Cita
- Día: sábado 2 de novembro (2013)
- Hora: 11:00 am
- Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
- Asistiron 6 desenvolvedores (un desde Murchante (Navarra), outro desde Tudela (Navarra) e outro desde Sevilla), o noso deseñador e 2 betatesters (unha desde Murchante (Navarra), que ademais é a nosa tradutora ao inglés, así como 2 usuarios avanzados en GNU/Linux colaboradores habituais e patrocinadores.
Temas tratados
Comezamos facendo unha breve exposición do estado da arte actual. Nun primeiro lugar falamos da MiniNo Ártabros, da súa a aceptación e da comenencia ou non de editar para o próximo ano unha revisión. Seguimos cunha exposición e debate sobre os últimos arranxos e a tendencia a seguir coa PicarOS. Para rematar expuxéronse as liñas de traballo actuais na minino4Rπ.
Sobre MiniNo Ártabros (2.0)
- Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 7.401
Analizada a evolución neste ano de existencia, consideramos acadados os obxectivos da mesma, unha boa aceptación e un «feedback» moi positivo.
Consideramos que dado o estado actual non é preciso publicar ningunha revisión. Deixamos a porta aberta ao feito de ter que volver pensar esta opción de darse o caso dalgún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.
Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.2)
- Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 3.318
- i486 : 1.920
- i686 : 1.398
Despois da última revisión e publicación, consideramos que non é preciso publicar ningunha revisión, considerándoa «a extinguir», máis manténdoa presente para equipos de moi baixas prestacións. Aínda así, deixamos a porta aberta ao feito de ter que volver pensar esta opción de darse o caso dalgún problema de seguranza ou unha evolución «critica» nalgún dos aplicativos básicos.
Sobre PicarOS Diego
- Descargas no día da conferencia, revisado ás 11:40 am: 1.204
- Directas: 912
- Torrent: 292
- Neste punto temos que agradecer a disposición de 14 usuarios a manter permanentemente activada (normalmente mediante os seus servidores multimedia) a semente «torrent»
Revisións
Estudio de propostas, que resultou aceptada por todos, para facer unha revisión a publicar nos próximos días:
- Ao premer no iniciador de Tipos de letra, abre /home/minino no canto de /home/minino/.fonts, mais se prememos de novo, abreo correctamente. Solución temporal: engadir unha ligazón a .fonts chamada fonts e abrir fonts no canto de .fonts.
- Corrixir pequeno (despiste) bug de comiñas no cambiafondo para que permita cartafoles con espazos no nome -> na liña do find
- Corrixir pequeno (despiste) bug no pomodoro funciona con segundos no lugar de minutos -> sleep $((minutos…. *60))
- Actualizar btsync (desde paquete deb ?)
- Engadir un capturador de pantalla para firefox → screengrab
- Instalar screenruler, imprescindible para saber que largo deixar no Libreoffice cando se usa un marco.
- Modificar o Crea iniciadores para que ao arrastrar un cartafol xere un acceso directo a ese cartafol (ou sexa, un iniciador coa liña caja /cartafol/que/sexa).
- Actualizar google earth, na versión actual deixou de funcionar a busca de lugares.
- Comprobar se podemos incluír na .ISO o stellarium
- Actualizar phonon
- Actualizar os correctores de galego
- Reinstalar calibre de Sid (o de Wheezy non vai)
- Instalar python-imaging para o recortado de imaxes
- Engadir Katamotz/Katamoz Exercicios para tratar as dificultades de lectura e escritura ou dislexia.
Sobre minino4Rπ
Este produto aínda non foi publicado, mantemos unha imaxe de uso «interno» a xeito de vista previa para probas.
O atraso neste desenvolvemento debese puntualmente a dous feitos:
- O desenvolvemento da PicarOS entretívonos máis tempo do agardado, cunha elevada carga de traballo, especialmente aos responsábeis da coordinación.
- O atraso na devolución dos equipos (físicos) de Raspberry Pi que tiñamos cedidos para as actividades na prisión de Monterroso.
É a nosa intención poder publicar unha beta despois das datas do Nadal, aínda que creemos que esa data pode ser algo precipitada, aínda así marcámonola como obxectivo .
Liñas de traballo a seguir:
- Completar a integración do escritorio LXDE segundo os nosos parámetros e requirimentos.
- Aplicación de temas gráficos específicos, paneis, barras, etc.
- Modificación dos temas Gtk (2 e 3) así como os Qt, para unificar a aparencia.
- Conmutación/anulación dos servizos (daemon) para alixeirar a carga.
- Integración dos nosos aplicativos particulares.
- Configuración/reconfiguración dos aplicativos para optimizar o rendemento.
.
Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.