XOGAR CO MiniNo

De todos é  sabido que os gatos son brincadores, por iso non quixemos deixar esta parcela sen cubrir na nosa querida distro. Son brinquedos moi simples, pero xogables en máquinas moi limitadas: Menú  Aplicativos  Xogos

No repositorio temos unha grande cantidade de brinquedos de todo tipo, dependendo do computador no se xogará uns serán máis xogables que outros, todo é cuestión de instalalos e probalos. Por exemplo, hai moitos xogos de xadrez, pero fuxa dos que teñan dependencias 3D, glx, opengl ou mesa, como dreamchess e opte por gtkboard en seu canto, que ademáis ten moitos máis brinquedos de taboleiro incluidos. Teña presente que os brinquedos en 3D necesitarán ademáis de unha boa tarxeta aceleradora con controladores compatibles en Linux, algo que é un poco raro de atopar en equipos antigos.

Cando instale novos brinquedos, é posible que o desenvolvedor houbera tido en conta opcións para equipos limitados en recursos, por exemplo, se instala frozen-bubble e executa nun terminal
frozen-bubble --help
verá que pode executalo como
frozen-bubble --slow-machine
un modo no que se reducen algúns efectos para facelo xogable en equipos limitados.

           

ppminino
© Equipo GALPon MiniNo. Publicado baixo a licenza de documentación libre GNU (GFDL)