Tras xurdir unha serie de problemas na ferramenta que usabamos para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co novo núcleo, vímonos na obriga de recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificalas para axustalas as nosas necesidades e a reescribir o noso instalador e modificar os de refracta.
Isto levounos á necesidade de publicar unha nova beta, que quedará definida como beta3. Esta publicación anunciaremola en días vindeiros..
Aproveitando o atraso decidimos incorporar xa o éuscaro, aínda que nesta versión beta no estarán traducidas todas as nosas ferramentas, si que será xa operativo o novo idioma.
Ademais, nesta versión, disporemos de 4 instaladores (en realidade 5) que operan do seguinte xeito:
- O modo desasistido é o recomendado para os máis inexpertos.
- Este modo ten dúas variantes:
- Automática: É a máis sinxela, ocupa todo o disco.
- Manual: Permítenos elixir a partición na que queremos facer a instalación. Non permite configurar ningún parámetro.
- Este modo ten dúas variantes:
- O modo básico permítenos axustar algúns parámetros, lémbranos o instalador de Debian. Permite escoller o disco de destino e instalar a partición /home separada, mais non permite configurar usuarios.
- O modo avanzado é moi sinxelo, permítenos configurar o usuario e o seu contrasinal. O arrinque pono sempre no MBR do primeiro disco (sda).
- O modo experto está indicado só para usuarios con experiencia na configuración de múltiples particións.