metodo de actualizacion

4 envíos / 0 nuevos
Último envío
Anónimo (no verificado)
metodo de actualizacion

Hola amigos.

 

Recientemente encontre esta distro y me dispoongo a probarla, solo tengo una duda, la forma de actualizacion de la distro es del tipo rolling rellease, es decir, al momento de que salga debian en su proxima version, se actualizara automaticamente?

 

gracias por responder :D

mbouzada
metodo de actualización

No, ni siquiera es pseudo-rolling. Recuerda que la base es Wheezy, actualmente testing, por lo que la proxima versión estable será precisamente esta (actualmente está congelada y proximamente liberada).

Importante: destacar que esta distro ni siquiera dispone de actualizadores automáticos, la actualización la debe hacer cada usuario. Nosotros solemos recordar un principio básico de la ingeniería... si funciona no lo arregles.

José (no verificado)
Actualizar e instalar software

Ola

Son usuario de Ubuntu e acabo de probar esta distro e quedei moi gratamente sorprendido. Non teño moitos coñecementos informáticos e o pouco que teño acadeinos neste último ano no que estiven usando tanto Ubuntu tanto no meu portátil como no ordenador do traballo (neste caso Xubuntu). Estou case decidido a instalalo mais querería antes resolver algunhas dúbidas que teño:

1º Polo que entendín non hai unha ferramenta que te indique automáticamente cando tés que actualizar o sistema, polo tanto suponse que cando detectas (cando te decatas que tés algún software obsoleto) que algún programa debe ser actualizado telo que facer manualmente e a pregunta é: cal é a forma máis sinxela de facelo? Con Synaptic ou Aptitude por exemplo? (Entendo que tería que ter o repositorio activado que conteña ese software actualizado que desexo)

2º Polo que respecta a instalar software, ainda que penso que vén cunha boa colección de programas boto algúns en falta como Libreoffice, Thunderbird, algún reproductor de música que me de máis xeito para escoitar emisoras de radio pola rede tipo Clementine ou o Rhythmbox de Ubuntu ao cal estou máis afeito...

 3º Aparte do oficial, qué repositorios engadiría como mínimo para ter esas opcións? Supoño que unha vez engadido o repositório instalaría o programa vía Synaptic ou Apt-get ou Aptitude.

Talvez sexan unhas preguntas un tanto ridículas mais ao non ter ainda moita experiencia non sei se serei quen de manexar isto, xa que teño a idea de que Debian e xá para usuarios mais avavanzados e alén diso, ao ser unha versión inestable ponme un pouco de medo. Agradecería, para non liarvos moito, que me indicásedes algunha ligazón onde poda ter información útil e sinxela sobre paquetes, software e repositorios de Debian compatibeis con MiniNo 2.0.

Saúdos

mbouzada
Vou tentar responder aos

Vou tentar responder aos poucos:

1.- A filosofía de MiniNo non é ser vangarda, senón funcional, polo que debe actualizarse so cando precisemos algunha funcionalidade non engadida. A forma de facelo é co «Xestor de paquetes Synaptic» ou nun terminal con «apt».

2.- Para instalar calquera paquete empregamos Synaptic ou apt, segundo mellor nos axeitemos. Para o caso de LibreOffice, nno precisamos ningún repo adicional xa que está na base de Debian. O único que deberemos decidir e se paga a pena instalar "todo" ou só algunhas cousas (como writer e calc) ademais instalaremos o(s) paquete(s) de idioma(s) que precisemos. Unha vez instalado, podemos ver na páxina de FAQ (desta web) a entrada  «Aparencia de LibreOffice e/ou Gimp» para deixalo guapo :)

3.- Para instalar Thunderbird ter en conta que en Debian chámase «Icedove» (non é semellante, é exactamente o mesmo, só que por cousas de Marca Rexistrada en Thunderbird empregase outro nome)

4.- Para instalar Rhythmbox, Clementine, etc ... podemos buscalos en Synaptic e instalalos. Ter en conta que aplicativos como Rhythmbox rachan coa filosofía de MiniNo xa que é un monstruo de 7 cabezas e consume moitos recursos, nunha máquina moderna é aceptábel, mais nunha velliña vai facela chorar :-)

5.- Norma final xeral: MiniNo é Debian Wheezy, polo que calquera cousa correcta para ela serao tamén para MiniNo. Iso si, ter en conta que non todo vale para unha máquina corta de recursos xa que si nos despistamos faremos que ande a rastro.

6.- No caso de Debian Wheezy non é inestábel, é  probas (testing), mais xa leva uns meses conxelada (freeze), polo que xa non se fai ningún experimento nela e calquera día destes pasa a estábel.