Habilitar salida vga portatil

5 envíos / 0 nuevos
Último envío
tecnoloxiabac
Habilitar salida vga portatil

Ola. Son un profe dun instituto de secundaria que traballo en Santiago e para darlle algo máis de vida útil a dous portatiles pentium 4, en concreto un Dell inspiron 1510 e un Asus A2500 L, instalei Minino na súa versión Artabros. A instalación foi perfecta e a verdade é que despois de unhas pequenas probas os equipos funcionan de marabilla. Sen embargo non fun que de habilitar a salida vga de ningún dos dous portátiles para poder empregalos nas aulas e poder proxectar con canóns. Os teclados instalador foron en ambos casos teclados de portatil xenericos de ambas marcas, e incluso no caso do Dell probei a instalar outros modelos de teclados para portátiles Dell, sendo o resultado negativo.

Agradecería axuda que me permita habilitar esta saída vga dado que para a nosa labor no centro é moi importante poder proxectar os contidos do portatil con un videoproxector ou canón e así poder empregalo nas aulas. Moitas grazas de antemán e un saúdo.

mbouzada
Habilitar salida vga portatil

No menú: minino → Preferencias → Pantallas ArandR :-)

tecnoloxiabac
Habilitar salida vga portatil

Xa estiven en pantallas ArandR. Sen embargo soamente me aparece o monitor ou pantalla Default e non vexo como introducir unha saída ou monitor máis a través desta aplicación. Por favor, mbouzada, poderías ser un pouco máis concreto ou dicirme onde pode consultar documentación sobre esta aplicación que me permita habilitar esta saída vga e proxectar nun videocanón? Grazas de antemán. Un saúdo.

tecnoloxiabac
Habilitar salida vga portatil

Ola de novo. No meu caso teño un problema de identificación da tarxeta gráfica creo. Non teño un ficheiro xorg.conf, senon que teño varios ficheiros (xcorg.conf-1024x768, xorg.conf-16bits, ... e moitos maís). Creo que me colle o primeiro que puxen pero soamente teño un monitor (default) e dende logo non me aparece unha saída VGA ou similar. Debo de reinstalar a tarxeta gráfica? Estou perdido....

mbouzada
Habilitar salida vga portatil

Paso 1

Conecta o monitor externo e acende o equipo, nun inicio deberás ver o mesmo nas dúas pantallas.

Se neste paso 1 non ves nada no segundo monitor, proba a premer as teclas Fn+F5 ou Fn+F6 (tamen pode ser outra tecla de función segundo a marca do equipo)

Paso 2

Dirixete a ArandR, tras inicialo deberás ver as dúas pantallas sobrepostas. Pica sobre elas e arrastra unha (poderás cambialas de posición, simplemente arrastrando calquera delas e poñéndoa onde consideres)

Unha vez estean na posición que queres, só tes que premer na icona que semella unha tecla de Intro (a primeira pola esquerda).

Nota: non é necesario que sempre teñas conectada a segunda pantalla antes de acender o equipo, pode activarse despois indo ao menú Saídas do ArandR. Agora indico de facelo así para saber se a instalación dispón do driver para esa saída.

Se aínda así non acadas nada satisfactorio, abre un terminal e executa:

lspci | grep VGA

e ponnos aquí a saída.

Respecto aos varios xorg.conf, indicarche que escollense durante a instalación, xa que son configuracións para casos conflictivos (os que se ven no instalador, na segunda pantalla)