Finalmente temos xa lista para a súa descarga a beta 3 da nova MiniNo 3.0 Queiles.
Tal e como vos comentábamos na noticia anterior, tras os problemas co construtor da ISO e os instaladores, presentamos xa as correccións. Froito destas correccións decidimos que a partires de agora haberá unha ISO diferente por núcleo. Neste momento só está dispoñíbel o núcleo 686-pae e unha versión experimental do núcleo amd64 empregando o «kernel» de liquorix (actualmente 4.6-1.dmz.1).
É a nosa intención seguir traballando co núcleo de 64 bits a fin de obter unha imaxe UEFI compatible.
Ámbalas dúas imaxes podedes descargarlas de minino.galpon.org/ISO ou no apartado «Outras versións» en minino.galpon.org/gl/descargas