COÑECE AO MININO

ppminino
  1. COÑECE AO MININO
    1. Requisitos mínimos
    2. Pantallazos
    3. Vídeotutoriais
    4. Versións
      1. Antigas 1.1
      2. Actuais 1.2
    5. Descarga
    6. Gravación do CD
    7. Envorcado da imaxe
      1. Versión para MV VirtualBox
      2. Versión en "crú" para transferir a USB
        1. Descarga e copia simultánea
        2. Traballando en contorno gráfico
    8. Instalación desde o CD
      1. Imaxe con GParted (accesible desde o CD vivo) dunha instalación compartida con Windows™
      2. Imaxe do GRUB nunha instalación compartida con Windows™
    9. Como facer un USB vivo (live).
      1. Copia en local da ISO a unha memoria USB
      2. Traballando en contorno gráfico
      3. Directamente desde a web, descarga e copia simultánea.
    10. Instalación desde memoria USB
      1. En máquinas sen lectora de CD, pero con arranque por USB na BIOS.
      2. En máquinas cunha lectora de CD defectuosa que non faga instalacións correctas e non dispoña de arranque por USB na BIOS.
    11. Opcións de inicio
      1. Avanzado.
ppminino

Requisitos mínimos

O necesario para poder facer funcionar GALPon MiniNo é unha CPU ou "caixa" ou, como non, un portátil, con un lector (mellor aínda lector/gravador) de CD ou CD/DVD, ideal con conexión USB, un monitor, un teclado e un rato.
É case seguro que MiniNo funcione no PC no que estás a pensar, xa que os requisitos tecnicos son: un procesador PII/AMD-K6 de 300 MHz, unha memoria RAM de 64 MB e un disco ríxido (HD) de 2 GB. O ideal sería un equipo con un procesador PIII ou similar >= a 666 MHz,  con 128 MB de RAM e un disco ríxido de 4 GB.  Loxicamente, estes son requisitos "por abaixo", todo o que supere ou mellore estos datos mellorará o rendimento.
Se por calquer causa non lle funciona, busque en "problemas coñecidos" ou cóntenos o seu problema a través da lista do grupo.

IR-inicio

Pantallazos

Pantallazo

Pantallazo

Pantallazo

IR-inicio

Vídeotutoriais


Video promocional
Particionado gráfico e instalación compartindo con outro S.O.
Instalación e uso de gtk-recordmydesktop
IR-inicio

Versións

 (Nota: este manual non é axeitado para elas, ver: http://gruvi.galpon.org/minino/2008/Ayuda/MiniNo.html)

A principal diferenza entre as versións ISO e as "guru-version" é que as versións ISO levaron unha limpeza de manuais (man) e de localización aplicando "localepurge". Así mesmo, as "guru-version" teñen prácticamente todas as dependencias en paquetes de desenvolvemento necesarias para compilar os programas actualizados ou extras que inclúe GALPon MiniNo con respecto a Debian Lenny. E por último, as "guru-version" posúen os dous kernels (i686 e i486) instalados xunto coas súas cabeceiras de desenvolvemento para poder construir e compilar novos módulos do kernel, ademais dun cartafol de ficheiros de todo tipo de formatos de texto, gráficos, vídeos, son, etc...que serve aos "betatesters" para que comproben o funcionamento de GALPon MiniNo a fondo.
IR-inicio

Descarga

GALPon MiniNo pode obterse desde esta ligazón.
Nela atoparedes  as versións ISO híbridas (transferibles a USB) dos núcleos i486 e i686.
Ademais están dispoñibles unha "máquina (.vdi)" para VirtualBox e unha imaxe "crúa (.dd)" para transferir a un USB-HDD ou a outro disco/máquina física.

