Como crear un lanzador???

3 envíos / 0 nuevos
Último envío
IagoOi
Imagen de IagoOi
Como crear un lanzador???

O outro dia estiven a facer un script pra liberar memoria RAM, unha vez feito quixen facer un lanzador pra telo no escritorio, pero non atopo por ningures o creador de lanzadores, ven instalado? se non e asi como podo instalalo?, moitas grazas. Smile

mbouzada
Como crear un iniciador

Tes dúas opcións, ningunha require instalar nada.

 

En modo gráfico

Para facelo no Escritorio, executa nun terminal:

lxshortcut -o ~/Escritorio/nome.desktop

ou noutra ruta

lxshortcut -o /ruta/ao/iniciador/nome.desktop

Podes ver máis info en: http://tutorialforlinux.com/2012/08/28/debianlxdeaddcreateapplicationlau...

 

Ou ben manualmente

Podes ver como é un ficheiro «.desktop» en (p.ex.) /usr/local/share/applications, abrindoo como texto (con «Leafpad» ou con «nano»)

A estrutura, para facelo no escritorio é a seguinte:

Xerar o ficheiro cun editor

nano ~/Escritorio/nome_exec.desktop


co seguinte contido

[Desktop Entry]
Name=Nome en inglés (é o dominante se non hai unha definición de nome-idioma como as que seguen)
Name[es]=
Name[gl]=Limpar RAM
Name[CódigoIdioma]=
Comment=Comentario de que fai, en inglés (é o dominante se non hai unha definición de comentarios como as que seguen)
Comment[es]=
Comment[gl]=Libera o espazo de memoria non usado na RAM
Comment[CódigoIdioma]=
Exec=clean_ram
Icon=imaxe_a_usar


Notas:
Podes poñer Name= ou Comment= só nun idioma, será o único texto visíbel
Exec=[ruta a onde está o ficheiro]/executábel - se non está nunha ruta predeterminada. por exemplo
    Exec=/home/minino/nome_scrip
Icon=[ruta a onde está o ficheiro]/imaxe -O mesmo que o anterior

Importante: o ficheiro ten que ter a extensión «.desktop»

DonNadie
Complicado crear lanzadores/accesos directos

Yo me encontré con un problema similar. Me aprece complicado. Quizá para próximas actualizaciones hay alguna extensión que haga esto más fácil.

Un saludo