Ola a todos: primeiro en antes de nada os meus parabéns pola labor que estades a realizar con Galpon Minino. A miña pregunta e que dispoño de un Pc antigo e quero utilizalo como servidor e arrancar Minino sen monitor, ¿como teño que facer?
Moitas grazas a todos e repito as miñas felicitacións.
Antes de nada unha pequena consideración. Se queres montar un servidor lixeiro, sempre o será máis se fas unha instalación básica de Debian.
Se o uso que pretendes e outro e queres/necesitas un S.O. completo, só tes que acceder unha primeira vez ao MiniNo e en «Utilidades de MiniNo» → «Cambiar modo de acceso» → «Seleccionar modo de acceso» e escolles «Acceso automático (sen contrasinal)» despois de reiniciar xa non solicitará o contrasinal para iniciar. A partires deste punto xa podes acceder por «ssh».