IR-inicio

Gravación do CD


As vellas lectoras de CD poden ter problemas de lectura por pó, suciedade, eixo desequilibrado, riel gastado, etc... ou simplemente caprichosa coas distintas marcas de CD. Se é este o seu caso, probe a gravar o CD do MiniNo á velocidade máis baixa que permita a súa gravadora ou a cambiar de marca de CD. Outro problema que pode xurdir, é que algunhas lectoras antigas non aceptan, ou fanno mal, discos regravables (RW). Tamén é moi recomendable comprobar a suma md5 da descarga (en MiniNo pode facerse, simplemente, arrastrando a imaxe .iso cara a "icona máxica" MD5sum, que está no panel superior de miniaplicativos → Accesorios), así como da gravación unha vez realizada.  Se aínda así, segue a ter problemas de lectura do CD, considere instalar o MiniNo cunha memoria USB seguindo os pasos que se indican neste manual.

IR-inicio

Envorcado da imaxe

Versión para MV VirtualBox

Orde para descargar desde terminal:
wget http://minino.galpon.org/ISO/minino-1.2-beta-i686.vdi.bz2
Só hai que descomprimila
bunzip2 minino-1.2-beta-i686.vdi.bz2
e engdila a calquera máquina virtual de VirtualBox

Tamén se pode descargar e descomprimir ao mesmo tempo:

wget http://minino.galpon.org/ISO/minino-1.2-beta-i686.vdi.bz2 -O-|bunzip2|dd of=minino12.vdi

Versión en "crú" para transferir a USB

ou outro computador, lembrar que debe ser un USB de 4GB


Orde para descargar desde terminal:

wget http://minino.galpon.org/ISO/minino12.dd.bz2
Unha vez descargada descomprimimola coa orde
bunzip2 minino12.dd.bz2
e copiamola ao dispositivo USB
dd if=minino12.dd of=/dev/sdX bs=1M

Descarga e copia simultánea

Outra opción sería descargala, descomprimila e envorcala directamente sobre o USB con estas ordes en terminal:

Obtemos privilexios de administrador

sudo su

Se despois de conectar o dispositivo USB non o desmontamos en modo gráfico, deberemos facelo agora:

umount /dev/sdX

e executamos:
wget http://minino.galpon.org/ISO/minino12.dd.bz2 -O-| bunzip2 | dd of=/dev/sdX bs=1M

Responderá algo silmilar a:
--2010-06-17 12:03:24-- http://minino.galpon.org/ISO/minino12.dd.bz2
Resolvendo minino.galpon.org... 91.121.142.79
Conectando a minino.galpon.org|91.121.142.79|:80... conectado.
Petición HTTP enviada, agardando unha resposta... 200 OK
Lonxitude: 834715632 (796M) [application/x-bzip2]
Gardando en: «STDOUT»

100%[======================================>] 834.715.632 1,35M/s in 11m 47s 

2010-06-17 12:15:11 (1,13 MB/s) - «-» gardado [834715632/834715632]

1099+435287 records in
1099+435287 records out
3972005888 bytes (4,0 GB) copiados, 812,665 s, 4,9 MB/s
root@maquina:/home/usuario#

OLLO ao nome do dispositivo /dev/sdX (non se trata dunha partición, por exemplo sdf1, senon do dispositivo enteiro sdf). Se temos dúbidas de cal é o nome do dispositivo, podemos usar a orde:

df -h

Traballando en contorno gráfico

Tamén podemos transferir a imaxe crúa con programas con interface gráfica.

En Debian e derivadas, como Ubuntu, pode utilizarse a ferramenta gráfica "ImageWriter":

http://ppa.launchpad.net/ogra/ubuntu/pool/main/u/usb-imagewriter/usb-imagewriter_0.1.3-0ubuntu1~intrepid~ppa1_all.deb

No contorno de Redmond podedes empregar ”Image Writer for Windows” (GNU/GPL) que é un port do anterior a esta plataforma:
http://launchpad.net/win32-image-writer/0.2/0.2/+download/win32diskimager-RELEASE-0.2-r23-win32.zip

En ambos casos, para poder utilizala deberemos cambiar a extensión .iso a .img, quedando o fichero co seguinte nome:
minino12.img
IR-inicio

Instalación desde o CD

O CD “vivo” incorpora na pantalla de inicio (arranque) a opción de instalación no disco ríxido. Se queremos lanzar a instalación desde a vivo en execución, iremos ao panel superior de miniaplicativos → Sistema  Installer ou no menú Utilidades  Sistema  Instalar MiniNo e facemos clic na icona o que nos dispara o instalador desde un terminal e xa sóo nos queda seguir as indicacións.
Instaler1
Instaler2
Aínda que o script de instalación inclúe a opción de particionado mediante cfdisk recomendamos, se non é experto, que xa teña particionado previamente o disco ríxido. Para elo podemos utilizar a ferramenta GParted, que incluimos na distribución, accesible desde o menú → Centro de control → Sistema → Editor de particións GParted.

