Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf
Martes, 15 Xullo, 2014 - 14:13
mbouzada
Este encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo, imos celebralo o próximo sábado 26 de xullo nas dependencias da Residencia Altamar na Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo).