Ola!
Finalmente instalei o MiniNo Ártabros e, en xeral, estame dando unha boa impresión. E máis sinxelo do que agardaba e pouco a pouco estoume facendo con el. Mais teño algunhas dúbidas que agardo que me poidades resolver:
- Ao inicio e ao peche do sistema dame unha mensaxe que non sei se pode ser importante. Eu, de momento, non notei nada errado no computador. A mensaxe é a seguinte (mais ou menos porque case non me da tempo a vela): starpar: service(s) returned a message... pymouth failed.
- Dentro da sección de preguntas frecuentes hai un tutorial sobre como activar o til nasal portugués na configuación do teclado mais cando vou a editar o arquivo que ai se menciona resulta que tal arquivo non está no meu sistema xa que no directorio: /usr/share/X11/xkb/symbols/es o cartafol xkb está baleiro. Agora mesmo o til nasal sairíame pulsando AltGr mais a tecla que tén o signo de admiración de comezo de frase e o interrogativo a cal está á beira da tecla Bk Sp o cal é un pouco incómodo para usalo.
Polo demáis todo correcto. Saúdos e grazas de antemán.
P.D. : no referido á instalación do sistema tiven que instalalo dúas veces (tal vez non fose preciso mais non sabía outro xeito de solucionalo). A razón disto foi que instalei o sistema nun computador que tiña Ubuntu 12.04 e no seu lugar. Na primeira vez o sistema gardoume moitas cousas do Ubuntu incluidos os repositorios que tiña para Ubuntu como todos os oficiais máis algún que engadira eu como o de Gimp ou Ubuntu-Tweak e dábame moitos erros e non me deixaba instalar nada porque decíame que tiña paquetes quebrados. Optei por instalalo de novo e ai si que saiu todo ben. Notificovolo por se vos é de axuda para corrixir algún erro.