O mínimo e imprescindible para instalar GALPon MiniNo é dispór dunha partición formatada en ext2/ext3 (recomendamos ext3) de alo menos 1.5GB. Só con isto, instalarase o sistema e crearase automticamente un ficheiro de intercambio (swapfile) de 100Mb no directorio raíz de dita partición.

Alternativamente, podemos particionar o disco ríxido de modo que teñamos unha partición para o sistema (igual que antes) e outra máis daicada, exclusivamente, a os intercambios de memoria ou swap. Para elo, teremos que formatar previamente con cfdisk ou con gparted as dúas particións, una como ext2/ext3 (recomendamos ext3) e a outra formateada como swap (área de intercambio).

En principio, é indiferente que as particións sexan primarias ou lóxicas. De modo que si dispómos de espacio abondo no disco e queremos manter sistemas operativos instalados previamente, poderíamos redimensionar unha partición e crear particións lóxicas para GALPon MiniNo se for necesario. (GParted tamén redimensiona particións)

Se non está familiarizado coa nomenclatura que utiliza Linux para denominar a particións e discos, aquí unas breves notas:

hda fai referencia ao seu disco ríxido completo.

hdb faría referencia a un segundo disco ríxido que tuvera no seu sistema.

sda fai referencia a unha memoria USB ou tamén, en ocasións, a un disco ríxido.

sdb adiviña qué pode ser?


Poñámonos na situación máis usual. O noso disco ríxido denominase hda.

hda1 sería a primeira partición primaria do disco.

hda2 sería a segunda.

hda3 sería a terceira.

hda4 sería a cuarta.


Se necesitara crear máis particións, vexa este manual (en castelán) que lle pode axudar a entender máis en profundidade cómo funciona o particionado dun disco ríxido en Linux.

Nosoutros recomendamos que se utilice o seguinte esquema de particionado:

hda1 /     
hda2 swap

Mínimo de swap suxerido:

RAM
SWAP
32 MB → 
128 MB
64 MB → 
160 MB
96 MB → 
240 MB
128 MB → 
256 MB
192 MB → 
288 MB
256 MB → 
384 MB

Nota: se se quere facer uso da hibernación no sistema, é necesario tomar para swap (como mínimo) o dobre de capacidade que temos de RAM.

Imaxe con GParted (accesible desde o CD vivo) dunha instalación compartida con Windows™

GParted

Imaxe do GRUB nunha instalación compartida con Windows™

GRUB
IR-inicio

Como facer un USB vivo (live).

Copia en local da ISO a unha memoria USB

Descargamos a ISO á nosa máquina. Unha vez descargada, desde un terminal executamos:
sudo dd if=/ruta/a_onde/descargamos/minino-alguadaira_i686-RC.iso of=/dev/sdX bs=1M

Paciencia, non veremos ningunha indicación en terminal, tardará varios minutos.

Ao rematar a transferencia ao “pincho” USB deberá dar una información similar a esta:

426+0 records in

26+0 records out

46693376 bytes (447 MB) copiados, 143,683 s, 3,1 MB/s

Traballando en contorno gráfico

En Debian e derivadas, como Ubuntu, pode utilizarse a ferramenta gráfica ImageWriter:
http://ppa.launchpad.net/ogra/ubuntu/pool/main/u/usb-imagewriter/usb-imagewriter_0.1.3-0ubuntu1~intrepid~ppa1_all.deb

No contorno de Redmond podedes utilizar o ”Image Writer for Windows” (GNU/GPL) que é un port do anterior a esta plataforma:
http://launchpad.net/win32-image-writer/0.2/0.2/+download/win32diskimager-RELEASE-0.2-r23-win32.zip

En ambos casos, para poder utilizala deberemos cambiar a extensión .iso a .img, quedando o fichero co seguente nome:
minino-alguadaira_i686-RC.img

Directamente desde a web, descarga e copia simultánea.

