Algunhas dúbidas

2 entradas / 0 new
Última entrada
Anónimo (non verificado)
Algunhas dúbidas

Ola!

Finalmente instalei o MiniNo Ártabros e, en xeral, estame dando unha boa impresión. E máis sinxelo do que agardaba e pouco a pouco estoume facendo con el. Mais teño algunhas dúbidas que agardo que me poidades resolver:

- Ao inicio e ao peche do sistema dame unha mensaxe que non sei se pode ser importante. Eu, de momento, non notei nada errado no computador. A mensaxe é a seguinte (mais ou menos porque case non me da tempo a vela): starpar: service(s) returned a message... pymouth failed.

- Dentro da sección de preguntas frecuentes hai un tutorial sobre como activar o til nasal portugués na configuación do teclado mais cando vou a editar o arquivo que ai se menciona resulta que tal arquivo non está no meu sistema xa que no directorio: /usr/share/X11/xkb/symbols/es o cartafol xkb está baleiro. Agora mesmo o til nasal sairíame pulsando AltGr mais a tecla que tén o signo de admiración de comezo de frase e o interrogativo a cal está á beira da tecla Bk Sp o cal é un pouco incómodo para usalo.

Polo demáis todo correcto. Saúdos e grazas de antemán.

P.D. : no referido á instalación do sistema tiven que instalalo dúas veces (tal vez non fose preciso mais non sabía outro xeito de solucionalo). A razón disto foi que instalei o sistema nun computador que tiña Ubuntu 12.04 e no seu lugar. Na primeira vez o sistema gardoume moitas cousas do Ubuntu incluidos os repositorios que tiña para Ubuntu como todos os oficiais máis algún que engadira eu como o de Gimp ou Ubuntu-Tweak e dábame moitos erros e non me deixaba instalar nada porque decíame que tiña paquetes quebrados. Optei por instalalo de novo e ai si que saiu todo ben. Notificovolo por se vos é de axuda para corrixir algún erro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

mbouzada
Fixemos unha modificación nas

1.- Sobre mensaxes de erro:

Xa que fixemos unha configuración que abranguera o maior intervalo posíbel de hardware, nalgunhas configuracións saen mensaxes de erro sobre acpi, pcmcia, etc... isto é normal xa que será case imposíbel que teñamos unha máquina con todo o hardware posíbel instalado.

No caso «Plymouth» é a primeira vez que sabemos desa mensaxe, mais non é estraña xa que a configuración deste «splash» é para nos experimental e non está todo o ben documentado que sería de desexar.

2.- Sobre a configuración do  til nasal, fixemos unha modificación nas «FAQ» para simplificar o método. A opción que indicabamos como segunda é a que probábelmente funcione ben na maioría dos casos. (/usr/share/X11/xkb/symbols/es)

3.- Sobre os problemas na primeira instalación, ao non indicarnos que método empregaches, deduzo que nalgún paso houbo ou un erro no proceso de envorcado (lectura defectuosa ?) ou non foi seleccionado correctamente o medio/partición. De tódolos xeitos, para nos é unha boa información para observar calquera posíbel erro deste tipo nalgún dos dous instaladores.