Extrañoume que o MInino non trouxera o Gimp, pero agora intento instalalo e non atopo un xestor de software. Si atopo o xestor de paquetes pero non un de software no que lle indique o programa e el solo instale todos os paquetes precisos. Existe?. Si non é así podo instalalo dende a terminal? .
Grazas
Se empregas o xestor de paquetes synaptic e buscas o Gimp, o marcas e o instalas xa fai todo o traballo de instalar dependencias etc.
Minino non ten un xestor de software ao estilo ubuntu ou gnome xa que é moi pesado. O synaptic é o xestor de software «de toda a vida» :-)
Se o prefires, nun terminal:
usuario@máquina:~$ sudo apt install gimp