Vimos de publicar a versión de probas «beta2» do futuro MiniNo Queiles 3.0.
Por mor da cantidade de problemas que nos estaba a dar, especialmente coa reproducción de vídeos de Youtube, eliminamos o navegador Midori. No seu lugar deixamos configurada a base, para que quen o desexe poida instalar doadamente Tor Browser simplemente executando na terminal «sudo apt install torbrowser-launcher» ou mediante Synaptic instalar «torbrowser-launcher» (acordarse de actualizar os repositorios antes). Non o instalamos definitivamente xa que no inicio hai que facer unha mínima configuración que depende de cada caso en concreto e, incluso, hai quien nunca o usa por non comprender a forma de funcionamento da rede Tor.
Para os que teñen especial interese na preconfiguración de Tor browser, indicarlles que seguimos as idicacións de: https://www.torproject.org/docs/debian.html.en#ubuntu coa modificación de que a última liña aplicada foi, simplemente:
$ sudo apt install deb.torproject.org-keyring, xa que «tor» instalase como dependencia de «torbrowser-launcher»
Tamén fixemos unha substitución, cambiando UMPlayer, que quedou bastante obsoleto, por SMPlayer.
Esta é xa a última versión de probas e en 2 semanas +/- publicaremos a RC (candidata final) e a principios de xuño a versión final.
Si tendes curiosidade por probala, podedes descargar a imaxe ISO e o ficheiro de comprobación md5
Para axudarnos a corrigir fallos, podedes informarnos no foro específico.