Habilitar salida vga portatil

5 posts / 0 new
Last post
tecnoloxiabac
Habilitar salida vga portatil

Ola. Son un profe dun instituto de secundaria que traballo en Santiago e para darlle algo máis de vida útil a dous portatiles pentium 4, en concreto un Dell inspiron 1510 e un Asus A2500 L, instalei Minino na súa versión Artabros. A instalación foi perfecta e a verdade é que despois de unhas pequenas probas os equipos funcionan de marabilla. Sen embargo non fun que de habilitar a salida vga de ningún dos dous portátiles para poder empregalos nas aulas e poder proxectar con canóns. Os teclados instalador foron en ambos casos teclados de portatil xenericos de ambas marcas, e incluso no caso do Dell probei a instalar outros modelos de teclados para portátiles Dell, sendo o resultado negativo.

Agradecería axuda que me permita habilitar esta saída vga dado que para a nosa labor no centro é moi importante poder proxectar os contidos do portatil con un videoproxector ou canón e así poder empregalo nas aulas. Moitas grazas de antemán e un saúdo.