Remasterizar PícarOS - Tutorial 11

Videotitorial onde vos contamos como crear facilmente o voso propio DVD de PícarOS 2015 personalizado.
O proceso leva entre 15-20 minutos (dependendo da potencia do computador, obviamente) e está totalmente automatizado. Só tendes que ter a precaución en non pasarvos en tamaño, un ficheiro de máis de 4Gb non entra dentro dos estándares do formato ISO para DVD. Nese caso, sairavos o cartafol sen o ficheiro ISO e o programa deixará unha mensaxe de que o tamaño é grande de máis. Se partides dunha versión de PícarOS antiga, é boa idea realizar un cambio no ficheiro /usr/bin/remastersys para ter máis marxe neste sentido e obter unha maior compresión.
sudo pluma /usr/bin/remastersys
e na liña 500, substituír isto:
mksquashfs $REALFOLDERS $WORKDIR/ISOTMP/live/filesystem.squashfs -no-duplicates $SQUASHFSOPTS -e \

por isto outro:
mksquashfs $REALFOLDERS $WORKDIR/ISOTMP/live/filesystem.squashfs -comp xz $SQUASHFSOPTS -e \

e podedes executar o mesmo script desde un terminal coa orde:
sudo makelive