Desde un terminal ordenamos:
sudo su
wget http://minino.galpon.org/ISO/minino-alguadaira_i686-RC.iso -O-| dd of=/dev/sdX bs=1M

Devolveranos algo similar a esto:
--2010-06-17 11:48:01-- http://minino.galpon.org/ISO/minino-alguadaira_i686-RC.iso
Resolvendo minino.galpon.org... 91.121.142.79
Conectando a minino.galpon.org|91.121.142.79|:80... conectado.
Petición HTTP enviada, agardando unha resposta... 200 OK
Lonxitude: 449839104 (429M) [application/x-iso9660-image]
Gardando en: «STDOUT»

100%[======================================>] 449.839.104 1,22M/s in 5m 24s 

2010-06-17 11:53:25 (1,32 MB/s) - «-» gardado [449839104/449839104]

1+81777 records in
1+81777 records out
449839104 bytes (450 MB) copiados, 330,97 s, 1,4 MB/s
You have mail in /var/mail/root
root@maquina:/home/usuario#

OLLO ao nome do dispositivo /dev/sdX (non se trata dunha partición, por exemplo sdf1, senon do dispositivo enteiro sdf). Se temos dúbidas de cal é o nome do dispositivo, podemos usar a orde:

df -h
IR-inicio

Instalación desde memoria USB

En máquinas sen lectora de CD, pero con arranque por USB na BIOS.

Simplemente construimos un USB Vivo tal e como se indica no el apartado anterior e ordenamos a instalación desde o menú inicial ou desde o instalador da Vivo en execución.

En máquinas cunha lectora de CD defectuosa que non faga instalacións correctas e non dispoña de arranque por USB na BIOS.

  1. Construimos un USB Vivo tal e como se indica no apartado anterior
  2. Construimos un CD Vivo (igual que facemos sempre)
  3. Inserimos o USB no zócolo USB da máquina
  4. Inserimos o CD na lectora
  5. Arrancamos/iniciamos desde o CD
No menú inicial que se nos presenta (que é o correspondente ao CD Vivo) desplazamonos á 10ª opción:
USB boot loader, live or instaled (no pcmcia support)

Apareceranos unha pantalla moi “espacial” cunha xanela arriba á esquerda na que elixiremos a opción USB.


Con esto teremos un novo inicio, pero esta vez desde o USB Vivo. Neste momento xa poderemos retirar o CD da lectora e elixir o tipo de inicio que máis nos interese.

A partires de agora xa podemos utilizalo como «vivo» ou proceder a unha instalación.


IMPORTANTE

Obviamente falamos de lectoras que non funcionan correctamente, normalmente referímonos a lectoras con inconsistencia no tráfico de datos, o que fai que o «envorcado» cara ao disco ríxido conteña erros. Se non hai lectora ou esta non funciona de ningún xeito, este método non fai maxia.
IR-inicio

Opcións de inicio

Ao iniciar  CDvivo de GALPon MiniNo atopamos varias opcións:
As tres primeras son idiomáticas, iniciarannos o sistema en castelán, galego ou inglés.
GALPon MiniNo (es)
GALPon MiniNo (gl)
GALPon MiniNo (en)


A continuación, temos outro bloque para iniciar unha configuración específica do sistema gráfico X:
GALPon MiniNo VESA 1024x768 →  Utilizase o controlador (driver) xenérico vesa, compatible con case todas as tarxetas, a 1024x768 de resolución.
GALPon MiniNo VESA 800x600 →  Con controlador (driver) vesa, pero neste caso a 800x600 puntos.
GALPon MiniNo Auto 16bits/color →  Aquí o controlador (driver) çe automático, pero limita a configuración de cor a 16bits (algunhas tarxetas poden ter problemas con 24/32 bits de cor).
GALPon MiniNo (old serial mouse) →  Controlador (driver) automático, pero cunha configuración para que funcionen os antiguos ratos por porto serie.

