PícarOS nas «JORNADAS DE BUENAS PRÁCTICAS DOCENTES 2016», Tudela, Navarra

Lun, 25/04/2016 - 12:14 -- mbouzada

Mañá martes 26 de abril de 17.30 a 20.15 PícarOs estará presente nas «JORNADAS DE BUENAS PRÁCTICAS DOCENTES 2016» no CAP de Tudela, Navarra.
DIRIXIDO A: Todo o profesorado de infantil, primaria, secundaria e educación especial.
XUSTIFICACIÓN:

  • A difusión das experiencias de aula é unha forma de dar a coñecer as boas prácticas e de valorar o compromiso e a dedicación dos/as docentes.
  • Dar a coñecer experiencias de aula motiva e fai reflexionar sobre os procesos de ensino-aprendizaxe, tanto aos docentes que asisten, como aos que presentan as propostas.
  • Nestas xornadas daranse a coñecer experiencias de aula sobre temas que suscitan interese polo seu contido ou pola súa aplicación didáctica.

OBXECTIVOS:

  • Compartir e difundir estratexias, recursos e ideas entre os/as docentes, que propicien o debate, o desenvolvemento e a innovación, e que contribúan ao enriquecemento dos/as docentes asistentes e do seu traballo nas aulas.
  • Acercar as diferentes etapas educativas entre sí

Máis info en: http://formacionprofesorado.educacion.navarra.es/hasi/convocatorias/file...