiar configuración «non administrador»

Prememos agora sobre “Gardar configuración

Prememos sobre o botón Aceptar da esquerda e estamos no menu principal do aplicativo onde temos dúas opcións:


Duplicar CD/DVD

Ao premer sobre o botón “Duplicar CD/DVD”  aparecenos unha xanela con diferentes lapelas.

A lapela “Información imaxe de CD” informanos do CD introducido no lector e das súas diferentes pistas (de son ou de datos).

No caso dun CD-Son:
Consultar CDDB (se ten conexión a Internet pode buscar na base de datos o titulo/autor do seu CD) e así as pistas de son teran o seu nome de canción cada unha.

xcdroast5b
xcdroad4

Editar titulos para CD-text
permite escribir os títulos das cancións no CD (cando reproduza os seus CD de son nun aparato que teña esta opción, aparecerán os títulos no Display do equipo).

Se xa usou antes "Consultar CDDB" aforrarase o  ter que escribilos manualmente.

Activar "Use for all tracks" porá o autor en todas as pistas.

xcdroast6b

Lembre que hai dúas formas de duplicar un CD:

Copia con imaxe

  1. prememos “Ler CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  2. prememos “Ler todas as pistas” (no botón inferior do panel grande) <imaxe 7>

  3. prememos “Gravar CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  4. Aseguramonos que Ficheiro índice (TOC) está como /tmp/track.toc (que non estea on-the-fly)

  5. prememos Gravar CD/DVD” (no botón inferior do panel grande)

xcdroast-7

Copia ao vóo

  1. prememos “Gravar CD/DVD” (nos botons da esquerda)

  2. Aseguramonos que  Ficheiro índice (TOC) está como Copiar directamente

  3. prememos “Gravar CD/DVD” (no botón inferior do panel grande)



Crear CD/DVD

Podemos crear un CD/DVD usando como orixe:

Ademáis poderemos crear un CD/DVD:


Crear un CD con ficheros de nuestro disco duro

Tras premer sobre “Crear CD/DVD” nol panel lateral esquerdo

Prememos sobre “Facer pistas mestre

Lapela Directorio orixe
No panel dereito
Cadro de dialogo... temos os cartafoles do disco ríxido, que debemos seleccionar.
No panel esquerdo amosará os cartafoles e ficheiros que imos engadindo.

As caixiñas "Amosar tan só os directorios" e "Amosar ficheiros ocultos" marcarémolas segundo as nosas necesidades.

Seleccionamos os cartafoles que queiramos e prememos “Engadir”. Aparecenos unha xanela na que teremos que indicarlle a ruta na que aparecerán no CD. Podemos elixir entre algunha das opcións que nos ofrece, ou ben, pór nosoutros a ruta (Engadir unha ruta específica):

Se queremos retirar algo que engadimos, seleccionamolo no panel esquerdo e prememos  “Excluir"

Cando teñamos rematado a selección de ficheiros e cartafoles podemos ir configurando as seguintes lapelas.

Lapela Opcións ISO9669: non necesita cambiar os valores predeterminados (a non ser que saiba o que fai)

Lapela Opcións de auto arranque: cando queiramos un CD bootable (con autoarranque)

Lapela Cabeceira ISO9660: si queremos pórlle nome ou outros datos de cabeceira

Lapela create session/imaxe

Aquí debe ollar algunhas opcións como:
  • espazo que ocupan os ficheiros a gravar
  • tamaño do CD (74 m, 80 m, ..)
  • si quere un CD multi-sesión
  • etc.


xcdroast8

xcdroast9

Cando teña todas as opcións comprobadas, debe elixir entre premer un destes botons:

Se eliximos copiar directamente .. prememos Aceptar e xa rematamos

Se nos decidimos por crear unha imaxe, debemos premer sobre o botón “Gravar pistas” no panel lateral esquerdo. Agora seleccionamos a imaxe e prememos “Engadir” e despois prememos: “Aceptar disposición das pistas”.

Por último: lapela “Gravar as pistas” e botón “Gravar as pistas”. Prememos Aceptar e xa temos rematado.

Gravar unha imaxe ISO

Para gravar unha imaxe.iso debemos:

  1. Copiar o ficheiro imaxe.iso no directorio /tmp (ou no que teñamos elixido durante a configuración do xcdroast)
  2. Abrir XcdRoast e premerr “Crear CD(DVD”
  3. Premer “Gravar pistas”, seleccionar a imaxe, premer “Engadir”
  4. “Aceptar disposición das pistas” e “Gravar pistas”
Extraer pistas de son dun CD

- Una vez introducido o CD-Son no lector, entramos nun dos menús (Crear CD/DVD ou Duplicar CD/DVD)
- Prememos "Ler Pistas"

- Seleccionamos as pistas a extraer
- Prememos "Ler pistas seleccionadas"
- As pistas  gravaran
se (en formato .wav) no cartafol /tmp (ou no que se indicara na configuración)


Borrar as imaxes e pistas creadas no disco ríxido durante as copias

Pode borralas manualmente (están no cartafol
/tmp  ou no que indicara na configuración)
Para borrarlas desde o xcdroast, prema o botón "Borrar pistas" e despois seleccione as pistas a borrar


Borrar un CD/DVD+-RW (regravable)

Entre sucesivamente nos seguintes menus:
Crear CD/DVD → Facer pistas maestro → lapela Crear sesión/imaxe → Borrar CD/DVD+-Regravable


Máis información sobre xcdroast (en inglés) en: http://www.xcdroast.org/manual/

NOTA.- Este manual é unha adpatacion/actualización de: http://www.infonegocio.com/lubrin/guadalinex/apendiceC3.html

IR-inicio
ppminino