Despois veremos a opción que inicia o instalador de GALPon MiniNo desde a consola, é dicir, sen contorno gráfico. Esta opción está pensada sobre todo para equipos con pouca memoria RAM aos que lles costa erguer o escritorio funcionando desde CDvivo ou cando temos claro que queremos instalar e non queremos perder tempo nin recursos.
GALPon MiniNo (Installer/Instalador)

E o último bloque está adicado a opcións que nos facilitan o entrar no sistema utilizando outros medios:
USB boot loader →  Carga un programa chamado PLoP que é quen de iniciar o sistema desde USB aínda que a BIOS do sistema non estea preparada para elo. Utilizase cando temos envorcada a ISO do MiniNo nunha memoria USB ou tamén cando temos preparada unha memoria USB coa guru-version e o noso equipo non é quen de iniciar polo porto USB.
USB-PCMCIA cardbus loader →   Esta opción carga un kernel especial con compatibilidade para PCMCIA que detectará se temos, como no caso anterior, o sistema envorcado a unha memoria USB, de xeito que poidamos iniciar o MiniNo desde un computador portátil ao que lle inderimos unha tarxeta PCMCIA con portos USB e a esta unha memoria USB co MiniNo nela.
GUJIN, magic boot loader →   Con esta opción pretendemos cubrir as poucas opcións de inicio que restan. Tratase dun programa que automaticamente escanea os discos rixidos que teñamos na busca de sistemas operativos, a seguir ponolos nun menú e co rato seleccionamos o que nos interese iniciar. Podemolo utilizar nos casos nos que GRUB non se configurou axeitadamente na nosa máquina e non poidamos iniciar o sistema ou tamén cando window$ ou algún outro virus nos teña estradado o sector de arranque.

Avanzado.

Cada unha destas opcións que temos dispoñible no CDvivo podemos velas máis en profundidade se prememos a tecla [TAB] (tabulador) ao situarnos en calquera delas utilizando os cursores. Por exemplo, ao situarnos sobre a opción VESA 1024x768, apareceranos o seguinte:
/boot/vmlinuz-2.6.26-2-686 initrd=/boot/initrd-2.6.26-2-686 quiet xorg=1024x768 lb_system=minino686 lb_config=minino686 lb_aufs=32M edd=off pci=noacpi

Esta é a liña que se lle pasa ao kernel ao iniciar. Mete un pouco de medo, pero se a analizamos veremos que non é gran cousa:
/boot/vmlinuz-2.6.26-2-686 initrd=/boot/initrd-2.6.26-2-686 →  Esta parte carga o kernel.
quiet → Esta opción agocha información da carga do kernel que sairía por pantalla.
xorg=1024x768 → Esta opción é a que preparará unha configuración especial de xorg.conf con esa resolución. As distintas configuracións guardanse en /etc/X11 e as posibles opcións dispoñibles son: 1024x768, 800x600, 16BITS, SERIAL, trident. Así, por exemplo, se cambiáramos esta opción por xorg=trident, cargarianos a configuración de xorg.conf gardada no ficheiro /etc/X11/TRIDENT.
lb_system=minino686 lb_config=minino686 → Isto carga a configuración do CDvivo preparada por LiveBackup (o programa que crea o LiveCD de GALPon MiniNo)
lb_aufs=32M  →  Esta opción controla a memoria RAM que se usará para facer o LiveCD escribible. De forma predeterminada ten 32Mb, pero se temos moita memoria no noso equipo, poderíamos cambialo a 256Mb (ou outra cifra) para instalar ao voo por exemplo GIMP.
edd=off pci=noacpi → Son opcións extra que lles pasamos ao kernel que nos foron ben por experiencia con algúns computadores antigos. Son opcionais.
lang=gl → Esta opción non esta na liña, pero se podería engadir se quixeramos que o sistema inicie en galego xunto con todas as opcións anteriores. A variable lang admite a día de hoxe tres valores: gl, es e en (para galego, español e inglés respectivamente).
IR-inicio
ppminino
© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)